martes, 2 de julio de 2013

II Carreira de Montaña de a Pontenova "Ruta do Outeiro".


CARREIRA DE MONTAÑA RUTA DO OUTEIRO



Informamos que o prazo de inscripción da carreira de montaña da Pontenova se amplía ata o Mércores 17 de Xullo.
DESCRIPCION DO PERCORRIDO

0-1 Volta a Praza. Forte subida do 16 % de media. Repeito final duro

1-2 Mina do Sarredo. Obstacúlos, túneis, viricuetos, tramo singular impactante. Resto de terreo sinuoso.

2-3 Subida forte ao 13 % media. 100 m. chaos.Subida durísima do 26 % monte a través (160 m). Zona boscosa.

3-4 Pista forestal. Subida suave, bastante forte ao remate.

AVITUALLAMENTO KM 3

4-5 Seguimos subindo sin grandes desniveles. Pena de Castro a nosa esquerda.

5-6 Continuamos subindo sin grandes pendentes ata chao do Solleiro. Vistas panorámicas.

6-7 Subida moi forte (23%) ao Espin. Vista panorámica do Val do Turía, con Taramundi ao fondo.

7-8 Tramo de gravilla en subida esixente. Escomezamos a baixar.

AVITUALLAMENTO KM 7,5.

8-10 Pistas de terra en bo estado, é baixando invitan a correr.

10-11 Pasamos o pobo de Labrada. Pista de asfalto

11-15 Seguimos en baixada por tramos de gran beleza, vistas panorámicas e alguna que outra “desfeita”.

AVITUALLAMENTO KM 13

15-16 Pista de asfalto ó pasar polo pobo de Pacios.

16-18 Terreo sinuoso, pista en bo estado e entorno moi atractivo.

18-19 Para por a guinda a carreira,subida de 300 m. bastante forte, logo baixada moi pronunciada (para agarrarse) e chegamos a Praza dos Fornos.

DATOS TECNICOS DA CARREIRA

DISTANCIA: 19.150 m.

DESNIVEL: 443 m de 90 m. a 533 m.

PENDIENTE ACUMULADA: 5.665 m.

DESNIVEL ACUMULADO: 584 m.

PENDIENTES MAXIMAS:
· INICIO CARREIRA: 476 m ó 16 % (Km 0-1)
· SUBIDA PACIOS: 400 m. ó 13 % (Km 2-3)
· CARREIRO VERDEGA: 166 m. ó 26 % (Km 2-3)
· SUBIDA AO ESPIN: 200 m. ó 24 % (Km 6-7)
· SUBIDA AO CASTELO: 300 m. ó 14 % (Km 18-19)

BAIXADAS:
· 400 m ó 13%
· 476 m. ó 16 %

TRAMOS SINGULARES:
· PASO MINA SARREDO
· SUBIDA SOUTO DE PACIOS
· SUBIDA AO ESPIN

REGULAMENTO DA CARREIRA

· A Carreira ten carácter popular, polo tanto a Organización non se fará responsabel de calquera lesión ou percance que sofra o atleta no transcurso da mesma. De calquer xeito, contamos con un seguro de RESPONSABILIDADE CIVIL.
· O lugar de concentración será na Casa de Cultura, sita na Praza dos Fornos de A Pontenova. A saída e chegada da carreira efectuaránse na mesma praza.
· A hora de saída será as 10,00 horas.
· O percorrido da carreira transcorre nun 95 % por pistas forestáis de terra, pasando por lugares de gran interés etnográfico (Minas) e paisaxístico que non deixará indiferente a ninguén.
· O percorrido estará debidamente sinalizado, en tódolos cruces haberá frechas indicativas de dirección, así como os puntos kilométricos correspondentes.
· Contaremos tamén con persoal para controlar aqueles puntos que polas súas características así o requiran.
· Haberá tres avituallamentos situados nos lugares propicios para tal fin. Así mesmo contaremos cos correspondentes “puntos limpos” (bolsas de lixo) para a recollida das botellas de auga que se lles
entreguen aos participantes. Estes puntos estarán situados a uns 100 metros do posto de avituallamento.
· Abrirá a carreira unha persoa en moto, pechando a mesma un vehículo de protección civil do Concello. Hay tres tramos nos que non se poderá facer este seguimento dadas as características do terreo. (1º e 2º km, minas do Sarredo e entre o 5º e 6º km. da subida ao Espin.) Pero vai estar ben
sinalizado, polo que consideramos que non vai haber ningún problema.

· As categorías que se establecen son as seguintes:
SENIOR (M/F) DE 18 a 34 anos
VETERAN A (M/F) de 35 a 44 anos
VETERAN B (M/F) de 45 a 54 anos
VETERAN C (M/F) de 55 a 59 anos
VETERAN D (M/F) de 60 anos en adiante.

· Os tres primeiros clasificados de cada categoría (M/F) recibirán o correspondente trofeo. Ademáis, tódolos participantes recibirán un agasallo da organización.
· O servicio de duchas estará situado no Polideportivo Municipal , o carón do Colexio de Primaria, na Rúa Subida a Goios (Enfrente da Igrexia Parroquial).

· INSCRIPCIONS:

Por e-mail a sd.albions@gmail.com ata o dia 15 de Xullo. A partires desta data non se admitirán máis atletas.
· O precio de inscripción será de 10 € a ingresar na conta de Novagalicia Banco 2080-0137-48-3040008583.
· A entrega de trofeos e agasallos terá lugar, unha vez rematadas as clasificacións, no Salón de Actos da Casa da Cultura.
· As clasificacións publicaránse por internet, nas páxinas web Pontenova.es e correrengalicia.es.
· Pregamos a tódolos participantes que acepten e cumpran puntualmente este regulamento, o cal redundará en beneficio de todos.
· Para consultar calquer tema ou dúbida relacionada coa carreira, poden chamar ao teléfono 982342292 de en horario de 10 a 13 horas ou de 8 a 10 da tarde.

Máis información
Cómo chegar




































VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.