sábado, 25 de enero de 2014

Información do CIT da Pontenova



Fuente: Cit A Pontenova

Poñémonos en contacto con vos para comunicarvos que o 12 de Febreiro faremos un asamblea extraordinaria as 21:00 en primeira convocatoria e 21:30 na segunda convocatoria na casa das sociedades como único punto do día a modificación dos estatutos co fin de axeitalos á normativa da lei de pesca para as sociedades colaboradoras co medio ambiente.

Aproveitando a ocasión para informarvos tamen das actividades programadas para o 2014:

5 de Xaneiro cabalgata de reises.
18 de Xaneiro obradoiro de peixes artificiales.
2 de Marzo Carnaval infantil.
30 de Abril e 1 de Mayo XXXVI festa da troita e II concurso do salmón.
10 de Maio XXXVIII concurso social de pesca nos coutos de Xinzo e Vilarmide.
Xunio excursión de pesca o tramo internacional do río Miño en Tui desde embarcación.
Xunio curso de pesca con cola de rata.
26 de Xulio na praza dos fornos as21.30 horas paella anual do CIT.


Por ultimo comunicarvos que se están a realizar cursos de aerobic e de pintura e tamén estamos a continuar coa limpeza do río nos coutos de Xinzo e Vilarmide si alguén quere participar en dita limpeza, pódese poñer en contacto con Taracho no telefono 636476132


Sen máis, gracias pola vosa colaboración.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.