lunes, 31 de marzo de 2014

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA CATEGORÍA REXIONAL

O SPORTING COLLE O TREN DA SALVACIÓN

SPORTING PONTENOVA 3 - RIOTORTO C.F. 2

Sp. Pontenova: Juan, Luismi, Manu, Arango, Villi, Ivan (Luis), Anxo, Patxi (Puente), Tontxu (Borja), Jorge (Keitas) e Iago.
Goles: Jorge, Anxo (p) e Keitas


Emocionante e intenso o derbi xogado na tarde de ontes no Campo da Mina, que presentou unha moi boa entrada. O partido non defraudou, goles, intensidade e emoción ata o último momento, entre dous equipos que foron un exemplo de deportividade ao longo dos 90 minutos. 


Destacar tamen o bo comportamento das duas afeccións que contribuiron ao espectáculo. 

Comenzaria mal o partido para o Sporting, xa que o Riotorto se adiantaba a media hora de encontro, pero o fío do descanso Jorge cun zapatazo dende a frontal da área. 

Despois de pasar por vestiarios, no ecuador da segunda metade un claro penalti cometido sobre Ivan, transformaria Anxo colocando o 2-1 no marcador. A falta de 5 minutos, Moreno colocaba o segundo no marcador visitante establecendo o empate. O Sporting sabedor da importancia do partido, non se veu abaixo e Keitas, no minuto 90 establecia o definitivo 3-2 nunha boa contra culminada cun zapatazo a escadra da meta defendida por Ramallal. 

Con estes tres puntos, o Sporting segue vivo na loita pola permanencia, quedan 3 xornadas, nas que o Sporting terá que esforzarse o máximo para acadar o seu obxetivo. 

A vindeira xornada o equipo gualdinegro desprázase o Campo da Liga en Santaballa. O partido terá lugar o SABADO as 17:00h. A expedición sairá as 15:00h do Bar Puente.

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

O SPORTING FIXOSELLE LONGO O PARTIDO

SPORTING PONTENOVA 2 - CLUBE DEPORTIVO FOZ 5

Sp. Pontenova: David (Borja Rodriguez), Pedro (Cubelas), Juan, Borja Lombardero, Andrei, Rodrigo, Roi, Carrick, Trulli (Adrian), Ovidiu e Bruno (Alvaro)

Goles: Carri II


O equipo local plantoulle cara na primeira metade o C.D.  Foz, incluso de adiantou no marcador (1-0) cun tanto de Carri tras unha boa xogada individual de Ovidiu. O Foz conseguiria darlle a volta o marcador pero Carri volvía establecer tablas. Chegaríase o descanso co marcador de 2-2.


Na segunda metade o equipo visitante foi superior e plasmouno no marcador ata chegar o 2-5 final. 

A vindeira xornada o Sporting visita o Campo da Veiga en San Ciprian.

¡AÚPA SPORTING!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.