Entrevista realizada por Santiago Coladas.
Hoxe en pontenova.es entrevistamos o noso veciño afincado en Oviedo, Primitivo Cancio Muiña (A Pontenova, 1944) quen nos deixou este artículo cheo de nítidos e emotivos recordos.
Pontenova.es: ¿Quenes son/eran teus pais? e ¿Dónde estaba a vosa casa?
Primitivo: Primitivo Cancio Muruais, Maestro de Foxas e jubilouse sendo Maestro na Pontenova. E miña nai, Julia Muiña Bargueiras.A nosa casa estaba encima da tienda de Remedios e Manuel (que tiñan bazar, zapatería de home e muller, ademáis de sastrería), frente á casa de Pepe de Luis Gavín e hoy xa sólo solar; tiraron a casa porque estaba en estado ruinoso e ofrecía peligro de derrumbe.
Pontenova.es -¿A que te dedicache a maioria da túa vida profesional?
Primitivo: Son Catedrático de Filosofía e din clases da misma durante 38 anos. Pero tamén fixen Psicoloxía, polo que fun xefe de departamento de orientación educativa e profesional durante 10 anos ou así. Din clases tamén algún tempo na Escuela de Turismo, de Deontoloxía, e como fun secretario da Sociedad Asturiana de Filosofía, dirixín cursos e congresos sobre a misma, tamén bastantes anos, compatibilizando todo esto ca presidencia dunha ong: ”Movimiento Asturiano por la Paz”, con actividades en Paraguay, Guatemala, Haití, República Dominicana, e ahora no Sahel, en África. A profesión á que dediquei a maioría da vida, según a pregunta, vólvese difícil contestar porque foi todo ó mismo tempo.
Pontenova.es: ¿En que ciudad viviche a maioría da túa vida ata a actualidad?
Primitivo: En Oviedo na que máis tempo seguido.
Primitivo: Con 12 anos marchei a Madrid, á Clínica da Concepción, donde me trataron dun asma alérxica. Estuven tres anos alí, momento no que souperon que era alérxico ó polvo das casas. A partir desto aplicáronme unha vacuna e comencéi a mellorar muy pouco a pouco. Volvín á Pontenova e fun a facer Preuniversitario en Lugo, o resto do bachillerato tuven que cúrsalo por libre, debido precisamente a asma que me impedía facer vida normal. Durante anos tiña que dormir sentado porque acostado non podía respirar. De aquí marchei a Oviedo; fixen os que se chamaban comunes, e de aquí tuven que ir a Madrid a estudiar filosofía (a especialidad sólo existía en Madrid e Valencia).
Pontenova.es: ¿Cales son os recordos que maiormente se che veñen a cabeza cando pensas na túa infancia na vila?
Primitivo: Moitos recordos e sempre gratos, independientemente desos episodios de asma que marcaron a miña infancia e parte da xuventude, polas limitaciós ás que te vés sometido. Recordo que era o recadista maior do reino, enténdase barrio. A Sra. Arsenia de Luis Gavín sempre me chamaba para ir a buscar algo que lle faltaba para facer a comida ou cena, ás tiendas da Larpadela, a Pita, Suso de Ramallal, ou Carracedo (obsérvese que xa non existe ningún destos comercios e bares, salvo a Larpadela (Bar Esquina)). Os da escuela (iba a Foxas a escola de meu pai), xogar á “guerra” nos talameiros de Américo de Flores , “axudarlle” a encender o coche con manivela a Luis Gavín, e cos desmontables arreglar un pinchazo da rubia (que era un coche-furgoneta con estructura de madeira) ¡quén a tuvera hoy!. Con Luis e co fillo, Pepe, pasaba moitas horas mirando cómo arreglaban os coches porque sempre tuveron taxis. E moito tempo vendo como soldaba ou pintaba motos e bicicletas no taller Pepe de Candelero. Pero o río e facer o puente para pasar a carretera de Villaodriz, no que participaba a xente do barrio, era un acontecimiento anual. Recordos…todos e algún mais. Recordo as minas funcionando, e as vagonetas polos planos, así como o tren, a plataforma para xirar a máquina, o cual me fascinaba, a capilla e as novenas de mayo ás que me levaba miña nai salvo que chovera, pero nunca chovía. Hasta o tempo era diferente.
Pontenova.es: ¿Qué foi o que mas cambiou desde os teus anos mozos ata hoxe?
