sábado, 22 de diciembre de 2012

Entrevistas con morriña: Marixefa García.

Entrevista realizada por Santiago Coladas-G. García

Nesta nova entrega de entrevistas, hoxe tócalle a primeira muller: María Josefa Amalia García Rodríguez (A Pontenova, 1943), profesora de Literatura e residente en Madrid, filla de Segismundo García e Josefiña Rodríguez.

Marixefa: Debería decir antes que nada que, aínda pretendendo respetar a norma xeral do Galego, preferín darvos  as respostas no rexistro popular local que aprendín e usei sempre para falar cos meus pais, irmaos e resto da miña familia, amigos  e veciños da Ponte. Aquel galego nado do corazón que oín brotar da boca da miña abuela Pepa de Manuel de Lugo, conselleira e compaña dos meus primeiros pasos na vida,  e dos meus máis achegados. Este rexistro, en ocasiós, e mui vacilante, como se pode ver máis adiante, porque, entre outras razós, non concluín os meus estudos en Galicia, nin tuven a sorte de exercer aquí a miña profesión.

Pontenova.es: ¿En que pobo concreto do concello naciche e como lle chaman á casa da túa familia?.

Nacín na Pontenova, na casa dos meus avós e dos meus pais, conocida como a Droguería, ou ben como a casa de Manuel de Lugo, o meu abuelo materno. A casa nadal familiar do meu pai foi a de Capellán.


Pontenova.es: ¿A que escola fuche de tantas que había antes no noso municipio?, ¿Recordas quenes foron os teus maestros e algúns dos compañeiros da túa “quinta”?.

Fun a Escola de Goios, co meu pai, que era o mestre titular, exemplar para min tanto no orden persoal como na profesional. Estudei con él, que me preparou hasta 2º de Bacharelato.
Lembro dunha maneira moi sinalada a subida da costa de Goios co meu pai, meu irmao Manolo e a miña prima Conchita  camiño da escola. Entre os compañeiros que recordo, todos na miña memoria, destaco a Elías e Gabriel de Ramallal, Paquín de Vale, a sua irmá; a Arcadia, Suso e Pepe de   Modesto e Luís, Amparín, Froilán, Paulino, etc., etc. Tamén recordo a Pepe de Aurelia, a Conchita, a Antonio, Aurorita de Gasolín; a José Mari, Rubén, Rosarito e María Dolores; a Marinita e Juan Carlos, meus veciños.

Pontenova.es: ¿Cantos anos tiñas cando marchache definitivamente da Pontenova e cales foron os motivos?

"Definitivamente"  e "marchar" son verbas que  non quero usar: Sempre volvo. Necesito sentir o rumor do río; contemplar as penas do Castelo; necesito mirar o laranxo que plantou meu abuelo Manuel na horta da casa vella. Ahora ben, o día que mudei de casa foi despois de casarme para instalarme en Madrid, donde aínda vivo.
A primeira vez que salín da Ponte tiña once anos. Mandáronme a estudar  para prepararme o mellor posible  para o camín da vida. Unha vez terminado o ensino primario, marchei a seguir estudos interna no colexio das Josefinas de Lugo. Terminados os primeiros cursos, fun para o colexio das Teresianas de León, donde cursei o resto do Bacharelato e Preuniversitario; a continuación, cursei os estudos comunes de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Concluídos estos matriculeime na Universidade Complutense de Madrid, donde cursei  na sua Facultade correspondente a especialidade de Filoloxía Románica e os posgrados de Investigación e Didáctica.


Pontenova.es: ¿En que cidades residiche durante todos estos anos e en cal estás asentado na actualidad?

Do devandito dedúcese: Lugo, León, Santiago de Compostela e Madrid. Nesta última formei, con moita ilusión, unha familia da que me sinto orgullosa, que penso que non merezo e donde desempeño, coa maior entrega que podo, a miña profesión.

Pontenova.es: ¿Cal é a túa profesión?.

Son profesora de Lingua Española e Literatura. Dediqueime a esta actividade do ensino nada máis acabar a carreira. Na actualidade teño o honor de dirixir, desde fai vintecatro anos, un prestixioso instituto de Madrid, o San Isidoro de Sevilla, sito na ciudad universitaria da Complutense.

Pontenova.es: ¿Qué recordos tes máis frescos da túa xuventude na Pontenova? 

