jueves, 6 de diciembre de 2012

IX - Entrevistas con morriña: Eugenio Nuñez.

Entrevista realizada por Santiago Coladas-Guzmán García.

Nesta ocasión entrevistamos ó noso vecín EUGENIO NUÑEZ RÍOS, afincado na actualidad en Pamplona.

EN QUE POBO NACICHE E CAL É O NOME PO-LO QUE SE CONOCE A TUA CASA?
Eu nacín en Foxas, no barrio dos Foxacos, quince días despois de comenzar a guerra civil do 36. Cando chegaron as forzas franquistas  a tomar a Pontenova,  miña nai con  moitos máis veciños escapou conmigo no colo camín da Fraga. En Foxas a casa foi sempre a de REGOS.
No ano 1903 meu avó, Francisco Ríos, comprou as casas , terras e prados, non sei a quen ( eu cheguei a ler a Escritura), e veuse de Villouruz  a vivir a FOXAS.  O apellido RIOS acabou sendo REGOS, mais dacordo coa lingua do país. Según me contaba miña nai, RIOS antes fora RIEGO,  máis co fracaso do Levantamiento do General Riego de  1820, tal apellido borrouse do nomenclator fernandino.  Así que, quedámonos con RIOS, sin remedio... ...¡¡ Síntome asoballado, xa antes de nacer, pola intransixencia e o totalitarismo!!.

 
A  QUE  ESCOLA FUCHES?. RECORDAS OS TEUS MESTRES E ALGUN COMPAÑEIRO DA TUA "QUINTA"?.
Escolas fun a dúas, a de Foxas e a da Picota de Villameá.  A primeira maestra foi unha señora co a que rezábamos o rosario toda-las tardes. Aprendín a leer  e a escribir. Recordo de ver na libreta  de miña irmá, donde poñía a fecha do día,  o engadido "primer año triunfal".  Eso quere decir que era 1940. Eu tiña catro anos e  pareceme estar vendo a libreta de Avelina, que tiña quince.
O curso 1944 foi nomeado mestre de Foxas don PRIMITIVO CANCIO MURUAIS, despois de cumplir o seu" destierro" pola serra de Meira. Da súa estadía poido decir moitas e boas cousas, inda que máis dunha vez funcionara a palmeta,  sempre ben merecida. Cantábamos o "cara al sol" o rematar a clase. Máis dun engadía, despois de berrar ESPAÑA UNA, ESP.  GRANDE, ESP.LIBRE... :." españa, muerta de hambre" , e botábamos a correr pra casa, comelo caldo.
Non poido calar algo do que sempre me sentín moi satisfeito...D. Primitivo  autorizoume a levar pra casa o único libro que había na escola : unha  edición do Quijote en versión escolar, ( supoño que o devolvín). Leino enteiro, mentras iba cas vacas polos  montes de Insua. Alí tíñamos na cabeceira do rego de Foxas un prado de catro fanegas, no que pasei a infancia (desde seis anos), adolescencia e podo decir que Xuventude en compaña de vacas, ovellas e unha burra.Tirábame moitas veces, tanto por diante como por detrás. Si caías por detrás largábache de propina dúas patadas na barriga , que te deixaban doblado.  Era moi lista a miña burra...!
 ¡¡Cantos medos os cais" doentes", ¡¡ Canta soledade !!, hasta que descubrín a compaña que podía facer un libro.
Con trece anos meu pai decidiu mandarme  a escola da Picota con don Enrique. A min nin me  preguntou, si quería ir. Daquela era así... Desde os Foxacos  a Picota había o que pola Terra Cha de Vilalba dín "a carreiriña dun can". Hora e media pra aló e outro tanto de volta, vrao e inverno. Por si era pouco, cando xa me preparaba para primeiro de bachiller por libre, da Picota iba a Villoudrid dar clase de latín con don Benjamín, un cura asturiano que viñera destinado a Villaoudriz. Prefería dar clase de latín na súa casa a ir daquí para aló os enterros. De Villaodriz volta a Foxas, pasando outra vez a Pontenova, o Reguengo...a costa de Foxas... Unhas tres horas de camiñata diaria.  Pra que agora digan que os nenos pasan moito tempo no autobus escolar...
De compañeiros, qué podo decir..? Acórdome do fillo de Bastián de Riotorto e, por suposto, do grupo da Ponte, especialmente, delas: Gloria da Sargenta, Blanquita de Manuelín,  Veva do Pildaro,  Enrique Fdez., que entonces era Enriquín. Iban máis,  pero eu non me acordo.
