domingo, 8 de diciembre de 2013

A Pontenova vive a festa dos artesáns e do moble antigo na Praza dos Fornos

Isabel García / El Progreso (A Pontenova)
Unha trintena de artesáns e outros tantos anticuarios convertirán, ata a noite do domingo, a localidade pontenovesa nunha festa adicada, principalmente, ó moble antigo. A calidade e a variedade marca este ano a sétima Feira de Artesanía e Antigüidades, que organizan o Concello e a Deputación.
A carpa cuberta dos anticuarios sitúase na Praza dos Fornos e nela, o visitante, que dispón de entrada gratuíta ao evento, disfrutará vendo pezas de decoración, algunhas delas dos séculos XVI e XVII e sobre todo, «moitos mobles», como sinala o organizador, o concelleiro de cultura, Francisco Martínez: «Hai dende chineiros, a cómodas, arcas, aparadores, armarios e alacenas. En xeral todos eles son artigos de gran calidade».

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.