miércoles, 28 de noviembre de 2012

Feira de Artesanía e Antigüidades 6 - 9 de decembro

A Feira de Artesanía e Antigüidades de A Pontenova contará con 40 artesáns e 20 anticuarios de Galicia, Asturias, Castela e Cataluña.

Deputación e Concello impulsan unha nova edición da Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova

- Lara Méndez e Francisco Martínez presentaron unha cita que chega á súa 6ª edición e que se celebrará na pontenovesa Praza dos Fornos os días 6,7, 8 e 9 de decembro

- 25 anticuarios procedentes de toda Galicia, Asturias, Castela e Cataluña; 40 postos de venda de pezas artesanais, 20 deles lucenses, e 5 artesáns facendo demostracións en vivo son algúns dos atractivos que ofrece a Feira

Así mesmo, os asistentes poderán gozar de demostracións en vivo do traballo dun ferreiro, un tecelán, un escultor en madeira, de confección de bonecas e mesmo de olaría tradicional da ourensá Niñodaguia. Nos expositores de artesanía instalados no Museo do Salmón, poderanse mercar variadas pezas de cestería, olería, madeira, xoiería, traballos en coiro ou complementos en tea. Pola súa banda, os anticuarios ocuparán unha carpa de 1.000 m 2 ubicada na Praza dos Fornos.

Para repoñer forzas, os restaurantes da localidade terán un completo menú especial de feira, ó prezo de 12 euros.
Para leer mas pulsa aqui.
Cronica 3
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.