miércoles, 28 de enero de 2015

A Pontenova sofre pero leva os tres puntos de Mondoñedo

A Pontenova sofre pero leva os tres puntos de Mondoñedo

Pontenova de Dani Moirón vive unha doce xeira de resultados, na súa visita aMondoñedo conseguiu levar os tres puntos grazas ó solitario tanto de Venancio.
O comezo de encontro foi de claro dominio local, o Mondoñedo realizou unha gran primeira media hora de xogo e xerou claras ocasións que non foi quen de materializar. Rubenón realizou unha gran parada a remate de Lucas evitando o primeiro tanto do encontro. Tamén Miguel tería unha gran oportunidade, o seu remate de cabeza era despexado na liña de gol por un defensa visitante.Coa media hora de xogo a Pontenova comezou a medrar no encontro e tivo neste último tramo da primeira metade o dominio do esférico aínda que sen conseguir xerar ocasións claras de gol, así chegouse ó descanso con empate sen goles no marcador.A segunda metade foi moi parella pero a Pontenova aproveitou unha mellor posta en escena para anotar o único tanto do encontro, un gran servizo de Jorge e a falta de entendemento da zaga local foi aproveitado por Venancio para subir o 0-1 ó marcador. Tras o gol o Mondoñedo subiu liñas e tentou buscar a igualada pero a Pontenova soubo sufrir e conseguiu manter un resultado que lle permiten seguir escalando posicións na táboa.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.