lunes, 10 de noviembre de 2014

III Carreira de Montaña A Pontenova Ruta das Minas-Pico Outeiro 23/11/2014


(Actualizamos información ca publicación do mapa da carreira)
Para visualizar toda a información desta proba pincha en "Leer más" ou no propio cartel da proba.

REGULAMENTO DA CARREIRA: 

·        A Carreira ten carácter popular, polo tanto a Organización non se fará responsabel de calquera lesión ou percance que sofra o atleta no transcurso da mesma. De calquer xeito, contamos con un seguro de RESPONSABILIDADE CIVIL.

·    O lugar de concentración será na Casa de Cultura, sita na Praza dos Fornos de A Pontenova. A saída e chegada da carreira efectuaránse na mesma praza.

·        A hora de saída será as 10,00 horas.

·        O percorrido da carreira transcorre nun 95 % por pistas forestáis de terra, pasando por lugares de gran interés etnográfico (Minas) e paisaxístico que non deixará indiferente a ninguén.

·        O percorrido estará debidamente sinalizado, en tódolos cruces haberá frechas indicativas de dirección, así como os puntos kilométricos correspondentes.

·        Contaremos tamén con persoal para controlar aqueles puntos que polas súas características así o requiran.

·        Haberá tres avituallamentos situados nos lugares propicios para tal fin. Así mesmo contaremos cos correspondentes “puntos limpos” (bolsas de lixo) para a recollida das botellas de auga que se lles entreguen aos participantes. Estes puntos estarán situados a uns 100 metros do posto de avituallamento.

·        Abrirá a carreira unha persoa en moto, pechando a mesma un vehículo de protección Civil do Concello.


Hai catro tramos nos que non se poderá facer este seguimento por mor das características do terreo:

-  Km 1-2 Subida ó Castelo
-  Km. 2-3 Subida Mina Sarredo
-  Km. 3-4 Sendeiro de Verdega
-  Km. 7-8 Subida ó Espin

·        As categorías que se establecen son as seguintes:
SENIOR (M/F) DE 18 a 34 anos
VETERAN A (M/F) de 35 a 44 anos
VETERAN B (M/F) de 45 a 54 anos
VETERAN C (M/F) de 55 a 64 anos
VETERAN D (M/F) de 65 anos en adiante.

·        Os tres primeiros clasificados de cada categoría (M/F) recibirán o correspondente trofeo. Ademáis, tódolos participantes recibirán un agasallo da organización.

·        O servicio de duchas estará situado no Polideportivo Municipal , o carón do Colexio de Primaria, na Rúa Subida a Goios (Enfrente da Igrexia Parroquial).


PERFIL DO PERCORRIDO:


·        INSCRIPCIONS:

Por e-mail a sd.albions@gmail.com ata o dia 18 de Novembro. A partires desta data non se admitirán máis atletas.

·        O precio de inscripción  será de 12 €  a ingresar na conta de ABANCA (antes Novagalicia Banco) 2080-0137-48-3040008583. (Si  alguén tivese algún problema para facelo ingreso a través do Banco, poderá pagar ó recoller o dorsal)

·        A entrega de trofeos e agasallos terá lugar, unha vez rematadas as clasificacións, no Salón de Actos da Casa da Cultura.

·        As clasificacións publicaránse por internet, nas páxinas web Pontenova.es e correrengalicia.es.

·        Pregamos a tódolos participantes que acepten e cumpran puntualmente este regulamento, o cal redundará en beneficio de todos.

·        Para consultar calquer tema ou dúbida relacionada coa carreira, poden chamar ao teléfono 982342292 de en horario de 10 a 13 horas ou de 8 a 10 da tarde.

DATOS TECNICOS DA CARREIRA


DATA: 23 DE NOVEMBRO DE 2014 AS 10.00 HORAS

DISTANCIA: 21.000 m. aproximadamente.

DESNIVEL: 525 m de 80 m. a 605 m.

PENDIENTE ACUMULADA: 600 m.

PENDIENTES MAXIMAS:
·        SUBIDA O CASTELO: 476 m ó 16 % (Km 1-2)
·        SUBIDA MINA SARREDO: 90 m. ó 30 % (Km. 2-3)
·        SUBIDA PACIOS: 400 m. ó 13 % (Km 3-4)
·        SENDEIRO VERDEGA: 166 m. ó 26 % (Km 3-4)
·        SUBIDA AO ESPIN: 200 m. ó 24 % (Km 7-8)
·        SUBIDA Ó PICO DO OUTEIRO: 140 m. ó 22% (Km 10-11)

TRAMOS SINGULARES:
·        PASO MINA SARREDO (Lugar emblemático da carreira)
·        SUBIDA SENDEIRO DE VERDEGA (Bosque autóctono)
·        SUBIDA AO ESPIN (Vista panorámica do Val de Turía-Taramundi)
·        SUBIDA PICO DO OUTEIRO (Vista panorámica das fragas da Pontenova)

DESCRIPCION DO PERCORRIDO

KM.
DESCRIPCION
0-1
Saída. Volta de 1 Km polo pobo, Rúa da Estación, Antigua vía do tren, Ponte de Ferro, Rúa do Río, Pasarela dos Fornos e escomenzamola subida o monte.
1-2
Subida o Castelo. En principio lévase bastante ben, logo, o remate hai unha pendiente moi forte. Total 476 m. ó 16 %. Descenso até o lugar do Castelo.
2-3
Camiño forestal chao. Pequeno repeito e subida a Mina do Sarredo: 90 m ó 30 %. (haberá cordas para facilitar o tránsito d@s atletas). Paso da Mina do Sarredo, lugar emblemático  da carreira, zanxas, tunéis, pasos estreitos, etc. que fan moi atractivo o percrrido. Baixada e camiño sinuoso ate o rego de Cambela.
3-4
Subida a Pacios: 400 m ó 15 %. Logo dun pequeno chao iniciamos a subida polo Sendeiro de Verdega: 166 m. ó 26 %. (tamén haberá cordas para facilitar o paso). Seguimos por unha pista do 5 % hacia o Toco.
4-5-6
Pequeno descenso. Subida de 600 m. ó 6 % até o Toco (AVITUALLAMENTO)
6-7
Subida o Chao do Solleiro: 815 m. ó 7 %; 150 m. de chao
7-8
Subida ao Espin. Moi forte o principio, logo descende a porcentaxe até coronar: 200 m. ó 24 %, 100 m. descenso
8-9
Subida o mirador de Taramundi: 515 m. ó 6,5 %.
9-10
Tramo sinuoso que se leva moi ben. Subida suave (AVITUALLAMENTO) lixeira baixada e iniciamos o ascenso ó Outeiro.
10-11
Subida o Outeiro; o principio suave, logo 140 m. ó 22 %. Coronamos, vista panorámica das Fragas da Pontenova; Reigadas e San Xés. BHaixada até a pista do Campo da Lúa.
11-12-
13-14
Pista forestal con tramos de baixada, algún chao e pequenos repeitos atá chegar o pobo de Labrada.
14-15
Subida ó alto de Labrada: 250 m. ó 10 %
15-16-17
Terreo sinuoso, no que predominan as baixadas. Chegamos outra vez o Toco (AVITUALLAMENTO)
18-19
Descanso, chao e outra vez descenso de 1600 m. até chegar  a Mina do Sarredo
20-21
Pasamos de novo a Mina do Sarredo, (pero esta vez en  sentido contrario) e xa facemos o descenso directo até chegar a META na Praza dos Fornos



Aquí vos deixamos máis de 70 fotos do recorrido para que teñades unha idea do mesmo:





































































Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.