domingo, 18 de noviembre de 2012

Entrevistas con morriña: Rafael Lombardero.

Entrevista realizada por Santiago Coladas-Guzmán García. 

Comentar que a parte desta amena entrevista, o noso invitado de hoxe facilitóunos diverso material fotográfico que aproveitamos para incluir nesta entrada.

Nombre completo: Rafael Lombardero García
Ano de nacemento: 5 de mayo do 1942 

(Rafael na actualidad)

Pontenova.es: ¿En que pobo do Concello naciche e cal é o nome polo que se conoce a túa casa?.
Nacín en Foxas, no lugar do Moradoiro (Foxas tiña tres pequenos núcleos de familias, Foxas, Foxacos e Peinzáis; o Moradoiro sitúase nos Foxacos). Daquela pertencíamos a Parroquia de San Vicente de Vilameá; logo, polos anos sesenta, quedamos incardinados na nova Parroquia do Sagrado Corazón da Pontenova, onde celebrei (xa que son crego) a Primeira Misa no ano 1965.

  Pontenova.es: ¿A que escola fuche de tantas que había antes no noso municipio?, ¿Recordas quenes foron os teus maestros e algúns dos teus compañeiros?.

Fun a escola que había en Peizáis; e o noso mestre foi don Primitivo Cancio Muruáis, que vivía na Ponte e, como non había carretera a Foxas, acercábase a Penouta na sua bicicleta (que deixaba escondida tras da Silveira; e tiña que subir andando por medio do pinar de Penouta, cunha pendente que facía sudar a calquera).

Dos compañeiros, recórdoos a cáseque todos, menos a unhos que viñan  de Coba. Os máis cercanos a miña casa eran os do Mudo (Jaime –que me defendía cando había pelexas-), Celia e Mero,  Eugenio de Regos, Julio e  Suso de Xan e suas irmáns, Felipe de Tiador;  Suso , Julio, Pilar e Primitivo de Loureiro; Pepe do Patelo; Pepe de Diego e 2 irmáns; Luisito, Pepe e Alicia  de Perete; Pepe e Carmiña de Piñeiro; Pepe de Fermin de Lombardero; o Roxo de Flor e irmáns; Maruxa do Violo; Pepe de Lamas; Antonio  de Simón; Margarita de Flor; e alguén máis que non fago memoria. Na escola de Don Primitivo eu estiven pouco tempo; a  miña nenez quedou truncada ó mandarme meus país ós oito anos para xunto meu tío Xesús, cura das Somozas, co fin de que me fose preparando nos “ latines”  para ir ó Seminario de Lorenzana; alí iba a escola “da Garita” cos nenos das Somozas e o mestre chamábase don Víctor Leira Luaces, natural de Pontedeume e que casou cunha moza de Somozas; fun a velo aló polo ano 78 e non  o coñecín (porque él era moi bon mozo e encontreime con un home velliño e pareceume moi pequeño, ó que eu pensaba encontrar; pero fíxome moita ilusión encontralo despois de tantos  anos, uns trinta). Dos compañeiros de Somozas, teño a lembranza dunhos  dez.  Alí, eu era algo extraño para elles, e a máis, sobriño do cura.

(O día da Primeira Misa na Ponte con meus tíos e D. Antonio o Cura)

Pontenova.es: ¿A que anos te fuche da Pontenova e cales foron os motivos principais?
Como xa teño antedito, marchei para As Somozas con oito anos e pasei alí dous e medio. Teño moi gratos recordos dese tempo, pero tamén quedei algo “marcado” pola ausencia de meus pais (¡e eles, pola miña!!); pero, si querían que me preparase para ser algo mais que labrego, había que renunciar a moitas vivencias familiares. Sí,que lle lo teño dito e con verdadeiro agracedemento.
(Foto da xente de Foxas, diante da Capela de San Francisco en Foxas)

Pontenova.es: ¿Cal foi a cidade ou cidades donde residiche ó largo da túa vida?.

Ben, sen intentalo, fun un tanto “ambulante”. Estudei en Lorenzana, dous anos;e logo, dez no seminario de Mondoñedo. Pasei tres en Ferrol , como coadjutor, xa crego;  outros dous, en San Claudio (Ortigueira); leváronme para o Obispado no 1970 e alí pasei quince anos, na compaña do Bispo  Miguel Anxo Araúxo Iglesias, con desplazamentos a moitas cidades e parroquias; foi para mín un agasallo de Deus e sentinme acollido nesa familia coma un irmán  moi querido. Xubilado o Bispo por enfermidade, xuntámonos en Senra (Ortigueira) niña nai Pacita  (viuva) e meu tío Francisco (tamén crego e xa enfermo); e eiquí levo 27 anos; escomencei con duas parroquias e axudarlle a meu tío noutras duas; e agora levo xa oito anos con 9 parroquias (me parece que ainda lle gano a don Manuel da Pontenova; claro que a orografía é máis cómoda a miña!).


