viernes, 19 de abril de 2013

Entrevistas con morriña: Maria Bernardeta Fernandez Taylor

Entrevista realizada por Santiago Coladas.
(Bernardeta empezado a súa carreira militar)
A entrevista de hoxe fixémoslla a unha gran conocida desta web, entre outras cousas porque é unha das personas que fan posible que este proxecto siga adiante. Trátase de Maria Bernardeta Fernandez Taylor (Texas, 1967).
Pontenova.es: ¿Qué vínculo principal é o que te une a esta terra?
A miña nai foi Maruxa de Castro de Xudan.
Pontenova.es: ¿Quenes eran teus padres, donde vivían y porque nombre se conoce a súa casa?.
O meu pai é americano. El estivo nas forzas aéreas estacionado en Francia por un tempo e cando coñeceu a miña nai él estaba de vacacións en Barcelona. El foi a un bar e alí coñeceu a miña nai que estaba alí traballando. O que máis me fascina é que nin o meu pai nin a miña nai sabían a linguaxe de cada un. Coñecéronse por medio de sinais. Casaron en Francia. En 2012 tiven oportunidade de ir a Barcelona porque tiña moitas ganas de ir a Las Ramblas pra poder ver se encontraba o bar onde traballaba ela, pero claro como xa pasou muito tempo non dei con el.
(Bernardeta co seu pai e a súa tía)
Pontenova.es: ¿Cal foi o motivo polo que tu naciche en EEUU e non en A Pontenova?.
O meu pai estaba estacionado en Thailandia cando a miña nai estaba embarazada. Por iso, ela foise a vivir coa miña avoa e a miña tía que vivían nun puebliño cerca de Amarillo (Texas) ata que o meu pai rematase coa súa estanza en Thailandia.
Pontenova.es: ¿Cal foi a primeira vez que visitache A Pontenova e cantos anos tiñas?
A primeira vez que fun a Xudan, eu tiña 2 anos. Entre o 73 e 75 fun á escola de Xudan e no 75 fixen o terceiro grao na escola da Pontenova. Despois no 80 volvín á Pontenova pra repetir o sexto grao xa que me estaban cambiando de linguaxe cada dous por tres e deime conta de que en EEUU os estudos eran mais fáciles que en España. Tamén fixen o séptimo na ponte.
(Pai e nai de Bernardeta)
Pontenova.es: ¿Cales son os recordos máis vivos que tes da túa infancia nestas terras?
Os primeiros días de chegar a Xudan, acórdome dos veciños vir a vernos e ter conversacións longas pra dicirnos todo o que pasara no tempo que estivemos fóra. Moitas veces acumulábase moita xente, e eu estaba quitando fotos e facendo algúns videos porque me gustaba tanto escoitar a todos. Tamén me gustaba oír a xente que esperaban en frente da miña casa ao leiteiro.
Acórdome dous meus simpáticos veciños que nos invitaban a pola vila, dás historias que se contaban, dá miña nai ir axudarlles a recoller a herba seca e de sachar as patacas. Cando era tempo de ir comer á casa do dueño do terreo, eu nunca quería comer porque sempre pensaba que como eu non podía axudar en nada, eu non debería de comer tampouco. Acórdome dunha vez canda estaba sachando mina nai ás patacas dun vecin, alguén lle dixo que chegara meo pai de visita e ela estaba intentando estar o mellor que puido pra limparse xa que estaba da terra de sachar.
Acórdome das miñas mestras da escola. Especialmente de Doña Marisa. Sempre lle tiven moito cariño. Aínda que me acordo de que algunhas veces me daba na cabeza por facer algúns exercicios mal (je, je, je). Ela axudou moito á miña nai con papeis que tiña que ter pra eu ir á escola alí xa que en EEUU non facían falta. Tamén lle axudou en mandarlle cartas en ingles a meu pai. O comedor gustábame moito. Acórdome do pito frito, do arroz con salsa de tomate, e de non poder deixar nada no prato. Ata unha vez puiden servir eu aos estudantes e despois poder comer todo o pito que nos pete.  Da xente dicindo que as pipas de sal tiñan drogas porque eran tan adictas…
Acórdome das miñas amigas que fixen na escola que aínda teño. De ir ás súas casas e de xogar á goma. Unha delas introduciume ós cereais con chocolate...que aínda os como agora. Falando de comida, das filloas, das castañas e de ir a elas, de estar detrás da cociña de leña esperando a comer. Do caldo de verzas e dos ravizos que non me gustaba nada e ter que prepararme unha barra enteira de manteiga con azucre xa que á miña nai lle toleaban eses caldos. Da miña nai trepando por unha cerdeira e intentar tirarme cereixas xa que eu non me atrevía. Do polbo, das empanadas, do "rato" que me dicían que había no pan pero que en verdade era un chorizo...e tantos mais.
