jueves, 5 de julio de 2012

Boletín informativo do BNG A Pontenova


 O CONCELLO DA PONTENOVA SUBIRÁ OS IMPOSTOS MUNICIPAIS PARA PAGAR AS
SÚAS DÉBEDAS : 800.000 EUROS

O Concello da Pontenova vén de pedir un préstamo para facer fronte ás súas débedas, por un importe de
583.000 €. Este préstamo ten un prazo de devolución de 10 anos a un interese do 5,939 % revisable. Isto supón
que entre tódalas veciñas e veciños teremos que pagar uns 800.000 € (cantidade que aumentará se os intereses
se incrementan).
¿Qué supón para as veciñas e os veciños da Pontenova?
A curto prazo, repercutiranos nunha suba dos impostos e taxas municipais. Así o equipo de Darío Campos
aprobou unha suba do 189% no servizo de abastecemento de auga, do 62% no servizo de alcantarillado, do 15 %
na recollida de basura, do 25 % no servizo de axuda no fogar, do 10 % do IBI e entre o 50% e o 100 % no uso de
instalacións deportivas.
A medio e longo prazo, condicionará a capacidade de inversión do Concello, facendo que moitos servizos se
vexan reducidos e, nalgúns casos, eliminados. Será case imposible manter o servizo de axuda no fogar a persoas
maiores e poñer en funcionamento o punto de atención á infancia.
¿Cales son as alternativas a este plan de axuste?
Desde o BNG da Pontenova, entendemos que estamos a vivir un momento difícil en canto á situación
económica, e que gran parte destas débedas se arrastran de cando na Pontenova gobernada o PP, máis
sabemos que existen alternativas máis xustas para a maioría da poboación: reducir as retribucións do alcalde e
concelleiro de obras, que supoñen un gasto superior aos 100.000 € ao ano, elaborar un plan de aforro enerxético
(alumeado público, gastos en edificios públicos, co que ser podería aforrar ata un 35 % do seu custe), mellorar o
sistema de impostos municipais (que os bancos paguen polo espazo que ocupan os caixeiros na rúa,…)… e todo
isto cunha mellora na xestión do diñeiro público.

OS CONCELLEIROS DO PSOE COBRARON UN TOTAL DE 16.200 € EN DIETAS
DURANTE O 2011

Esa é a cantidade cobrada polo Alcalde, polo Concelleiro de Obras (a parte dos seus soldos) e pola
Concelleira de Benestar durante o ano 2011 en concepto de dietas e desprazamentos. Desde o BNG pensamos
que estes gastos non son asumibles, máis na situación actual de crise, na que se nos está a aplicar ás veciñas e
veciños da Pontenova unhas subas brutais dos impostos municipais, ata duplicalos nalgún caso.
Este feito agrávase pola forma de xustificación desas dietas. Actualmente, non existe ningunha obriga para
as Concelleiras e Concelleiros do goberno de Darío Campos para que presenten facturas ou tickets que
xustifiquen eses gastos, de xeito que é suficiente que digan que acudiron a unha reunión, a xantar ou tiveron que
aloxarse nun hotel para cobrar as cantidades máximas aprobadas por eles mesmos: 219.60 € por día.
Tódalas traballadoras e traballadores temos a obriga nos nosos traballos de presentar esas facturas ou
tickets para poder cobrar os importes das dietas, recuperando o importe xusto pagado. Deste xeito, entendemos
que se debe exixir as mesmas condicións aos que nós gobernan e xestionan o diñeiro de todas e de todos. Se os
pagos destes gastos foran reais, é dicir, se se corresponderan cos gastos feitos, desde o BNG da Pontenova
calculamos
que se podería aforrar entre 6.000 e 8.000 € ao ano, que se poderían adicar a outros servizos
prioritarios, como o servizo de axuda no fogar ou a posta en marcha do punto de atención á infancia.
Deste xeito, desde o BNG da Pontenova, presentaremos unha proposta por escrito para que a xustificación
deses gastos se fagan a través de facturas e tickets, que constaten o gasto real, e que o reembolso do gasto sexa
pola cantidade realmente pagada.

