lunes, 3 de febrero de 2014

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

2ª CATEGORÍA REXIONAL AUTONÓMICA

Empate no Derbi
Sporting Pontenova 1 - Meira F.C. 1

Sp. Pontenova: Lombardía, Marcos Conde, Manu, Garboso (Patxi), Villi, Tontxu (Keitas), Anxo, Ivan, Iago (Ivan Reimonde), Jorge (Carlos) e Puente. 

Gol: Anxo (P)

Sporting Pontenova e Meira empataron nun partido condicionado polas malas condicións que presentaba o terreo de xogo, que está sendo un gran lastre para o equipo de Dani Moirón, que non se puido adestrar durante a semana debido o seu mal estado, e por non dispoñer de outra instalación para poder levar a cabo os adestramentos. 

O partido foi de intensidade, loita e garra, xa que non se podía practicar o fútbol no estado no que se atopaba o Campo da Mina. Adiantouse o Meira, cando a primeira metade estaba a chegar o seu fin, por medio de Fondoy, nunha boa xogada do equipo visitante. Sería o Meira o primeiro equipo en batir o flamante porteiro gualdinegro que estivo 320 minutos sen encaixar gol. 

Na segunda metade o equipo local saíu a por todas, adiantou a súas liñas e dixpuxo das mellores ocasións. Sería hacia o minuto 20 cando o árbitro sinalaba penalti por man dun xogador do Meira F.C. Anxo de forma maxistral trasformabao empatando o partido. Dende ese momento ata o final, o Sporting buscou o gol da victoria pero sen sorte. Sería o Meira F.C. o que tería a ocasión máis clara na cabeza de Jorge, pero unha espectacular parada do porteiro local evitaba a derrota.

Novamente dar as gracias a todos os afeccionados que encheron as gradas nunha tarde fría e desapacible.

Na vindeira xornada po equipo desplázase a Xermade, para medirse o 3º clasificado. Saída dificil para o cadro gualdinegro, que intetará non regresar de vacío. 

Estado do Campo da Mina

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

A.D. Porto de Burela 7 - Sporting Pontenova 0

Sp. Pontenova: David, Trulli, Alvaro, Roi, Juan, Ovidiu, Rodrigo, Bruno, Oscar, Borja e Villarquide. Tamen xogaron: Andrei, Pedro, Adrian e Borja Rodriguez. 

O equipo xuvenil volveu de vacío da súa visita o Campo da Marosa. Nada puido facer o cadro de Andrés Bouza ante o terceiro clasificado. 

Na vindeira xornada o cadro xuvenil recibirá na Mina a U.D. Pastoricense.

¡AÚPA SPORTING!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.