Primitivo: Todo. Nada que ver co que era, salvo a xente que aínda vive. O demáis…Para os que nacemos e vivimos aquí anos de infancia e parte da xuventud, al menos para min, cando volvo a Ponte síntome como o que estuvo en estado de coma, e o cabo dunhos anos desperta. Fáltanme referentes, lugares, momentos, xentes que xa non volverei a ver, e lugares perdidos, como a casa donde nacín. Teño aínda grabada na memoria a algarabía dun domingo de feira, na que se vendía manteiga envolta en folla de berza, o mercado de ganado, o sonido e ruido das vagonetas subindo e baixando polos planos da mina, Pastora vendendo pescado na plaza, e Rita vindo polo correo, e por suposto o olor que deixaba a máquina de vapor do tren, ou a meu pai en bicicleta, que viña de dar clase en Foxas, ou a D. Manuel, padre de Manolo do Píldaro, calando xamós para saber si estaban bos, nunha tienda que tuvo na plaza, o café de José Ramón, padre de Pepe do Mazo, que tiña na plaza, no que tiña as mellores “cañas”(pasteles) que probei nunca. Aínda hoy busco cafés que teñan mesas de mármol, e sillas daquela época, donde todo estaba pensado para leer e escribir, cafés para perder o tempo, cando hoy xa non hay tempo para perder o tempo. Hoy xa non teñen nin taburetes para que consumas e te vayas. Con matices, estos tempos foron mellores. Éramos como unha gran familia. Esto hoy non o percibo.
Pontenova.es: ¿Sigues tendo contacto ca xente coa que fuche o colexio?, ¿Cómo é ese contacto, telefónico, mail, etc…ou faceis algún tipo de xuntanza os da vosa xeneración ben sexa na Pontenova ou noutros lugares?.
Primitivo: Con alguna xente sí, porque viven en Oviedo e Xixón, ademáis dos que están na Pontenova. Con outros perdín toda referencia. E o contacto é telefónico e personal. E facíamos xuntanza os da nosa xeneración, si, pero desgraciadamente, quen se encargaba de localizar a todos os que estamos polo mundo era Jaime Coladas, e xa non está con nos. A partir da súa morte, non me citaron a ninguna máis, supoñendo que se fagan, que non sei.
Pontenova.es: ¿Cómo lembras ti o ambiente de pesca que había fai 40 anos nesta zona?, ¿Tiña influencia económica e turística ou sólo era un entretenimiento mais?.
Primitivo: A pesca, na miña niñez, era una actividad de ocio ó que se dedicaban algúns con mayor ou menor técnica, e toda era reconocida ós Patricios, ós que recordó que salían a pescar, como profesionales que eran, con kilos de troitas encargados, e nunca deixaron de cumplir o encargo, que eu sepa. Falamos de 5 e 6 kilos, en ocasións, si non recordó mal. E hay un antes e un despois, penso, respecto a pesca: Cando empezou a vir a pescar salmón o Eo Franco, na zona da escala. Aquí se potenciou e se deu a conocer a zona turísticamente, e mellorándose a carretera Vegadeo-Pontevedra, que se alquitranou e cuyo firme hasta ese momento era de grava apisonada e baches. Con posterioridad, a creación do CIT, consolida turísticamente a pesca, ca festa da troita, si ben o rio pasou por diversas etapas hasta hoy.
Pontenova.es: ¿Continúas tendo vínculos familiares na Pontenova?¿Cales?
Primitivo: Sí, vive miña mai na Pontenova e teño un tío e primos.
Pontenova.es: Con qué frecuencia ves por estas terras e cando ves, a qué sueles dedicar o tempo?.
Primitivo: Pois casi unha vez ó mes. Suelo facer vida monástica, dedicándome a traballar no que non tuven tempo, leer o que teño pendiente e 3 ou 4 períodicos, así como programar as semanas siguientes. E tamén o fago así porque me falta a xente da misma cuerda, porque ou non viven xa aquí ou, o que é peor, xa no nos volveremos a ver, sólo nos queda o seu recordo. Ás 8 da tarde sempre quedaba con Jaime Coladas na “Bolera” para tomar un café.
Pontenova.es: ¿Qué crees que necesitarían as vilas como a nosa para fixar población e ter futuro a medio/largo plazo con industria, xente nova, servicios, etc?
