PLATAFORMA AFECTADOS PREFERENTES E SUBORDINADAS DA MARIÑA
Despois dos plenos celebrados nos concellos de Lourenzá, Ourol,
Xove, O Vicedo e A Pontenova a plataforma de afectados queremos
comunicar que a nosa moción foi aprobada por unanimidade de toda a
corporación e cumprindo así co solicitado e reclamado polos afectados da
plataforma, soamente nos concellos de Xove e A Pontenova.
http://www.cronica3.com/
http://www.cronica3.com/
Agradecemos tamén que nestes dous concellos respectasen a iniciativa
da plataforma e sobre todo o texto feito e elaborado por nós sen ser
modificado nin emendado como era o desexo da plataforma, e tamén que
esta moción fose presentada como proposta de alcaldía e no noso nome,non
no de ningún partido político como así o expresamos dende un primeiro
momento que era a nosa intención.
Queremos destacar que no concello de Ourol nin tan sequera a levaron a
pleno, dende a plataforma intentamos falar co rexedor para coñecer os
motivos desa decisión, pero foinos imposible poder contactar con él nin
co tenente de alcalde despois de intentalo varias veces sen éxito.
No concello do Vicedo tampouco foi levada a pleno, falamos co rexedor
e a explicación que nos deu foi, que como saíra ese pacto PP/PSOE para
darlle unha solución ao problema, que cría que a nosa moción xa non era
necesaria, comunicámoslle que ese pacto non era a solución a o problema e
que co tempo se demostraría que estábamos no certo, comentado isto,
quedou en levala no seguinte pleno sempre e cando non se solucionase o
problema co famoso acordo destas últimas semanas levado a cabo polo PP e
o PSOE en Madrid.
Por outro banda, no concello de Lourenzá a nosa moción foi aprobada
por tres votos dos partidos da oposición (2 votos PSOE, 1 voto BNG), o
Partido Popular abstívose por non estar de acordo en algúns puntos, un
deles por exemplo no que pedimos que se derrogue o decreto no cal se
aplica a quita, a verdade e que e que nos consta entender que non
estivesen de acordo nese punto, xa que existe unha moción do Partido
Popular na que piden nun dos puntos o seguinte:
“2º.- Instar ao FROB, ao Banco de España, ao Ministerio de Economía e
á Comisión Europea a que os tenedores de Participacións Preferentes e
Obrigas Subordinadas de NCG Banco non teñan que sufrir quitas, e de ter
que soportar quitas, que sexa na menor contía posible e que os canxes
poidan ser obxecto da súa realización líquida inmediata.”
Como se entende que pidan que non se aplique a quita e non queiran
que se derrogue o decreto que a regula e obriga a aplicala? Dende logo
que nos parece totalmente incoherente.
A falta de celebrarse os plenos nos concellos de Trabada e Barreiros,
dende a plataforma facemos unha valoración positiva desta iniciativa,
de dezaseis concellos que compoñen a comarca da Mariña, a nosa moción
foi aprobada por unanimidade de toda a corporación en 10 destes
concellos (Xove, Viveiro, Cervo, Ribadeo, Burela, Foz, A Pontenova,
Alfoz, O Valadouro e Riotorto) , aprobada soamente pola oposición en un
(Lourenzá), non foi presentada en dous (Ourol e O Vicedo) e nun (Burela)
non foi tratada como nós pedíamos.
VOLVER A PONTENOVA.ES