jueves, 14 de noviembre de 2013

PP de A Pontenova salienta os máis de 23.000 euros que destina a Xunta de Galicia para a contratación de traballadores do municipio.

·  O voceiro do PP en A Pontenova manifestou que gracias á implicación da Xunta de Galicia co concello, foron contratados dous socorristas e dous auxiliares, un para o mantemento da oficina de turismo e outro para a axuda no fogar


·    Jorge García explicou que o goberno galego é o encargado de achegar a dotación orzamentaria e o equipo de goberno de A Pontenova é o que selecciona ao persoal


A Pontenova, 12 de novembro de 2013-  O voceiro do PP en A Pontenova, Jorge García, agradeceu á Xunta de Galicia a subvención que concede ao Concello para que o equipo de goberno local seleccione e contrate persoal.

“Máis de 23.000 euros; concretamente 23.131,96€ destina o goberno galego para a contratación de catro traballadores”- resaltou o popular, quen lembrou que se trata dunha subvención, ao abeiro dos programas de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e as entidades locais.

Jorge García manifestou que a implicación e o compromiso en materia de emprego da Xunta de Galicia co concello de A Pontenova vese claramente reflectida unha vez máis, nesta ocasión, na contratación de dous socorristas e dous auxiliares, un para o mantemento da oficina de turismo e outro para a axuda no fogar.


Concluíu o popular agradecendo a Xunta de Galicia o seu compromiso con este concello mariñán posto que gracias a esta iniciativa catro persoas optarán a un posto de traballo nun momento de gran demanda de emprego na localidade.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.