Son tantos en tan densos que cómo elexir...Pero, por dereito, os familiares. Aquelas festas do Nadal  e do Entroiro na casa de Capellán coa familia ao completo. Lembro  o aroma do pan recen feito na panadería do meu tío Jesús. Os vermús dos domingos, en familia, que tomaba co meu pai e co meu tío Matías no café de Gasolín ou no de Miguel. E a miña boda con Esteban na parroquia da Pontenova naquela tarde nevada de un día alonxado de Nadal. Tamén a primeira vez que puxen a cada un dos meus tres fillos en contacto coa terra que me vera nacer a min.
En canto a amistades, desde nena foron moitas e variadas; pero unha lembranza muy antiga e a de aquel obradoiro de costura para muñecas que formábamos na casa de Regos, Marita, Teresita i eu baixo a sabia e atenta mirada e consello de doña María. Lembro tamén a visita de aquelas amigas miñas francesas, Marie Antoinete y Odile, que por aquelas datas, fora casi un acontecemento.  Cómo  esquecer os baños nos pozos de San Briz e da Ola, no noso "pai" Eo. O Catecismo na parroquia de Vilameá , donde daba a doctrina o crego don Xusto. Aquelas noites meigas das fogueiras de San Xoan...Si os grilos do campo de Muruais, que nosoutros andábamos a coller de pícaros, poideran falar, narrarían millor os pequenos feitos, grandes daquela para nos, que iban construindo a nosa intrahistoria. Aquelas festas, con merenda, no campo de Saldoira ou na capela de San Briz. As escapadas, no Rápido, a Praia dos Castros.
Por ter estado interna durante a maior parte da miña infancia e adolescencia, padecín de moita morriña do pobo e das suas xentes. Detalles que destaco en este  botar de menos: o rumor suave do río nas noites desde a miña cama; o pitido do tren da mina polas mañás.  A contemplación das penas do castelo no monte da Mina. Añoro as tertulias xuveniles cos meus primos e coas tías na casa de Capellán.  A presencia cariñosa, serena e firme da miña nai...a bulla,  as risas e as preocupaciós dos meus irmaos nos anos mozos...


Pontenova.es: ¿Volves con frecuencia pola terra que te viu nacer? e ¿Cando ves en que acostumbras a pasar o tempo?.

Antes eran mais frecuentes e persistentes as voltas, cando vivían pais e tíos e os pícaros eran máis novos. Ahora menos, pero para min e sagrado o retorno a casa, al menos duas veces o ano. Teño necesidade de rencontrarme coas miñas raices. Sinto a saudade de familia e veciños e intento saciala como podo.


Pontenova.es: ¿Continúas tendo vínculos dalgún tipo na zona?, ¿Cales?.

Por suposto que me sinto vinculada, aínda hoxe, a todo o que supuxo unha parcela ineludible da  miña vida. E para min tan esencial que sempre volvo, a pesar de que apena moito as faltas que notas na familia e nos amigos. Pero procuro cultivar mellor os que van quedando.

Pontenova.es: ¿Qué foi aquelo que baixo o teu punto de vista cambiou máis na Pontenova (para ben ou para mal) desde os teus anos mozos ata o día de hoxe?

Para mal, a xente xoven que se ve precisada a marchar do pobo para mellorar vida. A falta que se nota no soporte e ampliación da industria do comercio e do sistema de saúde. Apertura de novos camiños para dar resposta as novas necesidades...E para ben, a melloría que se nota nas infraestructuras básicas : fornos, pontes, encauzamento do Eo, urbanismo, parques, etc.


Pontenova.es: ¿Sigues a actualidade do pobo habitualmente? e ¿Conocías a nosa páxina web?, ¿Qué che parece?. 

Sigo as secciós rexionales dos grandes periódicos da nación e, desde logo, a páxina Web que con tanto mérito mantedes; e unha verdadeira delicia consultala e repasar as novas e  fotografías de todo tipo que acercades a xente que vivimos alonxados. A mais de agradecervola temos que pedirvos que a manteñades e  a enriquezcais. E un medio de comunicación impagable.

Pontenova.es: Vivindo na capital de España, ¿Qué é aquelo que máis botas de menos do Norte e en especial de Galicia e porqué?.

A familia, sin dudalo; a paisaxe, as persoas, as cousiñas... Chegar e non ver a os meus, a miña mai na tenda, os meus tíos, a tantos amigos que xa faltan, de entrada e moi duro. Botas de menos o percorrer do río, o verdor do campo e hasta a cercanía do mar. As néboas e as chuvas. Todo.

Pontenova.es: Xa por último, a nosa última pregunta habitual nesta sección, ¿Poderíasnos contar algunha anécdota que che ocurrise que teña algo que ver ca Pontenova? 

Tal como anécdotas non sinalaría ningunha relevante. Xa vos contei anteriormente as miñas vivencias, miñas humildes pero vivas lembranzas polo que  debo rendirvos agradecemento por permitirme facelo nesta páxina que admiro e respeto. Moitas grazas e ata sempre.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.