Tamén me acordo dos conductores do autobús da escola. A miña nai díxome moitas veces que tiñamos un de familia que era condutor e taxista. Sempre me acordaba de que ela me dicía que era rubio pero engánoume acordándome dese detalle. Unha vez Javier puxo unha foto dos seus pais cando eran mozos na páxina e eu, aínda que os coñecín nun viaxe dos que fai Javier, non sabia quen eran. Cando lle preguntei quen era o home (facíaseme moi familiar de cara) díxome que era o seu pai, quedei totalmente alucinada. Ese foi o momento que finalmente soupen que condutor era algo de familia (mais da miña nai que miña). O pai de Javier é o irmán da muller do meu primo carnal. Só lévoume 40 anos a saber quen era (je, je, je) Cando lle contei isto a meu pai non se sorprendeu porque como el di "alí todos sodes de familia".
Recordo de esconderme detrás da miña nai nunha das festas de Rececende e de quedar na porta cada vez que íba ver ás miñas amigas en Xudan polo vergonzosa que era daquela. De ir ás feiras de Meira e da Ponte e anoxarme cando vía xente collendo as pitas polos pés.
(Bernardeta cos seus pais)
Pontenova.es: ¿Sigues tendo vínculos cercanos con este municipio?, ¿Cales son?.
Teño tías, primos en Curras, Liñeiras, Lugo, Santalla, A Coruña, e Foz (e seguro que aún en mais sitios que quizás non conozca). De amistades teño en varios sitios de por ahí. Tamén teño a miña preciosa casiña que lle teño moito cariño.
Pontenova.es: ¿Cal foi a última vez que estuveche por aquí e cando tes pensado volver?.
A última vez foi en 2012. Teño que ir por ahí cada 2 ou 3 anos porque senón revento. A ver se podo ir pra 2014.
Pontenova.es: ¿Cando ves de vacacións en que acostumbras a entretenerte?
Cando estou por Xudan gústame moito estar fóra a respirar o aire tan maravilloso. Iso é o primeiro que fago cando vou...respirar moi fondo. Non o fago cando entro en España, senón cando chego ao meu querido pobo. Vou visitar a miña familia, os veciños, e as miñas amistades. Dende o 2010 agora intento coller polo menos un dos viaxes que fai Javier Acebras pra coñecer máis de Europa. Aínda que na miña vida estiven en bastantes sitios, nunca o paso tan ben como o paso neses viaxes. A xente trátame moi ben, son moi cariñosos e saben como pasalo ben. Ata fixen amistades novas neses viaxes. Tamén, teño que ir a Lugo a ver a catedral, ir a Meira a comer polbo e andar por Xudan.
Pontenova.es: ¿Cal é a túa profesión?
Son deseñadora grafica pra unha compañía onde deseñamos, imprimimos e facemos paxinas web. Habitualmente somos 4 no traballo pero hai uns outros 3 que traballan fóra da oficina.
Pontenova.es: ¿En que ciudad o ciudades viviche ó largo de todos estos anos?.
Cando entrei no militar, eles mandárome a Massachusetts, Inglaterra, Xapón, Maryland (cerca de onde traballa o presidente de EEUU) e Georgia. Tamen fun a Florida, Pennsylvania, Virginia, Las Vegas, Portugal, Francia (Lourdes), Madrid, Barcelona, Santiago de Compostela, e Jamaica (nun cruceiro) e quizás uns cantos mais.
Pontenova.es: ¿Cal é a túa visión de A Pontenova desde unha ciudad tan grande como Texas?
A comida, Deus, a comida tan asquerosa que temos aquí. O 85% da comida é comida que chamades ahí, comida de lixo e con mais química que un laboratorio. Por iso na páxina de pontenova.es en facebook sempre poño fotos de comida de ahí pra acordarme da boa pinta que ten a comida. Ahí cómese de maravilla. Ata sempre que vou perdo peso porque a comida é tan sa.  Teño unha paxina que de cando en vez compro pan de Lugo.
Eu traballo dende as 8:30 ata as 5:30. Habitualmente a xente vai comer por uns 30 minutos ou o máximo é unha hora. Eu quedo todo o día en frente do ordenador A ahora de comer teño un tenedor nunha man, e o rato do ordenador na outra.
Aquí todo é ir á présa e a xente quére todo agora. A xente solo camiña cando ten que ir coller o autobús ou cando é un mendigo pedindo.
Pontenova.es: Ó  igual que o resto de entrevistados, podrías contarnos algunha anécdota ou curiosidad relacionada cas túas vivencias en A Pontenova?.
Acórdome dun carnaval onde a miña nai me disfrazou dunha xitana. Tiña unha careta de coello, pinta labios pola cara, un pano na cabeza para esconder o meu pelo rubio, unha falda feita dunha sabana vella e un mantel de miña avoa. Fun as casas a pedir lambetadas como se fai aquí por carnaval, e os veciños de Xudan déronme un chourizo, unha pataca, un ovo e unhas pesetas. Como sorrio ao recordar isto. Moito dos veciños estaban a intentar quitarme o pano da cabeza para ver se era eu. Que tempos tan preciosos e quen me dera repetilos.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.