lunes, 26 de noviembre de 2012

Concello de Miranda (Actualmente Concello de A Pontenova) Ano 1685 por José L.L. Ginzo

Descuberto nos meus arquivos documentais, da miña casa, sinto a necesidade de facer partícipes a todolos mirandeses que hoxe vivimos, da existencia dun documento público otorgado no ano mil seiscentos oitenta e cinco (século XVII), que recolle un contrato de troco e cambio de propiedades, antre persoas lugareños do concello de Miranda, feito diante testigos na vila de Vilameá. Os contratantes foron Pedro Dagraña Robledo de Villaemil e Alonso Fernández de Ginzo, do Vilar de Rececende (hoxe, supoño, Vilar das Pedras), este último poidera ser un dos meus ancestros, pois levaba o apelido Ginzo que tamén levo eu por liña materna e casa petrucial.
É curioso o seu contenido, tanto na forma e concreción do obxeto  contractual do mesmo “troco e cambio de bens”, como no propio contido xurídico , coidando moi ben a su efectividad legal para para os propios contrantes como para os sucesores dos mesmos.
Os bens obxeto de cambio ubicanse na Chousa do Pacio en Vilameá, non sei si perdura hoxe,  e no Vilar de Rececende. Outra curiosidade é que tendo en conta a propia situación da leira e  a identificación como viña das leiras colindantes xunto co nome do propietario, na chousa do Pacio colleitabase viño.
Só me queda por dicir a quenes sintan curiosidade histórica que o concello era o de Miranda, as aldeas citadas son Vilameá, Villaemil, Vilar de Rececende, Currás de Juan de Rececende e os nomes de contratates, testemuñas e colindantes, Alonso Fernandez de Ginzo, Pedro Dagraña y Robledo, Andres Bermudez Robledo, Alonso Diaz do Casal, Manuel López, Miguel Fernández de San Pedro, Domingo Diaz, Don Fransegundo, Pedro Miranda Sanjurjo. A moeda de cambio eran maravedis, doblós e vellós de ouro.
E certo o dito de que “sempre algo queda”, nen liortas, nen queimas, nen enterramentos, nen traslados ou fuxidas, poden destruir o curso da vida e si algo queda ao longo dos anos, neste suposto, 327  feitos o día 17 de Outubro, uns feitos documentados para facer historia das Terras de Miranda, das terras, do nome dos pobos, dos ancestros, da propia vida daquelas xentes para mín e dabondo para poñerme ledo e non gardar a nova, mellor espallala a todolos os que teñan curiosidade por saber máis sobre os quixumes de MIRANDA. Ojallá haxa moitos máis documentos.
GRAZAS  a tódolos que teñan ou non interés nestes feitos, pro que aturaron este comentario

José L.L. Ginzo
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.