miércoles, 9 de octubre de 2013

BNG - Mocion

O BNG DE A PONTENOVA PRESENTARÁ UNHA MOCIÓN PARA ESIXIR Á XUNTA A INCLUSIÓN NOS ORZAMENTOS DE 2014 UNHA PARTIDA PARA O SAF BÁSICO

Logo de que a Xunta de Galiza, gobernada polo PP, deixara sen fondos aos concellos de menos de 20.000 habitantes para o Servizo de Axuda no Fogar Básico, estes teñen que facer fronte ao mantemento deste servizo social coas aportacións que reciben da Deputación Provincial de Lugo e con fondos propios. Trátase dun servizo elemental do que se benefician numerosas persoas fundamentalmente nos espazos rurais.

A voceira do BNG declarou, facendo referencia ás declaracións do voceiro do PP nas que dicía que a Deputación Provincial non fixera fronte ao custe total do SAF no Concello,  que “as súas palabras son indecentes, un acto de cinismo. Jorge García é totalmente consciente de que se trata dunha competencia da Xunta do PP, e que o seu partido non quere asumir por cuestións políticas e ideolóxicas, non lles interesan os problemas da xente, e minte sen ningún reparo”.

A situación é cada vez máis grave e o Goberno da Xunta de Galiza non pode seguir eludindo as súas responsabilidades, e moito menos descargándoas noutras institucións, á hora de dotar aos concellos rurais dos recursos económicos e humanos necesarios para facer fronte a este grave problema social e asegurar a prestación acaída do servizo de axuda no fogar aos miles de familias galegas que o necesitan e o están demandando a diario.

Desde xeito, presentaremos unha moción, onde instaremos ao Pleno o acordo para esixir á Xunta de Galiza a incorporación dunha partida orzamentaria nos Orzamentos para facer fronte a este servizo social básico.

Monica Rancanho Freire
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.