Primitivo: Non é precisamente este o momento idóneo, pola situación económima, sin embargo hay que encarar a realidad. ¿Sabedes cantos bares por exemplo desapareceron na Pontenova desde que eu era mozo?, 15. Comercios, 13, talleres 5. Eu penso que esto da para reflexionar. Hay que traballar entre todos sin excepción nun proyecto común previamente estudiado, diseñado e realista. Máis que nunca hay que ser creativos e encontrar o que outros non fan. E materia prima hay nesa xuventude preparada de hoy. Por tanto, adiante.
Por outra banda, perdéronse os recursos turísticos que formaban parte dos oríxenes da Pontenova e que hoy se venderían sólos. Refiérome a: tren (Balastrera), sala de máquinas, hospital, capilla, dúas plataformas, depósito de auga para máquina, planos da mina, vagonetas, que non se conservou ninguna (refiérome as que levaba o tren con mineral para Ribadeo). Ahora, contando cunha gastronomía coma nosa, xuntamente con plazas hoteleiras, casas rurales, xuntamente ca existencia dun paraxe e paisaxe extraordinarios, con rutas e rincóns de extraordinaria belleza, e necesario ter muy clara a necesidad de incrementar a publicidad e propaganda masivas, porque hoy conócese mal esta zona fora de ahí, si se quere apostar polo turismo (muita xente en Asturias me pregunta por dónde está a Pontenova, pero sí conoce lugares próximos pola razón apuntada antes).
Pontenova.es: ¿Sigues de forma habitual a actualidade da nosa vila por internet ou falando con compañeiros que vivían aquí?
Primitivo: Por suposto que sí.Estou ó día de todo o que sucede a través de internet. E se me encontró con alguén da Ponte autoinformámonos inmeditamente.
Pontenova.es: ¿Conocías esta web dedicada en exclusiva ó noso concello?, ¿qué che parece?.
Primitivo: Conozco a web dedicada a este concello, sí, e paréceme una iniciativa muy interesante e está ben feita. Anímovos a que sigáis perseverando nesta actividade porque e o medio fundamental de información local para os que estamos fora.
Pontenova.es:¿Pódesnos contar alguna anécdota curiosa ou cómica da túa infancia?.
Primitivo: Podría contar algunas, as máis interesantes pero… pasa que…implicaría a personas e non sei eu como sentaría a cousa. Bueno, digamos que algo especiales, porque cando eras muy amigo dalguén, por exemplo, xurábamos a amistad facendo un corte nun dedo, cada un, cunha navalla, e xuntábamolos despois para que se mezclara a sangre. Feito esto xa éramos como irmáns. E si nos mancábamos, para que parara de sangrar a herida, o remedio era buscar area dunha obra e botala nela para que parara de sangrar. E paraba, si.¡E nunca collemos unha infección, nin tétanos!. O que non está nada claro e cómo sobrevivimos, porque claro, había mais cousas.
Hay un momento na miña infancia que recordo vivamente porque pasei unha noite sin dormir e unha maña enteira esperando as 2 da tarde, que era a hora a que un iluminado visionario había dito no peródico “El Progreso”que se acabaría o mundo. E non comentei a noticia cos meus país para que non lles pasara o mismo ca min, e viviran ca angustia da morte próxima, que así o pensei. Desde as 12 estuven esperando, minuto a minuto encerrado nunha habitación, non se sabe qué, porque os fines do mundo estaban sin experimentar, claro, non se sabía como se presentaban. E chegaron as dúas e casi me da un pasmo, pero como non pasaba nada, da habitación non salín por si acaso. Esperei alí e o pouco oigo voces fora, e penso, xa chegou, xa comenza. Salín despacio hacia unha ventá, sin atreverme a mirar, e xa decidido asomei un ollo e vin un grupo de xente falando en voz alta, pero non entendía o que decían. Díxenme a min mismo, xa empezou o fin. Puxen a orella na ventá, para non abrila, por si acaso, e oín al fin o que decían: Era…“Os da Pontenova van a ganar, ¿non veis que aquí temos a Pin da Pita, Ramón do médico e a Cándido e Ramón de Gervasio?…” Falaban do próximo encontro no campo de futbol de Goyos entre A Pontenova e Riotorto. Tardei en recuperarme do final do mundo, pero sí entendín unha cousa sobre o visionario-iluminado do “Progreso”: que o que non ten que facer…..inventa.
VOLVER A PONTENOVA.ES