domingo, 20 de enero de 2013

Entrevistas con morriña: Carlos Meilán.


Entrevista realizada por Santiago Coladas
Voltamos cunha entrevista a un rapaz que aínda sendo moi xoven, xa leva por fora 20 anos, tempo suficiente para ter cousas interesantes que contarnos: CARLOS MEILÁN.
Pontenova.es: ¿Como lle chaman e donde está á casa donde naciche e quenes son teus pais?.
A casa donde nacín esta situada na Pontenova, na calle José Antonio ou tamén coñecida como A Feira. Como a casa foi feita por meu abuelo a casa chamábase “Casa do Loureiro”, procedendo este de donde estaba situada a anterior casa O Loureiro en Villamea.  Meus pais son Suso Meilan que sempre se dedicou a mecánica desde que era rapaz e miña mai Maruja que tuvo unha tenda de roupa a altura donde esta agora a parada de taxis.
Pontenova.es: ¿Cantos anos tiñas cando márchache definitivamente da Pontenova e cales foron os motivos? 
Tiña 21 anos e emprendín o viaxe o dous de setembro de 1993 con destino a Baeza na provincia de Jaen donde esta situada a academia de formación de Guardia Civil. Os motivos pois supoño que como os da malloria, intentar labrarme un futuro, o que pasa e que os planes iniciais que tiña daquela eran estar traballando no menor tempo posible por cerca da Pontenova e xa logo van 20 anos fora.
Pontenova.es: ¿En que cidades residiche durante todos estos anos e en cal estás asentado na actualidad?
Estiven residindo en Güimar Santa Cruz De Tenerife durante un ano, primer ano fora da casa recordando todo, a familia, os amigos, a comida de mama, pero moi bos recordos,  fixen amigos cos que non deixei de ter contacto, sendo un deles o meu amigo Anxo o actual padriño do meu pícaro. De repente pasei a vivir non sitio de moi bo clima, moito turismo e o que eso implica, cousas que con esa idade se aproveitan o maximo,
Despois en San Andreu De La Barca en Barcelona durante case catro anos, alí puide coñecer toda a cidade de Barcelona e moitas zonas de Cataluña, sendo tamén moi asiduas as nosas visitas a Andorra donde teño comprado unhos poucos equipos de musica pos amigos de A Pontenova.
De Cataluña a Navarra a un pueblo  chamado Lekumberri situado na serra de Aralar entre Pamplona e San Sebastian e tamén en Mugaire este ultimo sito mais hacia os Pirineos. De aquí non podo falarvos moito da xente xa que debido a miña profesión a xente tampouco falaba moito comigo.
Agora e desde Xaneiro do ano 2002 estou outra vez en Tenerife esta vez no pobo de Granadilla De Abona que se encontra no sur da isla, sendo este o lugar donde me caso con unha boa moza que como non é de A Pontenova tamén e teño un fillo, o primeiro canario na familia que eu sepa. O volver a Canarias foi unha decisión que sabia que podia implicar non volver a terra nunha larga temporada todo dependendo como se adaptara a muller pois eu xa a coñecía moita xente no lugar e polo que podedes ver si que se adaptou, montou o seu propio negocio e despois de empezar de cero conseguiu que funcionara, así que o final como dice o dito un non e donde nace si non donde pace.
Facer un apunte, xa sei que o que ben a Isla de vacacións non ven a vernos pero tirarlle a puntilla a algún amíguete que estivo aquí e non chamou, sempre e de agradecer unha chamada. 

Pontenova.es: ¿Cal é a túa profesión?.
 A miña profesión en Garda Civil, neste ultimo destino na especialidade de investigación de accidentes coñecida como atestados, e nestes momentos mais ben en labores de oficina.
Pontenova.es: ¿Qué recordos tes máis frescos da túa xuventude na Pontenova? 
