viernes, 19 de julio de 2013

"Blue Island" na Pontenova


O pasado sábado día 13 de Xullo estrenábase na Casa da Cultura a obra de teatro "Blue Island, un lugar axeitado para criminais" representada pola Escola Municipal de Teatro da Pontenova.

Esta obra está inspirada no cinema negro dos anos cincuenta e segue as investigacións do detective John Lexter. Está escrita por Iria Acevedo a través dun traballo baseado en improvisacións. Na representación mestúranse o baile, a música e a comedia.

Cunha sala abarrotada de xente os actores, todos eles veciños da vila, facían as delicias do público dando o mellor de sí e conseguindo ó remate unha longa e emotiva ovación.

Con tan sólo 2 meses de ensaios e maxistralmente dirixidos por Guillermo Cancelo (Actor e Técnico Superior en Realización de Programas e Documentais de TV) a posta en escena foi todo un éxito que a bon seguro terá continuación por outros concellos da provincia e mesmo cunha nova actuación na Pontenova.

Os actores da obra foron:

- Jorge Gómez (Xigueiro).
- Carlos Bermudez (Chapas).
- Manolo Lastra (Ventura).
- Marcelino Vázquez (Sampayo).
- Loureiro de Foxas.
- Sabela a ATS.
- Ángeles Yáñez de Arango.
- Conchita do Píldaro.
- Belén (Filla de Rosa de Germán).
- Marita de Saldoira.
- Eva, muller de Francisco o ganadero.
- Eva filla (Filla de Francisco).
- María de Villaeimil.
- María José de Veiga (Maestra)

















  

 

 

 






Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.