Da Picota xa falaron outros, mais eu non podo deixar de rendir homenaxe  a quen nos abriu os ollos, a min al menos, e nos puxo no camiño do desenrolo das nosas facultades humanas e intelectuais. Penso que con D. Enrique toda a comarca ten unha deuda de gratitude, que non sei si de verdá foi tida sempre en conta.  En él atopei un gran mestre e un bon amigo.
A QUE EDAD MARCHACHE DA PONTENOVA E CALES FORON OS MOTIVOS PRINCIPAIS
Tiña catorce anos cando me fun pro Seminario Menor de Vilanova de Lorenzana. Xa dixen que iba dar clase de latín con don Benjamín a Villoudriz, pois ben, con él vivía un sobriño, que se preparaba para ingresar no seminario de Oviedo. Díxome un día que alí tiñan estupendos campos de football e que sei cantas cousas mais. A min púxome os dentes largos e díxenlle "pois eu tamén vou...". Nunca pensara  en ser cura nin cousa parecida,  pero con irme de Foxas o máis lonxe posible, todo estaba ben.  Ademáis en Oviedo estivera miña irmá Avelina , aprendendo Corte e Confección, así que eu non iba a ser menos.
Na casa non me fixeron moito caso, pero un día meu pai falou con D. Justo  de Vilameá, e a cousa comenzou a complicarse... tiña que ir a Mondoñedo, que polo visto era a diocesis que correspondía. Fixera primeiro de bachiller, aprobado en Lugo e din por feito que me aprobarían o curso tamen en Mondoñedo. Pro non foi asi ... Topei con un señor que non lle gustou o meu conocemento de latín ,(bastante bon, por certo), así que aproboume ingreso - solo faltaba- e suspendeume primero.
 Unha tarde triste de final de setembro din cos meus osos en Vilanova,  un convento enorme e frío, donde correteaban outro rapaces de dez anos pra diante e donde eu non tiña acougo algún. Algo fixen- que non vou contar aquí - que o primeiro mes a miña nota de comportamento foi un  cero. Cando viu meu pai as  notas,- eu esperaba unha bronca-,  díxome:
            _  "Así se fai, meu fillo, as boas cousas hay que comenzalas desde abaixo".
Comíamos mal, tiñamos frío, e pra non coller a gripe, lémbrome agora,  botamos dous meses sin salir a rua de paseo. O campo de futbol era un patio interior de cincuenta por cincuenta...Recibín castigos sin razón, mais dunha vez.  Pra que seguir...?... había que  domarme,... que viña do monte!.  En iso o bon señor -que en paz descanse, si chegou a tempo- tiña toda a razón.  Non me podía ver, nin  me falaba, pro non lle quedaba máis remedio que darme a mellor nota de toda a clase. Nun sistema, ferozmente competitivo, eu era sempre " o rey",  ¡¡ mal que lle pesara o jefe!!, que fora alferez  de complemento na guerra, según as malas lenguas.
En Mondoñedo tuven mellores profesores,  a cousa foi cambiando. O terminar quinto curso de Humanidades,  coas máximas calificaciones en todas as asignaturas, pensaron que merecía a pena mandarme a Universidad Pontificia de Comillas (Santander). Un centro docente dos Jesuitas, donde iban alumnos de todo  o país,  donde éramos libres,  ainda que tamén pasábamos fame e frío, porque non había cartos pra nada.  Máis ou menos como agora. Alí pasei oito anos, o mellor da miña vida, ambiente de estudio, de libertad e camaradería, hasta que cantamos misa vai facer cincuenta anos.  Salín con duas licenciaturas, en filosofía e teoloxía. Estou eternamente agradecido o centro e os Jesuitas, que eran do mellorciño daquel tempo.
A QUE TE DEDICACHE PROFESIONALMENTE?
O longo de doce anos adiqueime a labor pastoral en diferentes parroquias da diocesis de Mondoñedo, alternando coa docencia, primeiro de profesor de filosofía no Seminario de Mondoñedo. Alí durante tres cursos coincidín co actual Arzobispo de Madrid, Rouco Varela. A verdade é que xa comenzara colaborando con don Enrique no vrao de 1957 na nova escola de Vilameá. A máis de un que anda por ahí fun meténdolle na cabeza as declinacións latinas.
