miércoles, 21 de agosto de 2013

Información 2ª Subida A Pontenova 2013

Seguro que os veciños da Pontenova xa sabedes de sobra todos estos datos pero dado que hai moita xente de fora usando esta web a modo de consulta pasamos a actualizar e informar dos seguintes contidos relativos á Subida.

Pinchando na imaxen superior podéis ver o mapa xeral da subida. O parque cerrado estará na Plaza dos Fornos, as asistencias na rúa da Feira e a proba realizarase pola carretera de San Estebán. Estos tres sitios están prácticamente xuntos polo que pódese aparcar o coche e despois visitar parque pechado, asistencia e acceder ó tramo cronometrado camiñando e todo en menos de 15 minutos.

Destacar ademáis que ó igual que na primeira edición a organización poñerá de forma gratuita a disposición dos asistentes un autobus que se poderá coller na salida da subida momentos antes do comenzo de cada manga e que irá deixando ó publico ó longo do recorrido naqueles lugares máis espectaculares para unha vez rematada traelos de volta.


A continuación deixamosvos os horarios oficiais:
No apartado de agradecementos queremos facer unha mención especial á xente da Escudería Compostela que durante todo o fin de semana estarán na Pontenova axudando en labores organizativas e aportando toda a súa experiencia en realización de probas deste tipo. MOITAS GRACIAS!!!.
Como dato a ter en conta para toda a xente que ven de fora decir que este mismo fin de semana celébrase na Pontenova o Festival das Minas con música en directo, churrascada, zona de acampada gratuita con todos os servicios (wc, duchas, parking, etc,...) e todo en apenas 300 metros.

En breve poderanse consultar na web da Escudería os inscritos na Subida e tamén outros datos de interés que vos poden ser de utilidad.

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.