jueves, 6 de septiembre de 2012

VIII. Entrevistas con morriña - Miguel Sampedro Gallo


Por olvido do propio Miguel no seu día publicouse a entrevista sin foto do entrevistado, ahora e a petición súa poñemos este retrato para que a xente poida conocelo mellor e poñerlle cara.

Entrevista realizada por Santiago Coladas-G. García

Voltamos de novo ca sección entrevistas con morriña tendo nesta ocasión o placer de entrevistar a Miguel Sampedro Gallo (A Pontenova,1945), un ingeniero de minas, pai de catro fillos que actualmente reside en Oviedo.

Pontenova.es: ¿Cal é o pobo do municipio donde viñeche ó mundo e porque nombre se conocía a túa casa?.

Antes de nada teño que dicir que o meu galego e de oídas por ser “dos outros tempos”.Gústariame moito manexalo ben, pero  tarde piei e  habéisme perdoar que o escriba no galego de meu.

Nacín no Mazo do Castelo, o 1 de julio de 1945, na casa de Gallo. Son fillo de María de Gallo, tendeira. Vendíase de “todo”.  Meu pai foi Suso de Miguel, practicante, ó que destituiran primeiro e imos dicir que houbo de deixar a súa profesión e acabou  emigrando a Venezuela, donde morreu na compaña de seus irmáns, Mary e Jaime.

Pontenova.es: ¿A que edad te fuche definitivamente da Pontenova e que motivou a túa marcha?.

Feito o ingreso en Oviedo ós dez anos, vin canda miña nai a Pontenova para seguir ca tenda, Axina estudiei na Universidad da Picota (que dicía Sito) ata os trece anos. Logo ata os 16 estudieí en Lugo, no instituto e seguía indo a casa os domingos de feira para axudar no comercio  que, ademáis, era o que me chamaba máis.
Vou destacar a dificultade dos exámenes por libre, e a calidad dos profesores do Instituto de Lugo que para min rematou ca chegada de Alonso Montero co que sigo a ter correspondencia. Tamen, sendo da Pontenova, non podo deixar de mentar a José Luis de Xinzo co que traballara o latín para sortear aquel profesor “que poñía
ceros baixos” e Carmiña do Mazo ca que macizara nas matemáticas.
Como había comenzado a funcionar a Escola de Enxeñieros de Minas en Oviedo e tiña a noso tío cura Eliseo alí fun xa a facer o preparatorio para entrar nos estudos universitarios a súa casa. Logo terminei a carreira no 70. Estaba xa casado con Amalita de Capellán. No mesmo ano morreu o tío e tivemos o primeiro dos fillos.

Pontenova.es: En todos estos anos, ¿Cal foi a túa profesión principal e en que lugar ou lugares a desarrollache?

En canto acabei a carreira comencei a traballar en ENSIDESA, en Avilés.
Alí me agardaba unha sorpresa doble. Destináronme na División de Industria Química e para máis o xefe era o Catedrático de Matemáticas  da Escola de Minas co que  tivera tropezos como representante de alumnos.
Ca posta en servicio dun complexo de abonos químicos ligados á siderúrgica e logo sucesivamente ás outras unidades supuxo a miña Xefatura de Producción en Ensidesa. Logo formouse o grupo de fertilizantes das empresas públicas ENFERSA, empresa pública de fertilizantes.
No 87 fun destinado en comisión de servicio para o arranque doutro complexo en Sagunto cando se estaba a falar da fusión das públicas cas privadas, ERCROS. Deseguida de entrar a traballar, no 72, compaxinaba o meu traballo da fábrica co de profesor de Cálculo Infinitesimal na Escuela de Minas. Daba na Escola dúas horas o día e asi saía da casa as oito e chegaba pasadas as dez.
A partir do 1977 deixeí na docencia e seguín como xefe de producción de fertilizantes ata  o ano 2001.
Case 30 años de zigzag pola pública, privada, mixta, e reconversions, quebras, mesas de negociación en tempos duros, mudanzas de nomes de empresa, tamén de xestores, de donos.Naqueles tempos pasamos de ser 450 persoas a 220 cando saín. Xa Fertiberia e de dono Villar Mir. Ahí seguen. Vense ben na Volta ciclista.  A escleroses múltiple adiantoú  miña xubilación.

Pontenova.es: ¿Qué recordos tes máis frescos cada vez que te paras a pensar no teu pasado na Pontenova?

Polo meu traballo moi sentido de tendeiro meus amigos eran os clientes das aldeas da “miña devoción”. Os que viñan comprar daquela. Mais do 80% era fiado e ainda había algo de troco, ovos por café…
Da Picota, debo empezar polos que non están. Suso de Hervelle que morreu moi novo  e Felipe de Foxas. As subidas pola feira ca bicicleta do ramal intensificaban as  vivencias.
Tamen iámos xuntos  Manolo de Carreira, que veume ver fai pouco. Vivía ca muller en Holanda adicado á política local. Pasámolo moi ben nesta xuntanza. Morreu fai pouco.
Sobindo pola feira recollía a José  García que compartimos mesa  e ata algunha expulsión por o Sr. mestre,  de media hora por faladores.
Dábamos horas cas nenas e delas recordo das que ían polo meu curso, Maria Villarmide, María Carmen Carreira, Encarnita de Machado, Ana María de Santo Estebo,etc,…

Outros recordos fortes foron os amigos de nenos que nos fixeron facer aquel equipo do Atlético Turía. Eramos os nenos do Boulloso, Mazo, Pico…que entón éramos como  10 e dous promesas.  Unha alineación que grazas ó sorteo dun xogo de café que se amosou no noso escaparate nos deu para ter as camisetas verdiblancas que ten o testemuño nunha foto de meu que era titular por tráfico de influencias. Pantalons os que tiveras, e botas as que tiveras, dende zocos, botas, a tenis e zapatos.Entrenábamos na carretera logo de comer.
De Lugo tiven a entrada tardía e o primeiro día estaba encolleito no patio só e o meu pé veu Antoñito da Panturreira que era o máis veterano, apenas o trataba, para me dicir tranquilo Miguel, ven o meu pé. Esas cousas non se olvidan.  