Despois de forma xa reglada e diaria, traballei tres anos de profesor de moitas cousas- filosofia e latin especialmente- no Colegio de Enseñanza Media "Pardo Bazan"  das Pontes, sendo o mismo tempo coadjutor da parroquia. Era un traballo mal pagado e agotador. Ademáis, cando os outros fuxían de "fin de semana", eu tiña que axudar na parroquia. Auténtico" full time...", que me fixo ver que,  unha cousa ou outra. Así que o curso 1970  fun admitido como profesor interino no Instituto de Ens. Media de Vilalba, xa sin dedicación pastoral. Botei alí  tres anos mais, nos que dáballe voltas a solicitar a secularización, cando en Roma ainda a concedían. Non foi nada fácil, máis ben todo o contrario.
Metido de cheo na enseñanza, fixen oposicións  ó Sistema de Universidades Laborales, vinte Centros en todo España, con medios abundantes e modernos, que non tiñan os institutos. Cos anos opositei tamén a Institutos sempre na miña especialidad de Filosofia Pura, xubilándome en Pamplona os sesenta e cinco , como catedrático de tal materia.
Acto seguido fixen a pé desde Pamplona o camiño de Santiago. Na despedida dos compañeiros díxenlles, moi serio, que tiña feito un trato con Santiago e  que iba para aló a decirlle que eu cumplira a miña parte e que El "tiña" que cumplir  a súa.  Máis de un se preguntaría, estou seguro, éste de que está falando.  Aplaudiron moito e todos tan contentos. Hasta a fecha podo decir que Santiago non me fallou, ... para algo somos galegos.
CAL FOI A CIDADE OU CIDADES DONDE VIVICHE MAIORMENTE Ó LONGO DA TUA VIDA
Sin ter en conta as diferentes estadías galegas, por unha serie de casualidades, no vrao do 73 comencei de profesor de filosofía e latín na Universidad Laboral de Eibar (Guipuzcoa). Pensei pra mín que dous ou tres anos fora de Galicia víñanme ben. Os tres anos convertíronse en dezasete. Conocín alí a Maria Eugenia, casámonos e tuvemos tres fillos sanos e guapos, porque , afortunadamente, tiraron a sua nai... sabían o que facían, non teño a menor dúbida.
Por outra banda foron anos duros polos conflictos sociais, atentados, "impostos revolucionarios",etc". Chegou un momento en que por problemas de lingua (eu vinme incapaz de utilizar o euskera), non tuven máis remedio que pedir o traslado de instituto, levando conmigo o resto da familia.  Pensei que Pamplona era un bon sitio no que podía, como así foi, rematar a miña vida profesional.  A muller tuvo dacordo, porque ela naceu aquí. E eiquí estamos vai pra máis de vinte anos. Eiquí penso morrer inda que as miñas cinzas, al menos parte,  volten a Galicia, pra ser espalladas camín de Insua, no Pico da Pena.
Teño apalabrados albaceas, que miren que se cumpla a miña última voluntade...
¿SIGUES VOLTANDO DE VEZ EN CANDO A FOXAS?. CANDO VES ,¿ EN QUE ACOSTUMBRAS A PASA-LO TEMPO?.
Non dixen antes que en Foxas hai moito tempo que non temos nada. Viñemos de alí o ano 57 a vivir a Muruais, donde levaba meu pai facendo unha casa máis de vinte anos.  Foxas foi arrendado e despois vendido, penso que fun unha vez pra decirlles os fillos donde nacera. Por certo que o maior , Imanol, preguntaba  oportunamente ¿ y aquí dónde está la clínica...?. Non soupen que decirlle...
Volvín a Goyos, podo decir que todo-los anos , pasaba o tempo axudando nos traballos que estaban en marcha naquel momento, como fixera sempre. Parolaba cos veciños, iba a auga a fonte ...Como sempre, tiña largas conversas con Alejandro de Martinez , a sua dona e os fillos. Na sua casa fun sempre ben recibido.
Alejandro foi un artista no seu oficio , que houbera feito calquera cousa, si no momento oportuno houbera contado cos medios necesarios. De Alejandro aprendín eu o gusto pola lectura, polo seu consello comprei o primeiro libro,"La Mano del Hombre", que me costou sete pesetas. Cousas así non se esquencen tan fácil...!!.
 Houbo na casa un pastor alemán , que de ano en ano, conocía o ruxir do meu coche, e salía a buscarnos, tolo de contento,  nada máis pasala casa do Caldeireiro.  Muruais foi pra min un bon sitio pra vivir e recordar. Hoxe  esta todo pechado e valeiro. A vida é así...

