lunes, 14 de abril de 2014

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

CATEGORÍA XUVENIL


"O xuvenil estivo a piques de puntuar no Viñas da Veiga"


E.D. LOURENZA 1 - SPORTING PONTENOVA 0

Sp. Pontenova: David, Roi, Borja Lombardero, Andrei, Juan, Bruno, Rodrigo, Ovidiux, Carri, Adrian e Villarquide. Tamen xogaron: Mourelle, Borja Rodriguez, Josito, Jose e Trulli.

O equipo xuvenil deu a cara ante o líder da Previa de Copa, as E.D. Lourenza, nun partido serio e nos que os gualdinegros plantaron cara en todo momento. O gol local, chegaría o final da primeira metade o transformar un penalti por mans na área visitante. O equipo lonxe de virse abaixo, gozou dunha boa ocasión para o empate nos pes de Carri na última xogada pa primeira metade.

Na segunda, dominio alterno, con boas ocasión para poder empatar, pero os xogadores de Andrés Bouza non foron capaces de conseguilo.

O vindeiro venres xogaran o partido aprazado contra a S.D. Ribadeo, as 17:00h no Campo da Mina.

CATEGORÍA VETERANOS

"Punto que sabe a pouco"

A.D. VALADOURO 2 - SPORTING PONTENOVA 2

Sp. Pontenova: Rodriguez, Barrera, Sando, Sachas, Martin, Manolo Gavelo, Fidel, Ramon Fdz, Juanfri, Zarra e Marino. Tamen xogaron: Piensos, Nihat, Noe, Jose Luis, Eliseo da Orrea e Caseto.

Goles: Martin Rivas e Ramon Fdz

O equipo veterano fixo un bo traballo no Campo do Árbol en Valadouro, pero non lle chegou para conseguir a victoria. Ata en duas ocasión foi por diante no marcador, pero non foi capaz de defender a renta. Moitas ocasión erradas polo equipo de Sachas, que levou o peso do partido en todo momento, pero non soubo reflexalo no marcador final. 

O próximo venres as 20:00h xogaran un amistoso no Campo da Mina fronte o equipo de Segunda Rexional. 

CATEGORÍA SEGUNDA REXIONAL

"Victoria vital para seguir con vida"

SPORTING PONTENOVA 4 - S.D. CANDELARIA 0

Sp. Pontenova: Juan, Otto (Luis), Manu, Arango, Villi, Rivas, Anxo (Zana), Keitas (Puente), Villaouruz (Tontxu), Iago e Jorge.

Goles: Anxo, Jorge, Puente e Tontxu

Partido serio o disputado polo Sporting na tarde onte. Sabedores da importacia do choque, o Sporting, tras unha primeira metade, na que a tensión pola transcendencia do choque e os nervos provocaron indecisións, logo do paso polos vestiarios, o equipo saiu a por todas e xa os 5 minutos da reanudación mandaba no marcador logo dun bo cabezado de Anxo. Minutos mais tarde, Jorge, logo dunha boa internanda por banda con varios caneos de Villauruz, establecía o 2-0. Dani Moirón moveu banquillo, e resultou, xa que dous dos homes entrantes sentenciaron o encontro, o 3-0 obra de Puente, tras unha boa asistencia de Rivas, definiu de forma inmellorable e o 4-0 da man de Tontxu, tras un bon latigazo dende fora do área.

Con esta victoria o equipo sae do posto de "descenso por arrastres", que agora ocupa o Mondoñedo e a falta de un partido o Sporting depende de sí mesmo para conseguir a salvación.

O último partido de Liga será o vindeiro Domingo 27 no Manuel Luna de Pol.

O próximo venres as 20:00h xogaran un amistoso no Campo da Mina fronte o equipo de Veteranos. 

¡Aúpa Sporting!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.