miércoles, 26 de marzo de 2014

Entrevistas con morriña: Montserrat Fernández Trevín



Na sección de entrevistas con morriña, hoxe traemos a esta web a unha rapaza de Vilarxubín, que aínda sendo moi nova xa leva moito mundo recorrido.
Chámase Montserrat Fernández Trevín (Vilarxubín, 1.975) e é da casa de Periquín, a máis nova de 5 irmáns, casada e cun neno de 17 meses.

Pontenova.es: ¿Como lle chaman e donde está á casa donde naciche e quenes son teus pais?.
Meu pai chámase Nicolás e veu da casa de Periquín de Villarxuane e miña mai chamábase Argelina da casa de Carbajales de Villarxubín, digo chámabase porque morreu o vran pasado. A miña casa chámase a casa de Periquín de Villarxubín.


Pontenova.es: ¿A qué escola fuche?, e ¿recordas algún dos teus antiguos alumnos e profesores?

Fun a escola hasta 3º de E.G.B en Villarxubín. Eramos 6 ou 7 nenos de diferentes edades con una sola profesora (Remedios de Mondoñedo), que inda hoxe teño contacto con ela. Cando acabei 3º cerraron esa escola porque solo quedábamos dous nenos en edade escolar , Carlos e eu , e empecei 4º na Pontenova.
Acórdome do primeiro día  como se fora hoxe, porque era muy tímida, e cando me vin de pé o lado da porta, e tantos nenos mirando para min, non sabía onde meterme. Éramos 20 ou máis. Acórdome de todos os profesores que tuven, ( Chicha, Rosario, Ana María, Aurora, Marisa ,Blanca, Chucho, Jesús, … e de todos os meus compañeiros por nomes e apellidos).
Das miñas compañeiras as  mais amigas eran Mónica Fdez Fdez de Eirixúa, Ana María Abella Braña de Xudán e a que fixo posible ésta entrevista; Montse Ginzo Fdez de Villaouruz.
Despois de 8º de EGB fixen 1º de FP na Pontenova tamén, pero sólo fixen 1º porque estudiaba administrativo e a min non me gustaba e sabía que nunca iba a traballar deso. E entre que non me gustaba e non había máis que escoller,( administrativo ou mecánica) e que o ano anterior morrera meu irmán Sinesio nun accidente de traballo ( Encima da discoteca Xolda)  e eu aínda non o superara, decidín que tiña que cambiar de aires. Ademáis eu de nena quería ser cantante e azafata de vuelo e sabía que se me quedaba por alí nunca o iba a conseguir.
(Montse en Casablanca con compañeiros de traballo)


Pontenova.es: ¿Cantos anos tiñas cando márchache definitivamente da Pontenova e cales foron os motivos? 

Marchei con 15 anos para Lugo, e o meu primeiro traballo foi cuidar tres nenos  que hoxe me pregunto como me colleron sendo que a nena máis grande  tiña 13 anos e eu 15… imaxínate… pero era unha  boa familia e estuven con eles 3 anos e medio.
Eu seguía co meu soño de cantar e un día entereime de que un cantante (Sito Mariño) buscaba bailarinas para as  súas galas de vrao así que fun a entrevista e colléronme. A min nunca me gustou bailar pero sabía que por algo tiña que empezar se quería cantar, así que pasei un vrao bailando e despois díxenlle que quería cantar, fíxome unha proba e colleume para súa orquesta Montecarlo cando se fundou. Estuven 3 anos, despois funme para  Solera de Pontevedra, Tango de Vigo, volvín para Solera e logo para Supernova de Ribadeo. Foron  anos maravillosos, de festa en festa recorrendo toda Galicia, Asturias, León, fun a Suiza a Centros Galegos, Portugal, Barcelona, San Sebastian , Santander etc, que recordo con gran cariño. (Se queredes podedes verme cantar na orquesta Supernova de Ribadeo en Youtube).