¿CONTINUAS TENDO VINCULOS DALGUN TIPO NA ZONA (FAMILIARES, AMISTADES, PROPIEDADES,ETC).
Propiedades, ningunha. Meu pai pensou e con razón que con pagarme non sei cantos anos de estudios, viaxes, libros  algún que outro capricho, etc , iba cumplido. Aplicou, sin sabelo, posiblemente, o sabio principio de "...no le des peces, enseñale a pescar". As propiedades sempre atan e fixan a un nun sitio determinado. A min gustoume andar sempre lixeiro de equipaxe... Cando empecei a ter algo, acabouse a libertá.
Familiares, al menos directos, agora tampouco. Así que podo, eso sí, recurrir as amistades, que son moitas e non vou nombrar aquí, porque sempre me quedaría alguen por decir. Cando vexo a web de A Pontenova e salen fotografías de festas, excursions, etc  doume conta de que casi non coñezo a naide. Os da miña "quinta"  ou finaron ou están moi cambiados e os demáis teño que facer esa pregunta tan incómoda..." e logo tí de quen ves a ser?". Fun sempre  mal fisonomista, ademáis fastidia un pouco ver que alumnos meus dos anos cincuenta, son hoxe avós.
 Lin unha vez que a vida non era outra cousa que unha sala de espera chea de xente  e na que vas pouco e pouco achegándote a primeira fila. Cando máis despistado ou dormido estás, asoma a enfermera y di: " a ver,... o siguiente". Miras pros máis, pro o siguiente eres tú.... e non vale recuar , nin  facerse o fino, dicíndolle o do lado " pase, pase usted, que eu non teño prisa".
Inda que os vínculos co A Pontenova sexan mais ben poucos, penso volver sempre que poida. Mal será que non tope con alguen de oitenta anos, que che bote a mau no hombro e  diga aquelo de" ...canto tempo sin vernos  e ¡¡ que  ben te conservas"!!, como si xa estiveras en formol.
CANDO PENSAS NA PONTENOVA ¿CALES SON OS PRIMEIROS RECORDOS QUE CHE VEÑEN A CABEZA?.
Pra min pensar na Pontenova, é pensar en homes populares e importantes que coñecín na miña infancia tales como o señor Ventura que vendía argallos pros nenos. Podo ve-lo con seu eterno guardapolvos, metido sempre nunha especie de armario con rodas, donde tiña a su mercancia. Intrigoume sempre un fermoso letreiro que decia"Hoy no se fía, mañana, sí". Naturalmente, non fiaba nunca, porque cuando volvías, "mañana" xa era hoy.  Recordo o Sr.Muiña, o aguacil, que co seu bigote e a gorra de plato parecia un kaiser, e cobraba muy serio o recibo as mulleres que vendían calquera causa no mercado os domingos de feira. Miña mai deulle unha vez un repuxón e tirouno o chán, porque estaba hasta as narices de que nos perseguira a Fiscalía de Taxas. El non tiña naturalmente, a culpa. A cousa non morreu así  como  así, foi procesada en Lugo "por atentado a la autoridad".
Naturalmente acordome de meu pai, que pechaba a tienda que tuvo corenta anos na casa de Regos, e deixaba a chave na porta. Menos mal que Ramón de Pedro gardaballa deica o día siguiente. Non cheguei a conocer, e houberame gustado, a una señora que viñera de Porto de Abres e tiña una tenda de telas acarón de Gasolín. Era conocida por A PORTA. A malas lenguas decían que se vestía con un cacho de tela atada con unha corda. Anos despois, aínda se decía de calquera muller mal vestida... ¿ pro tu ves cómo vas?,si pareces A PORTA. !!!!
O máis importante que fixo A Porta (non lle coñezo outro nome)  foi sin dubida, salvarlle a vida o Artillero de Foxas. A cousa foi así mais o menos. E seino de boca do mismo Artillero moitos anos despois. Nos primeiros corenta, anos da fame, aterraba a Comarca un furgón negro  que desde Ribadeo percorría a Mariña. Seus donos eran auténticos especialistas en "paseos" e limpeza ideologica .
Un bon día  o amencer  o Artillero (de éste sí que sei o nome, mais pra todo o mundo era o Artillero), baixaba de Foxas,  a ver si na Ponte alguén lle encargaba un lote de leña ou estrume, ou o que fora, e asi ganar unhas perras.  Non facía mais que poñer os pés na carretera , cando parou diante de él o furgón maldito.
                        -: " Subide a ése, ordenou un dos jefes,... que ten pinta de obrero".
