martes, 19 de marzo de 2013

A Pontenova: Recordos e Lembranzas


OS MEUS RECORDOS E LEMBRANZAS. Por Rafael Lombardero García (do Muradoiro)

Anos 1945 - 1965   
                                         
AXUNTAMENTOS  DA PONTE,  DE VILLAODRID E  A PONTENOVA (xa unificado)

Nota preliminar: Pídeme Santiago, fillo de Jaime de Coladas e de Conchita do Píldaro (amigos do meu tempo), algunha colaboración  sobre cousas e vivencias miñas personales da PONTENOVA. Noutra colaboración –“Entrevistas con morriña”-  xa sinalei algunhas. Agora, quero facer un repaso do que había nos anos cincuenta e do que gardo recordo. Pido disculpas sinceras ás personas ou familias que non cito por non saber nin recordar os seus nomes.

1.-COSTUMES: AS FEIRAS QUINCENAIS DE GANADOS.
Era moi esperado por todos, comerciantes y parroquianos, o “domingo da feira”. Era un acontecemento fundamental para  comarca, tanto no terreo comercial, como no familiar e social de encontro de coas amistades. A feira do ganado estaba marcada polas épocas do ano de compra e venta  de animales, especialmente dos ranchos-bacoriños; tamén a dos cochos da ceba no tempo das matazas. Era tamén importante a transación de ganado vacuno, ovino, cabalar e asnal. Había unas épocas de compra de plantas para hortalizas: coles, tomates, repolos, remolacha,….  Había outras compra-ventas que se facían nas casas: xatos-becerros, xamóns, ovos, trigo, maíz, patacas…  Era moi importante o encontro de familias e de amigos que non coincidiran facía tempo e que se xuntaban a comer nas varias casas de comidas e tabernas; e tamén, algunhos levaban o “compango”(carne, xamón ou chorizos..)  e nesa tenda mercaban o pan e o viño-gaseosa e así tiñan dereito a disponer dunha mesa e sillas ou bancos. Outros tiñamos a sorte de ter parentes por alí e estábamos invitados a comer con eles. Polas mañáns, eran os maiores –pais, abuelos, tíos- os que iban a feira a comprar ou vender; comían por alí ou volvían a comer a casa. Pola tarde, era para os xóvenes e solteiros; paseaban pola carretera, xogaban nos bares as cartas  e, en especial, había baile no salón de Gasolín –enriba do café-bar-,  con algún músico de acordeón- (o”Pelado de Laura”) ou algún grupo-conxunto pequeño e incluso orquesta (sobre todo, polos carnavales). Os maiores que xa volvían da feira e se encontraban cos  novos que iban pro baile ou ás mozas, decíanlles:”ides logo as “desfeitas” (supoño, referido as solteiras); no verán, suspendíase o baile porque comenzaban as festas nas parroquias, que daquela eran moitas, porque ademais eran días “santos” e había festas de San Juan, San Antonio, San Pedro… e no rural non se xunguían as vacas nin os carros nin se labraba nos campos.   Tamén había cine, enriba do café de Miguel; non sei si o había tódolos domingos; naqueles tempos facía furor “El último cuplé” de Sara Montiel; e no inverno na Radio Andorra, Antonio Molina, Antonio Machín, Pepe Blanco  e outros. Viñan autos de línea da Empresa Ribadeo, os de Bastián e de Louro de Riotorto, o tren da mina que facía viaxe de mañán e tarde; pero a maioría da xente tiña que vir andando ou a cabalo, porque non había casi carreteras ás aldeas.
O “domingo pequeno” tiña poca forza; había alguna xente que iba a vender ou a comprar a  feira de Meira, que tiña –e creo que ainda ten- unha gran feira por ser o centro dunha  comarca moi rica e gandeira. A xente maior aproveitaba pra facer labores menores nas casas; e os xóvenes tiñamos diversións e xogos tradicionales: bolos, billarda, tute, brisca….
2.-AS FEIRAS E FESTAS DE MAIO E OUTUBRE: Eran as grandes feiras e festas anuales –sobre todo as de outubre- con Orquestas de sona  (a Orquesta Lamas la Piña de Ferrol -si non recordo mal- trouxa meu tío Fernando do Mazo durante  cinco anos seguidos); había tamén a queima das “ruedas” e outras figuras pirotécnicas; algunhos anos, xincana motorística; Misa cantada, na Capilla da mina na Estación, pola orquesta Lamas La Piña co seu vocalista Santipar; tómbolas; diveros postos con mercadorías; e non faltaba casi nunca o teatro de  “Barriga verde”: que remataba dicindo. “moreu Barriga verde……e acabouse a peseta” (que debía ser o que costaba a entrada).
