martes, 27 de agosto de 2013

Mineiros de ouro que 'tan só' sacaban ferro

Homenaxe. A Pontenova xa non conserva moitos recordos materiais das pasadas épocas da grandeza mineira da localidade, mais nas mentes dos máis vellos do lugar está todo ben gardado. Fernando Paraje e Paco Cancelas son dous veciños da parroquia de Conforto que traballaron na mina. O primeiro foi homenaxeado onte polo seu labor.

AO MESMO TEMPO que Antonio Molina comezaba a cantar o popular ‘Soy minero’, e incluso antes de que Victor Manuel entonase a ‘Planta 14’ dedicada ao mundo do traballo mineiro, dous veciños da Pontenova xa andaban a traballar na pedra, picando e transportando, para que outros lle desen o toque artístico ao tema. A parroquia de Conforto semella un pobo tranquilo e placenteiro para a retirada tras moitos anos de traballo. Alonxados do calor de Benidorm e do bullicio de Madrid, Fernando Paraje e Paco de Cancelas descansan os seus 83 e 84 anos, respectivamente, mentres se alegran lembrando os tempos nos que A Pontenova era case case capital de provincia.


Este ano, como nos últimos, o festival das minas homenaxeou a un dos vellos traballadores do municipio. A Paco de Cancelas xa lle tocou no 2008, e nesta edición o galardoado será Fernando Paraje, aínda que como el di «eu ata que digan o meu nombre non quero recibir felicitación ningunha».

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.