domingo, 10 de noviembre de 2013

Jorge García: “O IES Enrique Muruais contará cun plan de formación permanente do seu profesorado gracias ao compromiso da Xunta de Galicia”

• O voceiro do PP en A Pontenova afirmou que desenvolveranse distintos plans neste centro educativo a prol da actualización e do perfeccionamento das competencias profesionais dos mestres e para contribuír na mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.

Pontenova, 07 de novembro de 2013.- O voceiro do PP de A Pontenova, Jorge García, manifestou esta mañá que o IES Enrique Muruais contará cun plan de formación permanente do seu profesorado en valor as medidas que está a levar a cabo a Xunta de Galicia no tocante á educación e agradeceu a xunta que seleccionase este centro educativo de A Pontenova para implantar plans de formación permanente do seu profesorado.

García destacou que gracias a esta selección, o IES Enrique Muruais poderá desenvolver ao longo deste curso diferentes plans adaptados ás súas necesidades cuxo obxectivo é contribuír á actualización e ao perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.

O popular afirmou que entre os plans poden incluírse varias liñas de actuación, tales coma: a programación, desenvolvemento e avaliación de competencias básicas, facendo especial fincapé no tratamento das linguas, tanto propias como estranxeiras; a integración didáctica das TIC, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais; a mellora da xestión dos centros e dos procesos de calidade; a convivencia escolar e clima da aula; a atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados; as accións encamiñadas a mellorar o desempeño profesional docente e a actualización científica e didáctica do profesorado ou a xestión directiva dos centros.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.