viernes, 3 de octubre de 2014

O novo cura de Conforto dá por feito que o seu nomeamento é oficial

30/09/2014 - Isabel García/ El Progreso (A Pontenova)
O bispo de Mondoñedo e Ferrol, Manuel Sánchez Monge, decretou, a finais de xullo, unha serie de nomeamentos que afectaban, entre outros, ao arciprestazgo de Ribadeo, do que forma parte a localidade pontenovesa. Designou ao pontenovés Carlos Miranda Trevín ‘párroco in solidum' das parroquias ribadenses de Santa María del Campo, Arante, Cedofeita, Cubelas, Couxela, Ove, Piñeira, Vilaselán e Vilaousende, ademais das trabadenses de Sante e Balboa. A elas, engádeselle desde o pasado fin de semana, a de Conforto e aínda que desde a diocese aseguran que «é un encargo temporal», o sacerdote dá por feito que si é oficial.
«O bispo xa me nomeou reitor de Conforto; o feito de celebrar a misa o pasado domingo no santuario así o indica. Para min, estou nomeado párroco do lugar, a falta dunha confirmación definitiva», matiza o pontenovés Carlos Miranda, que se ocupou, durante os últimos oito anos de cinco parroquias de Narón e Ferrol. O facebook da diocese recolle algúns comentarios sobre o cura tras a súa despedida. Del destacan «o seu trato humano e cariñoso; o seu inmenso labor na formación de axentes de pastoral; a súa entrega, acollida e educación de emigrantes, así como o seu interese en levar adiante as obras de restauración e acondicionamento dos locais parroquiais». 
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.