miércoles, 6 de mayo de 2015

Nota de prensa do BNG A Pontenova

Fuente: Mónica Rancaño




MOCIÓN POLA INTERVENCIÓN DA ADMINISTRACIÓN LOCAL E GALEGA ANTE O DETERIORO MEDIO AMBIENTAL DO RÍO EO AO SEU PASO POLO CONCELLO. 

A PONTENOVA 

Mónica Rancaño Freire, concelleira portavoz do GMBNG da Pontenova, ao abeiro da lexislación vixente expón: 

Desde O BNG  da Pontenova vemos necesaria a intervención das administracións local e galega para evitar o deterioro medio ambiental do Río Eo ao seu paso polo concello. Temos que alertar da existencia de plantas invasoras procedentes de Sudamérica que están acabando co ecosistema propio do lugar, ademais os ameneiros á beira do río, van camiño de desaparecer atacadas por outras especies. Expresamos a nosa preocupación non so desde o punto de vista medioambiental senón tamén porque consideramos o río como unha fonte de recursos económicos que o goberno local está deixando perecer. Non é de recibo que o goberno local mire para outro lado mentres se perde a riqueza medioambiental do concello e con ela un recurso propio que debera ser aproveitado. Poñemos como exemplo o da ponte do refuxio de Salmeán onde os ameneiros corren perigo de desaparecer  atacados por unha praga invasora, pero poderíanse poñer moitos mais onde proliferan a “tradescantia fluminensis velloso” de procedencia sudamericana, “a crocosmia  x crocosmiiflora”, de orixe sudafricano que en ambos casos que impide a subsistencia de especies propias do hábitat do río. 

Insistimos en que a aparición de especies invasoras foráneas e o pouco coidado do río pon en perigo o conxunto dun ecosistema catalogado como “Lugar de importancia comunitaria LIC  e forma parte da reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón desde 2007.  Toda esta zona forma parte do “Informe de Sostibilidade Ambiental” do ano 2010 que debera ser a guía para actuar sobre o territorio e garantir a sustentabilidade ambiental e económica do concello. Por todo isto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte 

ACORDO:  Por iso pedimos do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte ACORDO 

1.- Instar o Gooberno municipal á levar a cabo as medidas precisas, dentro das súas competencias,  para a restauración dos valores medioambientais do río e o seu entorno. 

2.- Instar o Executivo municipal para que promova unha plataforma, facendo partícipes aos Concellos limítrofes polos que discorra o Río Eo, co fin de establecer un plan de conservación e valorización do ecosistema fluvial. 

3.- Dirixirse ao Goberno Galego para que adopte as medidas necesarias para poder paralizar a invasión de especies foráneas que ameazan a existencia das especies autóctonas e que están a degradar gravemente este espazo. 

Mónica Rancaño Freire  Na Pontenova, a 16 de Setembro de 2014 
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.