(que outra pinta podía ter o Artillero)...Así foi e así chegaron a Ponte camín do Marco de Alvare. A Porta,  a esas horas, xa barría na acera diante da su tenda.  Cando viu  a Artillero subido no furgón, deu en berrar no amencer da Pontenova dormida:
                        ¡¡  Que levan o Artillero,... que levan o Artillero...!!,
gritaba boa señora sin reparo ningún. Alguen avisou o alcalde que puido,  al fin, aclarar que o Artillero era un bon home e si algo tiña non eran ideas comunistas, precisamente, sinon necesidad. Mellor dito, miseria e fame.
Moitos anos despois o Artillero, veciño meu de Foxas, deciame con toda razón, "vivo, gracias A Porta. De non ser por ela, estaría tirado na cuneta do Marco de Alvare, camín de Meira". Eran, gracias a Dios, outros tempos,  ¡¡oxalá!! ,( miña nai decía : "ogallá") que non volvan nunca.
Pra non rematar este punto con recordos tan lamentables, direi que o que máis me gustaba eran As Feiras de octubre., un dos poucos días que me deixaban ir a tarde a ver como viraban a máquina do tren, as mesas de tiro e... ¡¡ como non BARRIGA VERDE!!. Era un guiñol  con ese persoaxe, que penso era o malo, porque o final morría e  con él  a función. A entrada valía unha peseta e alí estabamos todos embobados cos avatares de barriga verde. Todolos anos remataba do mismo xeito: "Morreu barriga verde e acabouse a peseta". Había que salir e deica outro ano.

GUSTACHE ESTAR O TANTO DA ACTUALIDADE DESTA COMARCA?. CONOCIAS A NOSA PAGINA WEB?.
Por suposto que me gusta e estou o tanto da actualidade da comarca. Internet permíteme todalas mañás ler A VOZ e mai-lo PROGRESO, que por certo traen información  abundante e fiable. A WEB hai pouco que sei da su existencia. Si non a diario, con moita frecuencia, gústame votarlle un vistazo. Por certo agradecería que alguen me aclarase ese nome tan deportivo , tan original de SUPERTI  A PONTENOVA. Por a última foto vexo que son de futbol sala  e esos poden chamarse como queiran, digo eu.
Sintome muy honrado de colaborar en tal páxina,en compaña de un bon amigo e vecino dos Foxacos , Rafael Lombardero.  Seus tios, ambos curas, impresionáronme na miña infancia. Un deles, don Jesús,( Suso pros veciños) xuntabános ós nenos na capilla de Foxas e cantábamos villancicos. Eu tería cinco anos e aínda hoxe me lembro perfectamente deste villancico
            Un pastor comiendo gachas estaba
            cuando un angel que del cielo venía
            anunciar que iba a nacer esta noche
            de Belen en un establo el Mesias.
                        Toca la zambonba
                        toca el tamboril
                        que adorar al Niño
                        todos hemos de ir...
Yo no  sabía que eran gachas, ni zambomba, ni tamboril, ni establo , pero daba igual ... lo pasábamos muy bien.
Non  sei a quen poden interesar estas lerias, pero a min dixéronme que escribise o que me viñese a cabeza... así que...
QUE E AQUELO QUE MAIS BOTAS DE MENOS DESTA COMARCA, EN CONCRETO DO NOSO CONCELLO.
Eu son filósofo, non economista. Nin teño datos nin coñezo a "sinergias" ( dicese  así?) económicas. Teño un fillo profesor titular de Economía eiquí na universidad Pública, pero non lle fago moito caso. Qué mais boto de menos...?. Pois a verdá é que unha boa carretera sin tantas curvas, a Pontenova sin tanto trafico por diante da iglesia,( xa houbo alí mais de una desgracia), etc.  Si non estou mal informado todo eso puido telo a Pontenova, si non se negaran a admitir a variante pola chousa de Goyos a Vilameá , Riotorto , Ferreira Vella , Meira, etc,. Falo de oídas, insisto, pero non me extraña. As "forzas Vivas" pensaron que a Ponte morrería, si algún día deixaban de pasar polo medio os coches de línea, os camións, coches,motos etc..etc. E así temos un pobo que non hai por donde andar. As aceras, que eu recorde, tampouco son moi anchas.
A riqueza dos pobos está nas boas comunicacions e as da PONTE a Meira son as mismas de hai cincuenta anos. Cara a Ribadeo, mais ou menos o mismo. Enrique foi moitos anos alcalde, pero eso foi porque o votaron unha e outra vez. E que conste que fixo moito polo Concello en dotacións e servicios. A miña muller facialle muita gracia que pra encender na casa a ordeñadora, había que apagar hasta a barra da cociña.