Pontenova.es: ¿Qué crees que foi aquelo que máis cambiou (para ben ou para mal) no noso Concello?.

Vou sabendo da fábrica de carrocetas que vaí indo. Certamemte diversificaron o producto  dende aquelas carrocetas ás exportacios de vehículos especiales. Pero sería unha lixereza falar sen datas dabondo.
Chegouse un pouco tarde para recuperar cousas do ferrocarril e da mina. Cando Enrique quixo que mirara o das máquinas xa as paparan. Souben de cómo houberan estado traballando para a mineria do carbón.
A reversión dos terreos levou a facer un barrio na estación.
Dame pena polos recordos da capela donde se casaron meus pais, me bauticeí e tántas misas axudei a Don Manuel.
O depósito dauga; e o de dar volta á máquina do tren, a enfermería da mina…
Vin ó pasar a Chousa de Villaoudrid, a urbanización dos terreos que saen por alí, a nova ponte que me fai ensomar un pobo que sería así como as pontes da ponte. Poñería nomes,,,, ponte do turía, ponte dos prazuelos, ponte da boa pipa,  e para seguir poderia haber unha lancha para ir da ola o pozo de san Briz…
No paseo polas minas, no Sarredo, como se fora un conto ensonado lin as rutas mineras e voltei pola cova da raposa por diante da que iamos correndo e mirando de esguello para ver si andaba por alí.
As festas para min comenzaban no San Juán de Figuerirua, e San Pedro de Dodrín, e xa deseguido. Había un alto para ir os exámenes de setembro e logo pechabas o capítulo de festas cas Feiras.   

Pontenova.es: Hoxe por hoxe ¿Sigues tendo vínculos familiares ou de amistades por esta comarca?.

De meu pai, os de Miguel, Isabel, Esperanza, primos, sobriños…
De miña naí os parentes de Matela, Pacios, Foxas, Liñeiras e Solmayor.
Tamén temos un afillado, o fillo de Pacita, Javier.

Pontenova.es: Sabemos que padeces unha enfermedad neurolóxica degenerativa que te limita físicamente, pero a pesar deso ¿Consigues vir algunha vez pola Pontenova recordar vellos tempos? e ¿Cando ves en que che gusta entretenerte?.

Ata o ano pasado ia pasar un tempo no Baixo da casa donde estivera a tenda.  Fixen este ano duas viaxes de ida por volta e costoume o seu vindo nun taxi adaptado. Non poiden ver xente polo pouco tempo que tiven. Vin a tia Isabel e viñéronme ver Celtia e seo home. Pouco tempo me deu.
O meu desexo de que se conoza unha enfermidade crónica co pulso tamén de Enrique Fernández dende o concello deume pé a falalo en público aproveitando o pregón da festa da troita de xa fai anos.
Viñemos comer os da asociación de enfermos de esclerosis de Asturias. Amosounos o pobo Barreda e Enrique Fernández (qepd), meu primeiro dos mestres na ponte,  fora saudarnos á Cubana e tomar café; deunos uhna placa cos fornos, que segue na sala de xuntas da asociación.

Pontenova.es: ¿Cómo transcurre o teu día a día na actualidade en Oviedo?

Alterno o leito, a silla eléctrica e o sillón na casa. A períodos de duas horas. De dores, a unidade da dor tenme controlados neles. Teño na casa implantado un sistema de monorraíl ó teito do cuarto, salón, e servicio.
Comencei con moita actividade ca xente que me viña ver, pero cada vez canso, e a voz vaiseme indo.
A min caificáronme de gran inválido que xa é chamar. Son un privilexiado en termos económicos pola miña base de cotización. Tamén me valoraron segundo a nova lei de discapacitados, pero unha vez confrontado cos meus ingresos, non supuxo maís. Bendito estado de ben estar.
 A muller está o pé; teño un coidador, e teño a sorte de poder e saber disfrutar de cousas gratis e tan fermosas que atopo na tv2 e “viaxo” moito. Hai días de sombras… Tamen contan os fillos e teño catro netos que viven en Oviedo e dan moita alegria.

Pontenova.es: ¿Sigues de forma habitual o devenir da túa terra nai?.

Pontenova chégame as cinco da mañá dende o seo comenzo.
A Xornada das Minas chámame moito porque seí pouco e debera saber algo mais que o do tren e meu avó. Logo do Sarredo miña nai denunciara catro parcelas para explotar mineral Esperanza I a IV  que logo caducara a concesión e de moito ferro non tiña pinta.


Pontenova.es: Para rematar a entrevista, algo máis que nos queiras comentar Miguel.

Penso que poidera ser útil dicir que cando un ten unha enfermedade e máis se é crónica,  hai asociacions logo de tódolos males e axudan elas  e poñen os enfermos en contacto.  
Por exemplo sei que a nosa asociación  en Lugo é moi áxil e chega a Viveiro para ir buscar os enfermo,e danlles fisio, logopeda, psicólogo e amiguiños.
Non quero pensar que os recortes podan cortar unha migalla!


Gracias pola atención.
VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.