Recordo cando eramos pequenos que xogabamos por toda a Feira, non tardamos en crear as primeiras "zorras", vamos, catro tablas e tres ou catro rodamientos e a correr hasta que deixamos todas as aceras brancas, Tamén tivemos unha boa temporada de intentar facer cabanas de madeira nos pinos, todo iba ben mentres non lle dera de facer aire que entón tiñamos que tar dándolle o martelo continuamente. Daquela non tiñamos videoxogos, nin movil, o mais avanzado o radiocasete de dobre platina, pero si que recordo o Bar Asturias donde pasabamos moito tempo xogando o futbolin.
Tamén fomos aventureiros e moitas veces temerarios cando nos deu por explorar galerias das antigas minas. Un día ocurriusenos descolgar a Ramon  Otero por un furado dunha galeria con un arnes feito de cinturos de coche e foinos mal a sacalo pero tampouco era cousa de pedir axuda porque ibamos oir catro.Entre outras moitas, tamén se nos ocurrio a curiosidade de medir a profundidade dos pozos do rio Eo, aquilo parecía un estudio hidrográfico en toda regla..
Xa sendo de mais edad empezamos a dedicarlle parte do tempo o mundo do motor, coches e motos que compartiamos a malloria dos amigos. Moitas saidas en moto os Domingos pola mariña naquela Derbi que ainda esta polo garaxe da casa. Entre todas mencionar cando o meu amigo Moncho Chapas e eu arrancamos a facer as Asturias e chegamos a Luarca, menos mal que non o animei porque el quería chegar hasta Oviedo, non sei que monumento taba interesado en ver.
Pontenova.es: ¿Volves con frecuencia pola terra que te viu nacer? e ¿Cando ves en que acostumbras a pasar o tempo?.
Como dicilo, vou todo o que podo que non e todo o que quero xa que dependo do avión e necesitase moita mais previsión a hora de iniciar unha viaxe, de mínimo sempre procuramos ir unha vez o ano.
O que acostumbro a facer vai cambiando cos anos, gracias a Dios. Antes e como debe ser na xuventude pois gozar cos amigos todo o que se podia.
A cousa agora mais tranquila, bueno sempre que non aparezca meu primo e meu irmanxuntos ou algún amigo co cal che apetece pasar un rato agradable recordando anecdotas da xuventude. Pero o que mais me gusta agora e ver o meu fillo xogando por donde eu o fixen cando era cativo e ver como disfrutan os abuelos con el e viceversa.
Pontenova.es: Vivindo nas Islas Canarias, ¿Qué é aquelo que máis botas de menos do Norte e en especial de Galicia e porqué?.
Pois votase de menos sobre todo a familia pois os anos non deixan de pasar e distancia non che deixa disfrutar deles todo o que un desexa. Recordo o mal que o teño pasado cando deixaba a miña afillada chorando na parada de tren en Lugo dicíndome padriño non te marches.
Tamen as costumbres, todos os amigos que deixas e cos que o tempo fai que vallas perdendo o contacto e como non a calquera comida das que teis a sorte de poder degustar cada día os que seguides vivindo na nosa terra ou na zona norte.

Pontenova.es: Cando sentes morriña que é aquelo que fas para calmar o “mono” de Galicia?
Algunha vez fun o día de Santiago a algunha festa que organizan sociedades Galegas, despois e raro que non fale casa todos os fines de semana con meus pais ou chamar a miña afillada ou irmán. Como anécdota contar que cas novas tecnoloxías algunha vez xa me teño dado unhos paseíños pola ponte co google maps.
Pontenova.es: ¿Gustaríache nun futuro volver a vivir na Pontenova (xa de xubilado por exemplo) ou xa te consideras Canario de adopción?.
No, Canario ainda non me considero del todo pero si nunha gran parte. De todas formas e vendo que seguramente siga en Tenerife por muitos anos eso non quita que o meu pensamento e seguir mantendo contacto co concello, e facer como fan os estranxeiros que viven nas Illas que veñen a Canarias na temporada que inverno do seu pais.
Pontenova.es: ¿Sigues a actualidade do pobo habitualmente? e ¿Conocías a nosa páxina web?, ¿Qué che parece?.
