lunes, 27 de enero de 2014

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA REXIONAL


Asalto o Campo da Veiga (San Ciprian)


Sp. Pontenova: Lombardía, Marcos Conde, Arango (Ivan), Manu, Villi, Tontxu (Keitas), Anxo (Carlos), Luismi Rivas, Iago (Patxi), Jorge (Garboso) e Puente.

Gol: Anxo (min 30)

O Sporting Pontenova conseguiu traer  3 valiosos puntos do Campo do líder, o C.D. San Ciprian. Nun partido moi serio do cadro visitante plantou cara o lider. O cadro de Dani Moirón mostrou un rigor táctico e unha intensidade impresionante que levou os gualdinegros a dar a sorpresa da xornada. 

Con esta victoria, xa son 3 os partidos consecutivos que o equipo da Pontenova deixa a súa portería a 0, e 7 dos últimos 9 puntos en xogo conseguidos, saldándose positivamente estas dúas saídas seguidas que tivo o equipo da Mina. A segunda volta está sendo, polo momento, moi boa. Esperemos seguir con esta xeira de resultados.

Destacar o debut de Iago Edrosa, xogador polivalente procedente do Iberia C.F., que tivo unha gran actuación. 


Na vindeira xornada o Sporting recibe o Meira F.C., o sábado as 16:00h no Campo da Mina, nun partido moi importante pola igualdade que reflicte a clasificación. Esperamosvos a todos apoiando o equipo.




PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

Reparto de puntos no mini-derbi

Sp. Pontenova: Borja (Andrei), Comendeiro (David), Juan, Alvaro, Roi, Mourelle (Josito), Ovidiu (Adrian), Bruno, Villarquide, Borja e Carri (Pedro).

Gol: Carri (min 23)


O Sporting Pontenova xuvenil acadou un punto no derbi que o enfrontaba o Meira F.C. O equipo visitante adiantouse nos primeiros minutos, pero Carri no ecuador da primeira metade establecía o empate. Xa nos se movería o marcador a pesar de que houbo oportunidades para ambos equipos.


Na vindeira xornada o o equipo gualdinegro desprázase a Burela, para medirse o Porto de Burela. O partido disputarase o sabado as 11:30h na Marosa.

¡Aúpa Sporting!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.