- O voceiro popular realza a importancia da implicación da administración
municipal na creación de emprego como “institución máis próxima aos cidadás e
que lle ten que axudar aos veciños nos problemas do seu día a día, entre eles o
do paro”
- Os populares votaran en contra dos orzamentos do 2012 e do 2013, entre
outras razóns, por non recoller fondos destinados a fomentar o emprego local ou
a incentivar o comercio e os pequenos negocios municipais
A Pontenova, 29 de xullo de 2013.- O voceiro do Partido Popular na Pontenova, Jorge García, considera
“necesario” que os orzamentos locais presenten algunha partida destinada a
incentivar o emprego no municipio. Así,
co obxecto de implicar á administración municipal na dotación de postos de
traballo, o Grupo Popular da Pontenova vén de rexistrar unha moción para o seu
debate na próxima sesión plenaria e na que insta ao equipo de goberno do
Concello a que cree un plan de emprego municipal.
Jorge García
realza a importancia da implicación do
Concello na creación de emprego como “institución máis próxima ao cidadán” e polo tanto, engade o popular, “tenlle que axudar aos veciños nos seus problemas do día a día, sendo hoxe en día unha das máximas preocupacións a de facerlle fronte aos elevados índices de persoas en paro”.
Concello na creación de emprego como “institución máis próxima ao cidadán” e polo tanto, engade o popular, “tenlle que axudar aos veciños nos seus problemas do día a día, sendo hoxe en día unha das máximas preocupacións a de facerlle fronte aos elevados índices de persoas en paro”.
O voceiro
presenta esta iniciativa tras que o alcalde socialista desatendera en varias
ocasións ás peticións dos populares nas que urxían e propoñían medidas
orientadas a crear postos de traballo, “que vaian dirixidos a quen máis os
necesita e á vez que axuden aos negocios locais, para os que tamén lles será
moi vantaxoso contratar a alguén da localidade en vez de fora e que encima lles
sexa rendible”, puntualiza.
O PP procurou en reiteradas ocasións a implicación do
Concello na creación de emprego
Jorge García
explica que as últimas actitudes postas de manifesto polo alcalde da Pontenova
evidencian que o socialista “fai oídos sordos as demandas dos veciños
trasladadas polo PP” ao negarse en varias ocasións a crear partidas dentro dos
orzamentos municipais “que estivesen dirixidas ao fomento do emprego no
concello, sobre todo entre aqueles veciños máis necesitados”.
O popular explica
que o seu grupo votou en contra dos orzamentos 2012 e 2013, entre outros
motivos, porque sendas planificacións de gasto para as respectivas anualidades
non incluían ningún fondo dirixido ao fomento do emprego ou a incentivar o
comercio, así como as pequenas e medianas empresas do municipio.
O voceiro
reivindicou en varias ocasións a
implicación do goberno local na creación de postos de traballo, realzando
a importancia de xerar emprego “entre os máis novos que permita asentar a
xuventude no noso concello”.
Propostas dos populares
Tras a negativa
do alcalde socialista de atender a esta demanda durante o debate dos
orzamentos, os populares rexistran agora unha moción dirixida a fomentar o
emprego xuvenil, en particular, así como o do resto da poboación en xeral.
“Consideramos
imperdoable que o alcalde dea as costas aos veciños e non atenda as peticións
dos máis novos que queren traballar”, explica Jorge García, polo que, “vemos obrigado
reivindicar a colaboración do goberno
local” e para elo “presentamos esta iniciativa plenaria dunha maneira seria e
construtiva, aportando ideas que reincidan no ben colectivo”.