domingo, 17 de mayo de 2015

Entrevista ó candidato polo PP: David Álvarez

(David Álvarez no centro da foto)

Entrevista realizada por Santiago Coladas

Rematamos ca 3ª entrevista desta entrega, nesta ocasión a David Álvarez, candidato polo Partido Popular, médico de profesión e a quen lle gusta o ciclismo o atletismo e o futbol.

Pontenova.es-¿Qué foi o que te levou a meterte en política por primeira vez?.

A idea de meterme en política parte da base da situación actual na que está inmersa A Pontenova. Creo que se están a dar numerosos e graves problemas que
están repercutindo no pobo e nos veciños. Para combatelos e solventalos teño o proxecto axeitado.

Pontenova.es-¿Qué lle dirías a un veciño da Pontenova para que te votase nas próximas eleccións de Maio?

O primeiro que lle diría é que de non producirse un cambio de goberno, de non apostar por outro tipo de política, a Pontenova iría en declive. Retaríao a facer memoria para repasar toda a nula e nefasta xestión do actual equipo de goberno. Alertaríao de que de non producirse un cambio, estaríamos  catro anos máis soportando políticas de falta de prioridade nos gastos e xestión con grandes erros, ratificados nas débedas e nos xuízos do noso Concello e que a o final pagarán como sempre os nosos veciños.  Explicaríalle que votar á nosa candidatura é apostar polo bo facer, polo progreso e por situar A Pontenova onde se merece.

Pontenova.es- ¿Pódesnos avanzar mais o menos a túa candidatura de cara a coñecer os teus colaboradores?

A candidatura do PP A Pontenova  xa foi presentada fai unha semanas. Está integrada por persoas preparadas, traballadoras, honestas e cercanas; todas elas, dispostas a aportar o seu gran de area para o bo funcionamento do pobo.

Pontenova.es-.¿Cales crees que son as necesidades prioritarias para o noso Concello nos vindeiros anos?

O emprego é a mellor política que existe. É a clave para o bo funcionamento do pobo e a mellor defensa fronte a pobreza e a falta de oportunidades. Con traballo e xuventude temos futuro.

Con respecto ás necesidades, parece incrible, pero temos partes do Concello sen saneamento nin suministro de auga en condicións óptimas para o uso humano. 

A rede viaria municipal tamén está nun estado pésimo; algo que non se pode tolerar porque repercute na seguridade e no peto dos veciños. As pistas deben estar en boas condicións  sempre, durante todo o ano, non vale que se intenten reparar os meses antes das eleccións.

Pontenova.es-.¿Si saes elixido, ¿dedicaríaste en exclusiva ao Concello ou compaxinarías co teu traballo de médico?

A miña intención é compaxinar profesión con alcaldía. Con traballo e dedicación, sería capaz de exercer ámbolos dous acometidos.

Pontenova.es-.¿Que lle dirías a unha parella nova para que se quedase a vivir no concello e non se fose a Lugo, Ribadeo, Foz, etc…?

Deixaríalle moi claro que este Goberno local vai apostar pola xuventude, dándolle facilidades de cara ao emprego, vivenda, educación…Temos que lembrar que este Concello ten un potencial económico, turístico e humano inmenso; se está en decadencia é pola nefasta xestión que se levou a cabo. 

Pontenova.es-.¿ Cales van ser as principais liñas de actuación do voso partido a nivel municipal en materia de Industria?

Apostar polo presente intentando mantelo e melloralo. Traballaremos por recuperar algo que tivo moita importancia no pasado (IPV); Apostarei duramente polo futuro e para iso establecerei mecanismos para que os emprendedores se queden non noso municipio e non o abandonen por falta de oportunidades

Pontenova.es-.¿E deportes e xuventude?

A nivel de deporte é impresionante o potencial humano que ten A Pontenova. Temos que promocionalo e apoialo,  axudando no día a día. Tamén é importante a actividade física e o deporte na terceira idade.

Pontenova.es-.¿E servizos sociais?

Temos que mellorar a xestión dos recursos sociais. Non se entende como un coidador ten que acudir a primeira e última hora; duplicando o gasto e diminuíndo a calidade do servizo por falta de tempo. Dito isto, necesitamos a maiores un Centro de Día da Terceira Idade que require pouca inversión e presta moito servizo aos nosos veciños.


Pontenova.es-.¿Cal cres que sería o soldo xusto para un alcalde dun municipio como o noso?

A miña intención é renunciar ao soldo de alcalde e seguir vivindo co de médico; sen prexuízo de cobrar dietas, indemnizacións ou asistencias que correspondan por a actividade do Concello.  O número dous da candidatura, que sería o tenente de alcalde, ten a mesma intención. Con estes cartos iriamos reducindo a débeda dos veciños. Tamén acondicionaríamos rúas con graba, formigón…

Pontenova.es-.¿Cal crees que e a túa maior virtude como candidato? E teu maior defecto?

A maior virtude é que digo o que penso. Son moi sincero e claro. Odio a mentira.  Ás veces, sen tar directo, tráeme problemas, pero á larga todo se ve.

Pontenova.es-.¿Xa para rematar, algunha cousa mais que nos queiras comentar?

Dende o PP de A Pontenova estamos convencidos que o noso Concello ten futuro. Por iso escollemos esta frase como lema de campaña. Quero deixar moi claro que a política debe de facerse desde o pobo. Onde todos sexamos partícipes e teñamos cabida. O pobo é unha cadea e cada peza é vital para a vida do mesmo.

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.