3.-AS FESTAS NAS PARROQUIAS: Había moitas, en tódolos  lugares e parroquias; eu fun   s algún ano a estas:  San  Xoan  en Figueirúa ( a casa Bermúdez), San Pedro en Dodrín (casa Jaime do Fidalgo), Carmen en Coba (de merenda), O Santo Anxo en Insua(casa do Novo), o San Francisco en Foxas, As Nieves en Villameá(casa Fermín e Remedios), A Virxen de Conforto(casa Germán e Maruxa, no “barracón”), O San Briz (de merenda); O San Pedro en de Riotorto(casa do Carrolo), San Juan en Rececende (casa Balseiro), a Romaxe do San Pedro Fiz (de merenda)…..
4.-FAMILIAS E“PERSONAXES” (que tratei, con especial recordo): en Foxas e Goyos: O Artillero –que nos contaba contos; recordo “o eco”, e seu primo o quinto de Coba (que lles quedou de nome  a súa “graduación” no exército). Francisco do mudo e Domingo do Patelo-especialistas en cantos “estilo asturiano” cando baixaban cos carros dos toxos. Jesús de Felipe-home grande e con moita forza. Pepe e Divina  de Arias -graciosos-animadores nas xuntanzas, esfollas, matanzas…;  Carmen de Regos dos Foxacos -cantora, estilo ”ópera”. O “tío Toño do Novo” de Insua (sempre que subía pra Insua paraba no Muradoiro e dábame unha peseta rubia, pra min un  tesouro). Luis de Perete-parsimonioso falando mentras liaba os cigarros; o conto acababa cando xa  lle daba o chisqueiro de mecha, tamén co seu ritual especial. Toño do Marino-gran trabalador e colaborador con meus pais. Luis da Ferreira-amigo da casa. Modesto de Sequeiro –familia moi cercana a meu pai. Máximo Trevín-compañeiro de pastoreo por Parada e As torrentas. Nieves do rei-compradora- vendedora a domicilio; os da Ferreira, os de Froilán.  Xusto do Pico, gran amigo –muiñeiro en Conforto. Germán (“o capador”) de Conforto (cando iba polo Muradoiro, naide tiña prisa, nin él nin meus país) e Maruxa-súa miller e miña prima-moi unida a sempre miña nai). Gonzalo Puente “ da Sargenta”. O Tinaino de Xudán-que traía para as casas pedras de fregar“pedramol”a granel. O “mudo” de Xinzo (ríase namáis, pero non quería falar; porque falar, sí que falaba). Sanmartín de Liñeiras-transportista. Flora da Portela-cociñeira a domicilio para festas , bodas, enterros.. O Cayoco-minusválido, que pedía á rastras nas feiras dos domingos na Ponte (logo encontreino tamén en Mondoñedo,  Villalba e Lugo). A Sra. Dorinda de Marcos de Villameá (daba comidas nos enterros, bodas, festas familiares).-  A lista de personas que quedaron no meu  fondo recordo son moitas máis, pero non quero cansar e ademáis cada unha ten “algo moi especial” para min e síntome feliz recordándoas.
5.-AUTORIDADES: D. Martín Puente-alcalde.  D. Pepe de Fermín-alcalde.  D. Jesús Alonso do Violo-alcalde entusiasta da unificación dos axuntamentos.  D. Enrique Fernández- alcalde, logo diputado e Director do Grupo Escolar.  D. Matías-secretario e súa muller Dª Engracia.  D. Primitivo-mestre e súa muller Julia. D. Segis-mestre.  D. Marcelino-mestre.  D. Enrique de Barciela-mestre.  Dª Ofelia-mestra e seu marido D. Eustaquio.  D. Pepe de Federico-empresario e banqueiro.  Jaime de Dodrín.  O Sr. Muiña municipal.  Os Gardas Civís Sr. Carreira e Sr. Leal. O Sr. Lagarón-veterinario.  Calvín-municipal.  ……
6.-MÉDICOS:  D. Gervasio Lamas, D. Sergio Méndez, D. Víctor Guzmán
7.-CURAS MAIORES: D. Benjamín de Villaodrid, D. Marcelino de Conforto, D. Justo de Villameá, D. Remigio de Riotorto, D. Ramón  de Villaboa, D. Manuel de Villaodrid, D. Antonio de Riotorto e logo da Pontenova, D. Luis de Conforto, D. Luis Villarino de Xudán e logo  de Villaboa, D. José Antonio de Orrea, D. Jesús Muinelo e D. Domingo Reija de San Esteban e Villaoruz, D. Vicente de Riotorto, D. Pastor da Muxueira, D. Hernán de Santa Marta, D. Eliseo de Gallo-coengo en Oviedo (visitábamos no verán e predicaba moi ben).
