sábado, 6 de septiembre de 2014

I Marcha Solidaria contra o cancro A Pontenova



A Delegación Local da Asociación contra o Cancro de A Pontenova está a organizar a 1ª marcha solidaria que se celebrará o vindeiro día 13 de Setembro a partires das 5 da tarde polas rúas do pobo, e na que poderán participar todas aquelas persoas que o desexen.

Non é unha carreira competitiva senón unha marcha aberta a tódalas idades con un percorrido é de máis ou menos 3 Km. polo que consideramos está o alcance de calquer persoa, dende nenos ata avós.

Os interesados deberán inscribirse ese mesmo día dende as 3 da tarde ata a hora da saída na Praza dos Fornos.

O prezo da inscrición é de 5 € para os adultos e de 3 € para os nenos menores de 12 anos, e a cada participante faráselle entrega dunha camiseta.

O remate da marcha, haberá unha sesión de aeróbic e outra de zumba na propia praza dos fornos nas que tamén poderán participar tódalas persoas que o desexen.

Sería unha satisfacción para a Asociación encher a praza con xente bailando a beneficio da investigación e curación deste enfermidade.

E xa para rematar a xornada, ofreceránselles unhos pinchos a tódolos participantes.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.