(Cos compoñentes da Orquesta Supernova)


Na Pontenova nunca cantei pero fun muitas veces a Villaemil ( porque tiña unhos primos na comisión de festas) a Neipín, Villameá, Fonsagrada e Taramundi. Mentras estaba nesas orquestas vivín en Arzúa, Santiago, Pontevedra, Villagarcía de Arousa, Vigo , Ribadeo e Vegadeo. Ah, mentras estaba en Solera saquei o título de Tripulante de Cabina de Pasajeros, o que comúnmente se chama azafata de vuelo, en Santiago (que era a outra cousa que quería ser de nena).
Despois de 13 anos de festa en festa xa algo cansada, decidín cambiar de traballo e funme para Londres mellorar o inglés e alí traballei dando clases de español, estuven 6 meses e  empecei a mandar currículums a diversas compañías aéreas e despois de ir a varias entrevistas colléronme  en Hola Airlines, era unha compañía charter. O que non sepa que é eso, é unha compañía que se dedica a alquilar os seus avións e a súa tripulación a compañías ou empresas que o necesiten, como equipos de fútbol, baloncesto, compañías que se lles estropeu algún avión, etc. Nesa compañía estuven 7 anos e vivín en muitos sitios; Madrid, Barcelona, Palma de Mallorca,… pero pásabamos meses en hoteles sin volver a casa. Pasei casi 6 meses en Grecia, un verán entre Marrakech, Casablanca e Qatar, ourtro en Oslo, outro en Sttutgart (Alemania) viaxei casi por toda Europa e África.  Desa época teño unhos grandes recordos porque como éramos unha compañía pequena conocíamonos todos e éramos como unha gran familia. Había un montón de azafatas galegas de Vigo, Santiago e Pontevedra porque a miña xefa gustábamoslle as galegas, decía que éramos muy traballadoras e agradables. Ás veces xuntábamonos 4 galegas no mismo avión, e os Comandantes decían que parecíamos o avión do Xacobeo, jajaja. Teño mil anécdotas como  podedes imaxinar ; Unha vez iba nun vuelo de Sttutgart a París falando galego polo pasillo cunha compañeira de Santiago e paroume un pasaxeiro e preguntounos de onde éramos e o decirllo caéronlle as lágrimas , cal foi a miña sorpresa cando me dixo que él nacera en Pol, (Meira) pero que había mais de 20 anos que non volvera por alí. Mira que casualidade. O pobre home non quería parar de falar e a min tam´rn me facía ilusión porque xa levaba meses sin vir a España e cando se está fora e te encontras a un español sea de donde sea, paréceche que é como se o conoceras de toda a vida , bueno polo menos a min pásame… Outro día unha familia de 18 persoas alquilounos para vir de Casablanca a Barcelona  para celebrar o cumpleaños da avoa e cando nos pediron se lle levábamos a tarta cas velas a min deume por cantarlle o cumpleaños feliz porque eran muy agradables e despois pasei o viaxe sentada con eles cantándolles todo o camiño. As miñas compañeiras traíanme vasos de auga. Foi un vuelo inolvidable. Logo invitáronme a que lles fora cantar para a inauguración dunha Masía pero non puiden porque tiña traballo. Despois dese día collín a fama de cantante e a miña xefa decíallo a todo o mundo así que un día que nos alquilou o F.C. Barcelona acabei cantándolle o cumpleaños feliz a Puyol. Era de tolos...pero paseino muy ben porque me encanta viaxar.

(Montse o día que lle cantou a Puyol)

Pontenova.es: ¿Actualmente en que traballas e donde vives?

Na actualidade non traballo, bueno, cuido o meu neno, e ahora mismo vivo en Prestwick (Escocia) onde traballa o meu marido. Temos a nosa casa en Mallorca e a familia do meu home, anque él naceu en Argentina (Rosario) pero seu pai e Mallorquín e sua nai Argentina. Esperamos poder volver axina a ver se se acaba a crise dunha vez e podemos encontrar traballo en España porque como se vive ahí, créedeme, en ningún lado.

Pontenova.es: ¿Sigues vindo pola Pontenova con frecuencia?

Sí, vou sempre que podo a Villarxubín aunque menos do que quixera. Teño a meu pai con 91 anos e a unha irmán que o cuida e muitisima familia e xente que quero por ahí. A última vez fun foi en outubro e volverei  polo vran se non podo ir antes.