8.-A QUENES RECORDO: A.-No axuntamento da Ponte (antes da unificación):
Na CARRETERA XERAL:Familias e tendas de negocio: dirección a Ribadeo, no lado de riba:  Taller de Carpintería e familia de Flores; Os de Patricio-barbería; Dª Amparo e Elías da Farmacia; a carnicería do Catalán; os de Capellán e central telefónica; os de Ramallal coa tenda;  “Pín” da Pita-bon xugador de fútbol e a súa familia con tenda, comidas e estanco; o Sr. Gervasio e o seu camión Krupp; o dentista D. Pepe de Fermín; D.Eustaquio coa tenda e a política;  os de Lola de Colasito; os de Cabodevila coa ferretería;
Polo outro lado: “Pipín”-Agustín-zapateiro, logo traladouse ó lado dos de Muiña-radio;   os de Candelero e Ferretería  Villadonga;  Manuelín de Perfecto-sastrería e tenda-mercería;  D. Primitivo Cancio-maestro e Julia súa muller; Eladio Lastra do Auto O Rápido; O Caldeireiro con tenda e correo (que logo trasladou a Feira);  bar,comidas e dulcería de José Ramón do Mazo (os domingos); a carnicería de Pepa de Manuel de Lugo (xunto a ponte); e unha cárcel pequeniña ó lado da carnicería.
NA FEIRA: a Ferretería da Feira de “Pedro Factor”;  Alicia-costureira e muller de Pepe de Cabanas; a casa do Píldaro e carnicería;  a casa de comidas de Albino; a casa de Veiga cuchillería do Chino; a “Agraria” –despacho atendido por D. Marcelino-mestre;  a panadería de Capellán; o Ferreiro-mecánico Arango; a peluquería de Remedios –prima miña das Cruces;   o Sr. Muiña municipal-sempre uniformado e coa casiña pequeña, camín de Goios; o Latoneriro; a Casa de Dª María de  Regos da Feira; a tenda de Eugenio de Regos de Foxas –no baixo da casa de Regos;  a casa de comidas da Cayela; Manolín “mediometro”- zapatería (e taxi) e sua muller Nieves do mudo dos Foxacos e súa filla Fina-mestra (logo marcharon pro Pico).
Baixando da feira e seguindo na carretera xeral: (no lado de riba) a tenda de telas do Vispo (logo na casa de Trevín);  a barbería de Ernesto de Xigueiro (antes na outra acera); a tenda do Sr. Ventura –de xoguetes, variedades e… caixas de defuntos?; a tenda dos de Catalina; o Hotel Puente de Dª Irene e fillas; Antonio de Cosme o taxista; a sastrería da Sra. Encarnación do Boulloso; o garaxe do sr.Gasolín –él,  sen unha orella-  e o seu taxi e gasolineira; a zapatería  de Generosa e marido, os pais de D. Enrique-mestre; o taller de electricidade de Macón e Fermín Trabadelo de Villameá; (a tenda do Vispo, lasladada ó baixo de Trevín; e logo, farmacia de Rocha);  a casa de Trevín-Miranda; a carnicería de  Inocente e da súa muller de Solar; Suso de Lombardero, manco e fotógrafo; a tenda-bar de Teadoro; O  “café-bar de Cosme ou de Miguel” con Prudencio, Elena e Isabel, onde paraba o coche de línea da Empresa Ribadeo; Pepe de Cabanas e Raúl-o do cine coas suas artísticas carteleiras pintadas, e Elías do Queito de cobrador das  entradas na taquilla; Luis de Coladas e o Banco da Coruña; leitería e fábrica de queixos de Pepe de Federico; logo, había solares valeiros hasta a casa de Manolo do cameón coa fábrica de gaseosas, refrescos e sifóns; a  Estación de servicio-Gasoliñeira de Manolo do cameón e Mero de Gasolín,  taberna de San Briz, o Sr. Jesús Glz Gallo “Raño” do Reguengo –camiñeiro-  e a tenda de Josefa e Clara casada con  Arsenio do Patelo.
