domingo, 1 de febrero de 2015

A.C.D. As Minas entrega o material da Recollida Solidaria

Unha vez finalizada a III Campaña de Recollida Solidaria que levou a cabo a A.C.D. As Minas tocaba ir entregar toda a comida, roupa e xoguetes á Ramallosa (Nigrán).Cinco membros da asociación desplazáronse ata a comarca do Valmiñor e cumpliron o seu cometido tratando de axudar a unha parroquia (como moitas outras) que está sufrindo gravemente as consecuencias da crisis e que teñen serias dificultades para satisfacer as súas necesidades básicas (comer e vestir).

Finalmente conseguíronse mandar maís dunha tonelada de mercancía gracias ó gran apoio co que se contou por parte dos establecimentos que fixeron de punto de recollida: SUPERTI, DIA, A TENDA DE MANOLO, BAR PUENTE E CLÍNICA SON SAUDE.
Moitas gracias a todos os veciños por facer que por terceira vez e facendo gala dunha colaboración desinteresada e solidaria moita xente poida levar unha vida máis digna. GRACIAS.
(Máis fotos pinchando en Leer más...)








Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.