martes, 28 de abril de 2015

A candidata do BNG da Pontenova Mónica Rancaño reta aos candidatos do PP e PSOE a un debate público

Fuente: Mónica Rancaño
A candidata do BNG-Asembleas Abertas da Pontenova, Mónica Rancaño Freire, solicitará a través do rexistro no Concello un debate público cos candidatos dos outros dous partidos que presentan lista no Concello, PP e PSOE. “Desde o BNG pensamos que as veciñas e os veciños da Pontenova teñen dereito a coñecer as propostas de cada grupo que aspiramos a gobernar o Concello”, explica a candidata nacionalista.

Os nacionalistas xustifican a súa demanda como “un exercicio mais de transparencia e democracia que permita ás veciñas e veciños coñecer os diferentes programas e proxectos para o noso Concello”, e aseguran que en moitos dos municipios do entorno xa se celebran este tipo de debates entre as candidatas e candidatos das diferentes organizacións políticas. 
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.