martes, 19 de febrero de 2013

Entrevistas con morriña: José Corredoira Conde

Entrevista realizada por Santiago Coladas

(José Corredoira é o home que ten o sombreiro na man)

Hoxe entrevistamos a José Corredoira Conde (Villaeimil, 1.939), un Abogado e Administrador de Fincas que reside desde fai moitísimos anos na cidade da Coruña.

Pontenova.es: ¿En que lugar concreto do noso municipio naciche/viviche e como lle chamaban á casa de teus pais?

Nacín en A Casanova de Vilaeimil, na casa do Ferreiro, que era a casa materna, pero por meu pai son da casa do Campo, de Bogo que a xente recorda polo meu avó Laureano. De
feito miña irmá naceu en Bogo. Meu padriño era da casa De Vale.



Pontenova.es: ¿A partir de que edad te marchache da vila e para donde?,¿Cales foron os motivos?.

Marchei arredor dos catro años, hacia Coruña, con miña nai, Concha, meu pai José María, e miña irmá Cristina.  O motivo supoño, foi que o meu pai que era militar, o destinaron a Coruña.

Pontenova.es: A que escola fuche e quenes eran algún dos compañeiros da túa edad?

Na Pontenova non fun a escola, e o chegar a Coruña fun o colexio Castilla e os doce anos pasei o instituto masculino.

Pontenova.es: ¿Cales foron os principais lugares donde viviche durante todos estos anos? e ¿Dónde resides na actualidad?.

Vivín  sempre na Coruña, menos os anos de estudiante que pasei na universidad en Santiago. Tamén fixen fai cuarenta anos unha casa de campo en Sada, a poucos kilómetros da Coruña onde sempre fixen vida, xa que miña irmá ten frente á nosa tamen unha casa. Dando un gran salto no tempo, decir que  caseime na Coruña, cunha muller maestra, nacida no concello das Somozas, cerca de Ferrol, ca que tiven dous fillos, José Enrique e María, os dous universitarios, que me fixeron abuelo, e na actualidade sigo vivindo na Coruña.


Pontenova.es: ¿A qué te dedicas profesionalmente?.

Actualmente estou xubilado da miña profesión de abogado. Traballei sempre no meu despacho como abogado e administrador de fincas dende que acabei a carreira e fixen as prácticas. Na actualidade, tanto meu fillo, como meu sobriño seguen a profesión.

Pontenova.es: ¿Cales son os recordos que máis se che veñen á cabeza da túa xuventude na Pontenova?.

O meu primeiro recordo dos meus anos na Pontenova son os camiños da man do meu avó materno José Conde, cando aínda eu non tiña seguridad no andar, recórdoo   como unha persoa maior, se ben non son capaz de poñerlle cara. Era procedente da casa  do Conde de Fontangordo, casa  que penso que xa non existe,  e casouse con miña abuela materna Rosa Méndez nacida en Vilaeimil.
Pouco despois deste recordo, venme á cabeza outro no que me vexo camiñando hacia A Pontenova enriba  dun burro, e acompañado de miña nai e outras persoas maiores que non coñezo pero que supoño que unha delas era miña tía Encarnación. Desa  vez      recordo estar chorando no regazo de miña nai porque caera da montura nun  lugar que chamaban “ O Cabrón” . Ibamos ó médico porque tiña un  escrófula  no cuello  que me     pinchou o médico cunha agulla da que me quedaron recordos ainda a día de hoxe. Por aqueles días  ainda non había carretera, e subíase  por un desfiladeiro  que aun se conserva  en Xinzo pegado ó Eo. A volta parábase nun daqueles negocios que se estilaban  entonces de ultramarinos e taberna, e  compraronme un paquete de galletas, e penso que foi a primeira vez que probei galletas.
Os vraos pasábaos na casa de miña tía Encarnación en A Casanova, e teño       recordos das mallas no veran, en donde xuntábanse os veciños  de diferentes    casas e facían a malla, e  o final dela, había una comida extraordinaria para todos eles.
Tamén recordo  a miña tía Encarnación que se quedou viuda moi nova con tres fillos pequenos, que sacou adiante ela sola pasando moitas calamidades; cociñaba nunha lareira no chan da estancia da cociña que á vez era comedor, e facía unhas patatas fritas tipo patatas panaderas con azafrán, que eran unha delicia. Miña outra tía materna, que llle chamaban  “Mamita” vivía en Villaeimil, era una muller moi cariñosa, e sempre que íbamos alí,  á casa de Vermuxo, sempre tiña algo para nos,ou ben peras, que cociñaba non sei de que manera, ou outros dulces.
Recordo con meu primo Pepe ir a pescar ó  Eo, e volvíamos nunhas varas insertadas     un     montón de troitas que naquel momento    había  en            abundancia.


Pontenova.es: ¿Sigues vindo habitualmente pola Pontenova en vacacións, Navidad,etc…?, ¿Cando ves en que sueles entretenerte?.

. Conservo en San Pedro de Bogo unha casa conocida como casa Do Campo, que heredei xunto miña irmá na entrada do pueblo e que conserva miña filla María, e mais meu sobriño Fernando, xunto a miña irmá  Cristina. Éme moi grato acudir á  Festa do San Pedro que celebran en Xulio, e organizaa unha rapaza joven emprendedora do Machuco “Montse da Casa do Fidalgo”, así que si podo vou tódolos anos, tres ou catro veces ó ano, á casa que era do meu pai, para revisar como esta a casa, ou dedícome a pasear polo pueblo, ou ir o día da festa. En concreto se vou e tamén porque a meu neto Martín encántalle ir a San Pedro xa dende pequeniño, cando íamos visitar o meu primo Paco da Casanova,  e meterse cos animais, e ir velas fincas.


Pontenova.es: ¿Continúas tendo vínculos dalgún tipo na vila (familiares, amistades,etc,…)?.

Continúo tendo contacto cos fillos dos meus primos Paco e Josefa de A Casanova, e vexo a veciños de toda a vida en misas de cando en vez.

Pontenova.es: ¿Estás enterado da actualidade do concello a nivel social, político,deportivo,…? e ¿Conocías a nosa páxina web?.

Non uso a informática habitualmente, pero miña filla María, sí o fai, e vaime contando o que pasa,


Pontenova.es: Como lle facemos a todos os entrevistados, queríamos que nesta última pregunta nos contases alguna anécdota ou curiosidad que che sucederá na túa vida relacionada ca Pontenova?.

Ós catro anos aproximadamente viaxei a Coruña nun autobús a gasógeno, que tiña detrás un depósito ó que lle botaban carbón vexetal nas paradas, o cal levaba incluso personas enriba.. Este autobús que pasaba por Ribadeo chegaba  ata Lugo, onde tomábamos o tren que nos trouxo ata  Coruña.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.