martes, 24 de febrero de 2015

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA


SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

Un bo Pontenova vence en Pol guiado por "Pasa-Gol"

S.D. POL 0 - SPORTING PONTENOVA 3

Xornada 22
Sp. Pontenova: Rubén, Bruno, Anxo, Villi, Rivas, Garboso, Tontxu (Cristian), Ivan (Keitas), Caseto (Maketo), Jorge (Venancio) e Adrian Pasarín (Ovidio)

Goles: Adrian Pasarín III

Chegaba o Sporting o Manuel Luna de Pol con dúbidas, logo da derrota na casa contra o C.D. Alfoz, un campo sempre moi dificil e ante un rival en apuros. 

Na primeira metade o partido foi de dominio alterno, ainda que as mellores ocasións eran para o equipo visitante. A media hora de xogo, A. Pasarín aproveitaba un erro da zaga local para inaugurar o electrónico. Con ese resultado se chegaría o descanso.

A. Pasarin. Autor dun Hat-Trick
Na segunda metade, o Pol foise arriba, deixando grandes espacios, aproveitados polo equipo visitante, materializando A. Pasarín outros dous tantos, completado así a súa gran actuación cun Hat-Trick. O equipo dirixido por Dani Moirón, tería mais ocasións para aumentar o marcador, pero tanto Tontxu, Venancio ou Adrian Pasarín non estarían acertados ante o porteiro local, que tivo unha gran actuación a pesar do resultado. 


Tabla de goleadores
O dianteiro gualdinegro suma xa 14 dianas no que vai de temporada, situándose no Podium de "pichichis" da categoría.

A vindeira xornada chega o Campo da Mina o líder, o C.D. Santaballés; o partido será o domingo 01 de Marzo as 16:30h.


 PRIMEIRA AUTÓMICA XUVENIL

SP. PONTENOVA 1 - S.D. RIBADEO 7

Sp. Pontenova: David, Dani, Javi, Alvaro, Adrian, Rodrigo, Juan, Borja, Carrick, Roi e Marcos. Tamen xogaron: Jesús, Mateo, Jose Luis, Andrei e Anxo. 

Gol: Roi

Nun partido condicionado polo mal estado do terreo de xogo da Mina, o Sporting non puido facer nada ante o segundo clasificado. Adiantouse o Ribadeo nos primeiros minutos, e aínda que o equipo local conseguiu empatar por medio de Roi, isto so foi un espellismo, xa que se chegaría o descanso con 1-3 no marcador.

Na segunda metade o guión foi o mesmo, ata o resultado final de 1-7. 

¡Aúpa Sporting!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.