Os de agora deben de seguir pra diante, pro non basta con facer cousas na praza dos Fornos, nin semanas de artesanía, que tan ben leva o meu amigo Paco de Martinez. Hai que encher o poligono de San Briz de naves e empresas... Pero, bueno, esto é facil decilo... despois de todo este non é o meu tema.
A min gustariame que dos da Ponte se puidera decir o que Camilo José Cela  lle atribue o Cardenal Richelieu. Algo así: " Haced cónsul a un gallego, que él se buscará el consulado". Teño as miñas dúbidas de que tal señor da Francia soupera cómo eran os galegos  no seculo dezasete, pero gústame a frase . Ofrézolla con todo cariño o concejal Martínez, como un homenaxe a seu pai.

PODERÍASNOS CONTAR ALGUNHA ANÉCDOTA OU CASO QUE CHE OCURRISE RELACIONADO CA PONTENOVA?
En canto a anécdotas, setenta anos dan para muito. Encuentros, teño  aqui practicamente de vecina a Ana do Paxarín de Pacios, que  soupemos un do outro por unhos parentes de Maria Eugenia. Cóntame moitas cousas agora que ela pasa ahí mais tempo o estar xubilado o seu marido Antonio.
Contarei tamen algo que lle fixo muita gracia a miña dona, cando llo contei... Tiñamos en Foxas unha tía irmá de miña nai, que padecía unha esquizofrenia agresiva. Deulle por meterse cos veciños e durante anos amargounos a existencia a todos. Unha vez que tumbou de unha pedrada a Bibina de Xan  e así moitas mais liortas  que  trouxeron de cabeza a miña abuela e a meus pais. Unha tarde subiu a parexa da garda civil a Foxas e levouna detida o cuartel, a pasala noite no cárcere que había o lado do mercado. Era un infecto e asqueroso cuchitril , no que dormía  algún que outro borracho de vez en cando.
A noitiña mina nai estaba tan disgustada e apenada que mandou a miña irmá Amparo, que tiña doce anos a llevarlle a cena e dormir con ela no"cárcere" da Pontenova. O día siguiente viñeron as duas pola mañá pra casa. Querían meterlle algo de medo , mais os líos seguiron o mismo.
Esto parece un chiste, pero foi verdá, al menos como tal se contaba.  Na casa de don Federico tiñan unha criada especialmente fea, bueno, naqueles tempos as criadas tiñan que ser sempre feas, por razons que calquera pode conprender. Pois esta ganaba a todas...Un lunes, a mañá cedo, a miña moza barría na acera tan afanosa , porque traballadora si que era. Iba de" retirada",ainda a esas horas  un rapazón do Vilar das Pedras, que lle dixo o pasar:
                         - Fea, mais que fea!!.
                          -E tí borracho..., contestou ela, toda alpurizada e ofendida.
                        -- PRO A MIN... PASAME MAÑA, contestou o outro, facéndolle como puido un corte de mangas.   Armelina,  así se chamaba a moza, meteuse pra dentro e cerrou a porta. Pode que esto sexa inventado, pro esto que vou contar, non.
Cando miña sobriña Deli e o seu home Ricardo bautizaron o primeiro fillo,  asistimos toda a familia , a ceremonia, como debe ser. Xa chegamos tarde e iglesia estaba chea. Nada mais entrar o meu crío de ano e medio que iba con sua nai po-la mau, parouse en seco e alarmado, apuntando o altar mayor, díxolle:
                        -Mamá...mamá... PUPU,... .Jesusito, pupu. ¡¡Cúrale , mamá, cúrale..!!. Non sin razón, estaba impresionado po-los choretons de sangre das rodillas , das mans,da cabeza... do Santo Cristo do altar mayor. As miradas do personal xa se poden imaxinar... Don Antonio,  que xa estaba no altar, sempre foi mui puntual por certo, fixo un comentario de circunstacias,...  "agrademos que se traiga a los niños a la iglesia, pero, claro, a veces pueden ser molestos...". Imanol  non calaba,  empeñado en que sua nai lle fixese a cura a Jesusito. Así que ela, sin esperar mais, tirou de él pra fora, co a sonrisa de toda  a concurrencia.
Si alguen non tuvo forzas pra chegar eiquí, que non se preocupe , agradécese                                                         sempre a boa intención.

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.