Polo lado dabaixo, na carreta xeral,  desde a ponte: a tenda e comidas de Casa Puente de Dª Irene (da “Sargenta”) –logo trasladada o centro e ampliada co Hotel Puente; a de Toño do muín –muiñeiro na Ponte do muiño de meu tío Fernando- e a súa muller Felicitas co bar “La Esquina”( e recordo tamén nun inverno o derrubamento, e a morte da sua filla,  da casa que construira  a saída da Ponte, fronte o desvío da nova ponte  a Taramundi e Villaodriz); o xastre Perillán e súa muller; a barbería de Ernesto de Xigueiro –logo millorada na outra acera;  o comercio dos albardeiros;  a casa dos de Federico;  a droguería da Sra. Josefina de Manuel de Lugo, muller de D. Segis; o café-bar de Gasolín con Suso e irmás; a casa dos de  Besugo-Mingón; Ferros Alonso  e materiales de construcción con Joseín, Encarnación súa muller e fillos  Isaac,  Suso (logo con almacén en Burela) e Juanjo; a casa de D. Gervasio –médico; a tenda e sastrería do Patelo; o taller de navallas douradas  “recuerdo” de Mediante; a tienda de Moirón;  Porfirio e Maruxa do Violo; Jaime de Dodrín con Nicasia e José María; o taller de Macón.      Recordo “in mente” algunas outras casas e familias da Pontenova de antes, pero non gardo os nomes… Disculpádeme.
B.-No que era o Axuntamento de Villaodrid: o almacén xeral de Pepe de Federico e irmás;  a Farmacia de Conchita Rocha;  a casa do Axuntamento de Villaodrid (logo consultorio médico e Instituto=casas hoxe desaparecidas, co arranxo das marxes  do río Eo); o Almacén de viños e xamós de Pepe do Maragato;  a casa de Allende; a de Veiguiña; o bar  de Eleuterio e a casa de comidas  La Cubana; Pepe de “Arruñada” co auto de viaxeiros  a Taramundi e a Veiga; a casa dos de Miguel; a Casa de Visita e Manolo-navalleiro; o Cuartel da Garda Civil; os gardas civís Sr. Carreira e Sr. Leal- marido de Inés (boa tecedora de jerséis e roupas); os de Valindarcas;  os de Pereiro; Ventura –zapateiro e aficionado ó fútbol.. do Celta?; os do Prazuelo; os do Queito;       No Mazo: a casa e tenda-almacén de María de Gallo; a casiña de Pilar do Queito; a panadería de José Ramón e Josefa; os muiños e central eléctrica de meu tío Fernando Rego, a casa de Amador, a casa de Adelina, a dos de Basanta....
Logo,  xa no desenrolo urbanístico (¿...1960….?) foron xurdindo novas edificacións, negocios e talleres: Nova Casa do Concello unificado A Pontenova (antes, Villaodrid-Puentenuevo);  a Fábrica de carrocetas  IPV; librería Eugenia e edificio de pisos; desde o Banco da Coruña e fábrica de queixos hasta a Casa de Manolo do Cameón eran camiños, penedos e hortas, co muín de Fernando do Mazo por riba no camíño hacia Goyos; surxiron os talleres mecánicos do Rubio, de Miranda, de Veiga, comercios, sastrerías (Veiga, Ernesto de Macón), carpinterías, reloxería García,  electricidad-radio Muiña, Pipín –zapatería, fábrica de queixos de Eustaquio, taller de motos Folgosa; taller  mecánnico de Macón; outros talleres; Igrexa Parroquial, farmacia, edificación de pisos familiares, restaurantes en San Briz, tanatorio, fábricas  no polígono industrial na chousa de Goios;  taller de carpintería no Reguengo; na curva de Barcia: Taller de mármoles, Taller mecánico de  Felipe Sampayo e fillos, Almacén Ferros Alonso…
Na calle a beira do río: Ríos-electricidade e comercio de electrodomésticos con Luis e Azucena;  José Antonio García Sequeiros-taller mecánico e ferreiro; a Xolda-dicoteca,  ….…

