lunes, 15 de septiembre de 2014

O BNG PIDE A INTERVENCIÓN DA ADMINISTRACIÓN LOCAL E GALEGA ANTE O DETERIORO MEDIO AMBIENTAL DO RÍO EO AO SEU PASO POLO CONCELLO.

DEFENDEN O COIDADO DO RÍO TAMÉN COMO FONTE DE RECURSOS ECONÓMICOS
PARA O CONCELLO.
A Pontenova, 15 de setembro de 2014. O BNG da Pontenova pide a intervención das
administracións local e galega para evitar o deterioro medio ambiental do Río Eo ao seu paso
polo concello. Alertan da existencia de plantas invasoras procedentes de Sudamérica que
están acabando co ecosistema propio do lugar, ademais os ameneiros á beira do río, van
camiño de desaparecer atacadas por outras especies. Os nacionalistas expresan a súa
preocupación non so desde o punto de vista medioambiental senón tamén porque
consideran o río como unha fonte de recursos económicos que o goberno local está deixando
perecer.

O BNG “anuncia iniciativas sociais e institucionais para denunciar e pedir solucións
ante o que consideran un grave e continuado abandono do río Eo que noutros tempos foi
unha referencia piscícola e fonte de recursos económicos para o concello e a súa cidadanía.”
Non é de recibo, afirman, “que o goberno local mire para outro lado mentres se perde a
riqueza medioambiental do concello e con ela un recurso propio que debera ser aproveitado.”
Poñen como exemplo o da ponte do refuxio de Salmeán onde os ameneiros corren
perigo de desaparecer atacados por unha praga invasora, pero poderíanse poñer moitos
mais onde proliferan a “tradescantia fluminensis velloso” de procedencia sudamericana, “a
crocosmia x crocosmiiflora”, de orixe sudafricano que en ambos casos que impide a
subsistencia de especies propias do hábitat do río.
Os nacionalistas insisten en que a aparición de especies invasoras foráneas e o pouco
coidado do río pon en perigo o conxunto dun ecosistema catalogado como “Lugar de
importancia comunitaria LIC e forma parte da reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras
de Burón desde 2007. Toda esta zona forma parte do “Informe de Sostibilidade Ambiental”
do ano 2010 que debera ser a guía para actuar sobre o territorio e garantir a sustentabilidade
ambiental e económica do concello.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.