Pontenova.es: ¿A qué te dedicas ou dedicache profesionalmente?.   Como xa dixen, son crego dende o ano 1965; e síntome contento e realizado na miña tarea pastoral.

(Don Primitivo o Sr. Maestro cos alumnos que había na escola de Peizáis-ano
1945?)

Pontenova.es: ¿Qué recordos tes máis frescos da túa infancia na Pontenova?

O primeiro recordó que teño é o dun can pequeño que me ladra, un camino baixando, logo moito despois outro camino longo, unha muller nun prado e un burro; cando tería dos anos e medio perdinme;salín a busca de miña nai que iba levar a comida ós segadores no vedro; e eu  iba ben, pero o canciño ladrador desvioume e pasei todo o pinar de Penouta e fun dar cerca de Saldoira, conde me viu Amparo (de Trevín?)e tróuxome a Peizáis a preguntar si o neno  era de Foxas; todo Foxas andaba a buscarme; eu case non falaba nada; dicía “papá, mamá, Pepe (tío) e pastor” (o can). Unha historia que  rematou feliz para todos.  A pesares de vivir poco tempo na Pontenova, quédanme moitos recordos da miña nenez  e xuventude;recordo os partidos de fútbol en Muruáis  e San Tirso;  porque no verán e no nadal, tiñamos vacacións nos estudos e pasaba eses días no Moradoiro, con meus país e meu primo Suso (que viñera de Mondoñedo para traballar con eles; e sempre nos levamos moi ben). De nenín, como a casa do Moradoiro estaba separada das dos Foxacos, eu sempre tiña gañas de xogar e cando me deixaban sair, era algo túzaro cos amigos, porque eles xa estaban cansos de todo e eu….veña a darles a lata. Tamén axudei na casa nos traballos do campo, alindar as vacas, ir a estrume, recoller a herba seca, carretar a auga (pois non había traída) cun pau e dos caldeiros e….todo o que se facía polas leiras; ainda que teño que dicir que, como fillo único que fun, sempre estiven mimado e non me cargaron moito traballo.

Pontenova.es: ¿Volves con frecuencia por estas terras?. Cando ves, ¿En que acostumbras a pasar o tempo?.                             

Teño que pedir disculpas, porque vou pouco por aló; cáseque sempre forzado por circunstancias familiares; defuncións de familiares, alguna boda, algún bautizo, poucas festas locales y alguna visita a meus tíos e primos; a morte de muy primo Suso (verdadeiro irmán) nun accidente co tractor deixoume “descolocado”; era a miña “referencia” familiar, de xuventude, de xogos, de traballos, de tantos anos xuntos, da sua vida entregada a meus país, do que sacrificou a sua vida por todos nos……que me fai telo sempre no meu corazón e unido a miña vida personal e vivencial.


Pontenova.es: ¿Continúas tendo vínculos dalgún tipo na zona (familiares, amistades,propiedades, etc,…)?, ¿Cales?.               

Si, sobre todo familiares; teño primos no Mazo, en Conforto, na Ponte, en Peizáis, en Lugo, en Madrid,en Vigo, en París, en Mondoñedo. Cando vou a algún enterro ou cabodano, alégrame moito encontrarme cos vecinos de Foxas, ou da Ponte, ou de Goyos, ou coñecidos doutros sitios. Con quen máis me relaciono é cos meus primos de Peizáis, Olga a muller de meu primo Suso, e cos fillos Manolo, Matilde e Aurora; e estamos en contacto por teléfono e algúns correos electrónicos. Tamén con don Manuel o Párroco, que coincidimos nalgunhas reunións.  Quen queira comunicarse conmigo ofrezo o meu correo  lombardero@mondonedoferrol.org. Propiedades e bens inmobles e agrícolas, non teño.

Pontenova.es: ¿Gústache estar ó tanto da actualidade desta comarca a nivel social, político,deportivo,…? e ¿Conocías a nosa páxina web?.                                                            

Non teño moito tempo disponible e fai unos  catro años que teño internet na casa; pero teño entrado na páxina da Pontenova en internet varias veces fai xa tempo; cando estiveron retirando a ponte  e encauzando  o río foi cando máis veces entrei nesa páxina;  agora prometo entrar con máis frecuencia; ainda que xa me costa traballo reconocer  as persoas que aparecen nas fotos das xuntanzas; supoño que elles dirán outro tando de min.