9.-“Monumentos”: (de valor sentimental e tamén histórico): a Capela e a fonte de San Briz, O cuartel da Garda Civil, a Capela da Mina, varias capelas rústicas nas aldeas:  a de San Francisco en Foxas,  a da Santa Apolonia, a Capela de Coba e outras moitas, os Fornos do Boulloso e da Estación,  o túnel na carretera a Villaodrid, a ponte de ferro do Pico; o Muiño de Fernando na Ponte, no Mazo e no Conforto; algunas  casas antiguas do centro da Ponte e da feira; mazos, ferrerías, cabozos, hórreos; o pozo da ola, o pozo de San Briz; a fervenza da Férrea; a ponte de madeira –temporal  e veraniega- do Pico (logo, nas inchentes  do inverno levaba todo a riada e…..a esperar hasta o verán seguinte; no verán pasábasse o río a pé por moitos sitios e tamén a cabalo no inverno; entre o almacén de Pepe de Federico na beira de Villaodrid e o lado dacó cerca da Carnicería de Pepa de Lugo–recórdame  miña prima Maruxa Rego do Mazo- tamén había para pasar o río unha lancha con lancheiro e un cable (no sitio donde se fixo pola Diputación a gran ponte de cemento ,que derrubaron fai poucos anos)a pero eu non recordo esa barca.
10.-Aserradoiros: de Marcos, da Pena da Cruz, de Regueiro….. Tamén había cuadrillas que iban polas casas, coas “serras de aire” (un home arriba e dous abaixo; por iso o de “o que serra dabaixo, caelle o serrín nos ollos” –dí o refrán-)
11.-“Curiosidades”: (que me chamaron a atención de neno):  o tren que chamaban “a chocolateira” e os seus silbidos mañán e tarde que oía desde o Muradoiro; o gran depósito da auga e o sistema de revirado da máquina para volvela cara a Ribadeo; a báscula da feira; o túnel na carreta a Villaodrid; a ponte de ferro do tren do Pico; os fornos do Boulloso e da Ponte; os salmós abundantes vistos desde a ponte da Diputación (desaparecida fai pouco); os moitos bocois grandes no Almacén de viños e xamóns de Pepe do Maragato;  as feiras quincenales na Ponte cos variados animales en  compra e venta (especialmente as niadas de ranchos-bacoriños);  a embotelladora de gaseosas de Manolo do cameón;  os muiños de trigo e maíz e o seu funcionamento e as turbinas da electricidade  de meu tío Fernando no Mazo; as mallas do verán en Foxas;  as variedades de cereixas e outras froitas nas aldeas; a fervenza da Ferrea no inverno, o despenadeiro e o “misterio” e soedade da naturaleza na Ferrea; o “invento” para caza da perdiz “en vivo” de meu tío José no Muradoiro; a ponte  de paso nas casas de Regos dos Foxacos; ver cómo facían os zoqueiros,  cesteiros e paragüeiros que viñan a traballar polas casas; verlle facer as navallas douradas “recuerdo” a Mediante; ver “calzar” os aros de ferro ó roxo vivo nas rodas dun carro; o medo a pasar a ponte de madeira frente o Pico; ….e outras moitas que para os pícaros de entonces e da aldea, érannos desconocidas.
12.-Sastrerías. Para homes: Perillán, Veiga, Ernesto de Macón e os do Patelo.                                          De mulleres: a da Sra. Encarnación do Boulloso-no baixo de Cosme-; a de Alicia da Feira, muller de Pepe de Cabanas…….
13.-Tratantes de ganado: os do Páxaro –pai e fillos, os do Píldaro-irmáns, Inocente da carnicería de Froilán, Lucas, Rois de Villameá, Fernando de Cabanas de Foxas, Germán de Conforto-e tamén albeite……
Remate: Queda aberto este “listado” para quen queira completalo e milloralo. Quedan tamén moitos detalles, personas, profesións, oficios, artesanos, tendas, nomes “populares”de casas e familias, costumes, platos culinarios típicos da zona e das nosas avoas e nais (…¿a quén non lle gustan os faragullos, con mel e con torrezmos…?).
É BON QUE RECORDEMOS E RECOLLAMOS A NOSA HISTORIA.
  E si chegástedes  lendo hasta aquí, quédovos sempre agradecido pola vosa paciencia.             

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.