jueves, 21 de marzo de 2013

5º Aniversario pontenova.es




Aló polo ano 2008, concretamente o 1 de marzo, inaugurábase www.pontenova.es ca seguinte entrada: http://www.pontenova.es/2008/03/nace-pontenovaes.html

Da man de Javier Acebrás nacía un blog sobre A Pontenova (a falta dunha páxina web actualizada do Concello) ca única pretensión de achegar as novas deste pobo e os seus alrededores a todos os veciños e xente en xeral, interesada no que aquí sucede. (¡¡¡Gracias Javi por tan brillante idea!!!)
Co paso dos meses esta iniciativa de Javier foi tendo unha gran acollida e alcanzando unha magnitud que nin él mismo imaxinou, incorporáronse ás labores de creación, diseño e redacción Carlos Lombardía e Bernardetta Taylor e hoxe en día pódese decir que son estas 3 personas os pilares básicos para que esta web siga en funcionamiento.

Entre outras das personas que habitualmente colaboran na confección de contenidos están Teodoro Lourido, Dani Moirón e Santi Coladas.

Aproveitando este 5º aniversario deixámosvos unha serie de datos da web para que vos fagades unha breve idea da gran familia que somos todos aqueles que formamos pontenova.es (colaboradores, visitantes, creadores, etc,...)

Temos datos oficiales desde o 19/10/2009 (1.247 días), e en todo este tempo o número total de visitas foi de 965.171 (775 visitas de media diaria) cun total de 1.673.888 páxinas vistas.

Xa van publicadas 5.504 entradas de multitud de temas diferentes con máis de 2.000 comentarios e opinións.

Nos  últimos 12 meses houbo un total de 196.200 visitas procedentes de:

-          93,3% desde España
-          1,5% desde EEUU
-          1,3% desde México
-          0,6% desde Bélgica
-          0,4% desde Reino Unido
-          0,3% desde Suiza
-          0,3% desde Francia
-          0,3% desde Argentina

O resto de visitas desde un total de 30 países, algúns tan lexanos como Guatemala, Cuba, Chile, Perú, China ou Honduras.

Desglosando máis pormenorizadamente, a web tuvo visitas desde casi 1.000 ciudades distintas en todos estos países:

-          Lugo e provincia: 33,6%
-          Madrid capital: 8,7%
-          A Coruña: 6%
-          Oviedo: 3,3%
-          Vigo: 2,6%
-          Gijón: 2,4%
-          Santiago de Compostela: 1,8%
-          Vegadeo: 1,8%
-          Pontevedra: 1,4%
-          Barcelona: 1,3%

Destacar que no último ano da web houbo visitas desde lugares tan remotos como Beverly Hills (E.E.U.U.) con 11 visitas, Ottawa (Canadá) con 33 visitas ou Beijing (China) con 51 visitas o que da unha idea da internacionalidade deste portal pontenovés.

O desexo de todos os que facemos esta web e que perdure moitos anos máis e que ca colaboración de todos sigamos tendo en pontenova.es un punto de encontro donde enterarnos de todo o relativo ó noso querido pobo e o seu municipio e donde todos poidamos opinar a aportar aquelo que consideremos oportuno.

Graciñas a todos polo voso seguimiento.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.