Pontenova.es: ¿Qué recordos se che veñen á cabeza máis a menudo da túa infancia por aquí?.

Acórdome de ir ás feiras os domingos con meu tío Gumersindo de Carbajales (D. E. P.)  a vender cabritos. Das festas da Troita  e subir ós caballitos e ós coches de choque e hasta de ir a Xolda algunha vez con meus irmáns
Tamen cando tiña que chamar ás vacas para arar ou labrar as leiras e eu aburríame muito e estaba sempre cantando e non escoitaba o que me mandaba meu pai e un día enfadado díxome: A ver , atende o que fas, ou que pensas que vas vivir do cante???. E eu dixenlle pois, sí, ei vivir!!!. Aínda hoxe se acorda de eso e rise.
Acórdome de cando iba cas vacas e usaba a vara como micrófono e cantaba sola. Tamén sempre levaba unha novela do oeste para leer (gústame muito ler) e cando a acababa, volvíame para a casa,  ó primeiro levábame dúas horas e pico e meus pais estaban muy contentos porque traía as vacas mantidas pero despois de tanto leer, ca práctica, nunha hora xa as acababa e volvíame porque me aburría, e meus pais reñíanme porque tuvera pouco tempo. Tamén de ir cas cabras con meu tío Gumersindo e con miña prima Marisol cando nacían os cabritiños. E falábamos tanto que nos decía que éramos máis rancias co unto de tres anos… Era muy boa persona, para min era o meu segundo pai.

Pontenova.es: ¿Cando ves a Vilarxubín en que acostumbras a pasar o tempo?

Cando vou paso o tempo visitando familiares e amigos , intento estar o máis tempo posible con meu pai e gústame muito pasear polos montes ó lado dos regatos , a ruta da Seimeira, subir a Río de Campos onde teño a meus padriños, (Casa de Gallo), disfruto muito cos colores e olores das flores silvestres , do verde dos árboles e a natureza en xeral, encántame.

(Esperando a que o F.C. Barcelona chegase dun partido)


Pontenova.es: ¿Gustaríache nun futuro volver a vivir na Pontenova (xa de xubilado por exemplo)?.

Pois vivir nun sei, porque a vida da muitas voltas (polo menos a miña) pero sí que me gustaría pasar os vrans ahí, e inculcarlle o meu fillo todas as costumes e cariño por esa miña xente e miña  terra.

Pontenova.es: ¿Sigues a actualidade do pobo habitualmente? e ¿Conocías a nosa páxina web?, ¿Qué che parece?.

Sí que a miro casi sempre ahora que paso máis tempo na casa, e  xa a coñecía desde hay tempo, que por cierto quedei asombrada o outro día que vin que unha das principales compoñentes vive en Texas. Enhoraboa a todos,  e muitas gracias por facer posible esto a pesar de estar tan lonxe Bernardeta. 
Gústame mirala para saber que pasa por ahí, as festas , as entrevistas, e hasta as esquelas miro para saber quen morre. Deséxovos muita saúde e sorte a todos para que a poidades seguir facendo moito tempo como hasta ahora.

(En Marrakech con outras compañeiras)


Pontenova.es: Como ben sabes, a última pregunta sempre é a mesma para todos os entrevistados, ¿Poderíasnos contar algunha anécdota que che ocurrise que teña algo que ver ca Pontenova? 

Pois ahora mismo acórdome dunha vez que estaba cantando por Cantabria e estábamos no descanso e eu estaba dentro do camerino e viñeron decirme os compañeiros que había unha xente que preguntaba por min e eu non lles creía porque eu alí non coñecía a naide pero despois de todo salín e cal foi a miña sorpresa que era unha xente de Riotorto que eran familia de unhos veciños de Villarxubin da casa de Caxelo. Leváronme a súa casa e invitáronme a cear con eles. Foron encantadores. Un abrazo por si leen esto. 


Aquí vos deixamos cunhas cantas fotos a maiores que nos manda Montse tanto das orquestas polas que pasou como algunhas das compañías aéreas para as que traballou:









Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.