(Equipo de Fútbol en Muruáis e  San Tirso de Abres)

Pontenova.es: ¿Qué é aquelo que máis botas de menos desta comarca e en concreto do noso Concello?.     

Non estou moi o tanto da vida do noso Concello polo miudo; sinto mágoa da perda do noso mundo rural e das nosas xentes, cos moitos valores familiares e de costumes dos nosos antepasados e do xeito de vivir e compartir. Estou vivindo nestas miñas feligresías o mesmo proceso de “empobrecemento”, non tanto no económico –que tamén, pois case todos somos xubilados-, senón na perda rápida do que foi o noso mundo galego; non para volver a unha vida traballosa e escrava de antes, senón de saber valorar e transmitir as novas xeracións a “alma” e “xeito” dos nosos maiores. Esa comarca é unha zona escarpada e con xeografía difícil; pero ainda con posibilidades para o turismo selectivo, cultural e etnográfico; para ese mundo rural noso, as concentracións parcelarias chegaron moi tarde e non fixaron poboación; e o entramado industrial foi abaixo ó faltar as feiras quicenais, a competencia doutros mercados e a falla de desenrolo…. Hai que coidar o que temos e milloralo.

Pontenova.es: Para rematar, a pregunta común para todos os entrevistados, ¿Poderíasnos contar algunha anécdota que che ocurrise que teña algo que ver ca Pontenova?

Anécdotas teño poucas de importancia; máis ben vivencias das trasnadas que facía cando iba a escola ou a xogar os Foxacos e a meterme cos outros nenos; tiña un defensor que era Jaime do Mudo – que era maior ca min e que se enfrentaba con quen me zorregaba e decíalle: “porque non estea aquí seu pai, estou eu pra defendelo”. Había entre nosotros algunos con moitas iniciativas e “inventos” para xogar (Felipe de Tiador, Julio de Xan, Pepe de Lamas….) que inventaban máquinas de fotos (que non eran tales), bicicletas (“zorras”, chamábamos) feitas de madeira de tres rodas con manillar e hasta frenos pras costas abaixo, escopetas de balines coa barra central de paraguas, ou con tubos de metal, a tempada de xogar ós bolos en Peizáis, os arcos e flechas de madeira, as gaitas feitas con palla de trigo, os rodicios nas presas de auga…….

Tiven a sorte de viaxar a Bos Aires co Bispo Araúxo e alí encontrei a Jaime do Mudo,a sua muller de Coba e a sua prima Felisa e tamén o moitos fillos de galegos da Augaxosa, da Familia dos Pérez, cos que ainda me relaciono por teléfono e por correo. Poido confesar que foi alí onde aprendín a “ser galego” e a valorar o que eles me ensinaron sobre esta Nosa Terra. Non esquencerei nunca aqueles días. Outra vivencia forte foi o contacto con emigrantes galegos en Londres, distinta a de Bos Aires; alí descubrin cómo se apoiaban para acoller ós que iban por primeira vez e a confianza que tiñan nos capelláns de Hogar Español, onde facían de todo: misas, bodas, banquetes, viño e augardente (pois os cregos eran de Ourense) –hasta que os denunciaron porque cheiraba moito a viño a a alcohol e non tiñan licencia para facelo), facían a “matanza” do cocho  mercando partes de porco no mercado para chorizos, soá, costela e churrasco; alí, os domingos era unha festa; incluso iban grupos de Galicia –daquel tempo- a cantar nunhas festas que organizaban cada ano; un dos máis admiraos foi Pucho Boedo e os Tamara; pero foron moitos máis, galegos e nacionáis.

E para mín, e xa remato, o recordo mais forte que sempre teño presente foi a Primeira Misa que celebrei na Igrexa do Sagrado Corazón da Pontenova o 12 de xunio do 1965, acompañado de meus país, Jesús e Pacita, da abóa Generosa (100 anos), de meus tíos curas Jesús e Francisco, dos demáis familiares, compañeiros e amigos.
              
Quixera, por último, mandar unha aperta grande e forte a todos os amigos, compañeiros e vecinos pois –ainda que non vos vexa en persoa- téñovos na miñá memoria e gardo todo o voso cariño.

(Equipo de Fútbol en Muruáis e  San Tirso de Abres)
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.