O BNG DA PONTENOVA CRITICA QUE A XUNTA DO PP DEIXA DE FINANCIAR O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR QUE ATENDE ARREDOR DE 70 PERSOAS DO CONCELLO
Ao eliminarse as axudas da Xunta, o goberno municipal sufragará o servizo cunha suba das taxas do 25 %.
Os efectos dos recortes da Xunta de Galiza a raíz do decreto 99/2012, que elimina as axudas autonómicas nos
concellos de menos de 20.000 habitantes para os servizos de Axuda no Fogar e demais servizos de titularidade
municipal (como Escolas Infantís, etc), repercuten nun encarecemento dos servizos, xa que son os concellos quen
teñen que facer fronte a todo o custe da prestación do servizo, e en moitos casos ponse en perigo a propia
prestación do mesmo, xa que algúns concellos van ter que renunciar a dar esta atención como até o de agora posto
que carecen de axuda autonómica.
No Concello da Pontenova hai arredor de 70 persoas usuarias directas que se benefician do servizo de axuda
do fogar básico o que ten un custe calculado polo Concello de 40.000 euros ao ano, polo que a Xunta de Galiza ao
non outorgar ningunha axuda ao Concello deixa abandonados a un numero importante de persoas e condenándoas
a pagar un prezo moito máis alto pola mesma atención que viñan recibindo, poñendo en risco tamén o emprego das
persoas que traballan neste servizo. As axudas da Xunta do PP aos servizos sociais comunitarios xa foron
recortadas os anos 2010 e 2011, especialmente no que se refire ao Servizo de Axuda no Fogar, ata quedar a 0 €
para este ano 2012.
Desde o BNG presentamos unha moción para rexeitar este brutal recorte da Xunta, e na que se solicitaba ao
Goberno Municipal o mantemento deste servizo, reducindo noutras partidas menos prioritarias e derivando ese
aforro cara este servizo do que dependen moitas veciñas e veciños da Pontenova.

O PP CREA UN NOVO IMPOSTO A PAGAR POLO CONSUMO DA AUGA
A partir do 1 de Xullo, tódalas veciñas e vecinos da Pontenova pagaremos pola auga.
A lei de augas aprobada polo PP no Parlamento de Galiza aplicarase a partir do 1 de Xullo. A partires desa data,
as veciñas e os vecinos da Pontenova pagaremos un novo imposto polo uso e o consumo da auga. Sexamos
usuarios do servizo municipal ou teñamos traídas ou pozos particulares, sexamos comerciantes ou labregos,
teremos que asumir o custe dun novo imposto, o canon da auga, que en ningún caso busca a mellora do servizo de
abastecemento de augas nin o seu mantemento, xa que está creado única e exclusivamente con afán recaudatorio.
Despois de case un ano e medio da aprobación da Lei de Augas, o DOGA do venres 22 de xuño recolle o
regulamento que vén de confirmar o que o BNG leva advertindo durante todo este tempo. O Goberno de Feijóo, que
esperou a que pasaran eleccións estatais para por en marcha esta Lei, quere afogarnos, semella que a súa
solución aos malos tempos é máis impostos. Iso si, máis impostos aos traballadores e traballadoras, quen sabe se para rescatar a outro banco.
BOLETÍN INFORMATIVO DO
BNG DA PONTENOVA
Como contactar co BNG da Pontenova:                   Como contactar co BNG Nacional:
apontenova@bng-galiza.org Sede Nacional.             Avenida Rodríguez de Viguri. 16 baixo.
www.bng-galiza.org/apontenova                               15703 Santiago de Compostela. 981 555 850
http://www.facebook.com/bngapontenova                 www.bng-galiza.org
                                                                                 nacional@bng-galiza.org
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.