"CANDO O PROTAGONISTA DEIXA DE SER O FÚTBOL E PASA A SER O CAMPO"
SEGUNDA CATEGORÍA AUTONÓMICA. GRUPO 7
SPORTING PONTENOVA 2 - C.D. FOZ 2
Sp. Pontenova: Rubén, Luis (Oscar Ramallal), Bruno, Anxo, Villi, Rivas, Garboso (Mac), Tontxu, Ivan Villaouruz (Puente), Carlitos e Adrian Pasarin.
Goles: Ivan Villaoruz e Adrian Pasarin
O encontro foi suspendido polo colexiado segundo aparece reflexado na web da FGF.


A volta de vestiarios e tras un saque de esquina Bouso volvía adiantar no marcador ó Foz que parecía estar moi preto de levar os tres puntos pero apareceu en escena Adrián Pasarín, o dianteiro local aproveitou unha contra para establecer o dous a dous. O encontro deixou catro expulsados, Luismi Rivas, Rubenón e Villy na Pontenova e David Álvarez no Foz.
PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 7
SPORTING PONTENOVA 1 - OUTEIRO DE REI 1
Sp. Pontenova: Mateo, Javi, Borja, Adrian, Ovidio, Juan, Rodrigo, Bruno, Anxo, Cristina e Roi. Tamen xogaron David, Andrei, Dani, Ivan e Marcos.
Gol: Roi

Os locais aproveitaron esta circunstacia para sorprender aos visitantes e conseguir sacar un punto ante un dos rivais situados nos postos altos da clasificacion. ambos equipos tiveron que fiar todas as ocasións a xogadas a balón parado, e así chegaron os goles, ambos na primeira metade. Adiantouse o Outeiro, por medio dun centro chut desde moi lonxe no minuto 22 e o Pontenova igualou cun tanto de Roi tras rematar un corner coa testa.
Na segunda metade o estado do campo empeorou e mantivose o empate.
¡AÚPA SPORTING!