Si que a coñecia, non che vou decir que a visite a diario pero si de vez en cando, e supoño que todos os que tamos fora do pobo nos gusta irnos enterando de cousa que van ocurrindo polo concello. 
Pontenova.es: Como ben sabes, a última pregunta sempre é a mesma para todos os entrevistados, ¿Poderíasnos contar algunha anécdota que che ocurrise que teña algo que ver ca Pontenova? 
Levo días pensando en anécdotas curiosas ou pequenas travesuras, e a verdade e que moitas delas non valen pa contar, pero estas que vou poñer supoño que si, ¿ou no?.
A min gustábame moito ir o monte a xogar e desde que me levara meu pai por primeira vez as cataratas do Niagara, ser eran as de Férrea, pero cando eu as vin en pleno inverno e baixando augua en abundancia a ilusión que me fixo foi como si foran as mellores do mundo. Xa unha vez que taban descubertas e sendo xa algo de mais idade, algún que outro pícaro quería que o levaramos a ensinalas, e sempre soliamos acceder digo soliamos porque estes quites gustábanlle moito o me querido amigo Alfonso Coladas, porque aínda que esistia un camiño pa facer esta viaxe procurabamos que ninguén o vira hasta que fixeramos o camiño de volta polo cal tiñamos que subir todo o tempo polo rego arriba, nin que dicir ten as botas non chegaban a nada e algún pouco menos que lle chegou a augua a cabeza, eso si nunca deixamos a naide polo camiño e sempre os trouxemos sanos e salvos pa casa. Sanos, ese día porque de algún catarro se nos podía responsabilizar.
Outra moi boa foi a excursión de Ramón Otero, José Otero e eu, e a escapada sin entrar en mais detalles de Alfonso que fixemos a Fraga de Reigadas sendo xa algo mais mozos. Inicialmente fora todo marchaba ben pero o ser a primeira non calculamos ben as provisións quedándonos na comida que solo durou un día e medio, e largos na beberola que levabamos pa quince. Podiamos decir que en vez de excursión xa empezabamos mais a decantarnos polo botellon. O caso e que con un frío que pelaba en plena Fraga o segundo ou terceiro día foi supendida a excursión porque as resacas non nos sacaban a fame e xa logo roiamos as pedras.
Vou contar a ultima, porque pa seguir tería que pedir permiso ou non volver A Pontenova xa que nestes menesteres non suele haber un solo participe.
Un bo día nunha tardiña de verán estando todos os mozos e mozas da Ponte e moitos que naquela época viñan de vacacións a alguén se lle ocurriu ir visitar unha casa abandonada que había nas Cruces, non sei pero podía ser ca finalidade de practicar espiritismo. Pois ben nesta parte e como os malos de película neste caso entramos o meu amigo José Otero e eu que se nos ocurriu ir ou pouco antes pa atar unhos cuantos fíos as contras e portas, unhas sabanas que se movían solas e como non nosoutros escondidos nas cuadras pa poder facer algo de ruído. Aquí volve a entrar o meu querido Alfonso (tas en todas) que era como dicilo o guía turístico pa entendernos. Pois xa vindo polo camiño a primeira e ultima excursión que organizamos pa estes menesteres situámonos dentro da casa e esperar, e unha vez que chegaron e subiron a planta alta pois empezamos a facer que habiamos preparado funcionara empezando a tirar dos fíos pechando as contras e empezando a petar un pouco por debaixo de donde eles camiñaban, todos empezaron a gritar hasta o complice que viu a cousa negra dixo saír pa que vexan que e unha broma. Pois non solo non saímos si non que a min encima ocurriuseme desafortunadamente agarrar unha perna por o furado da escaleira, creo que a pobre Susana (sobriña de Primitivo Cancio),aínda non mo perdoou hoxe. Solo dicir que cando nos viron xa de regreso pa casa que xa se descubrira todo, tivemos que acelerar a moto o que daba porque nos querían tirar a pedradas e eso que esto fora concibido coma unha broma pero fóísenos das mans.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.