martes, 19 de junio de 2012

Torneo futbol / PB San Miguel


A P. B. San Miguel organiza o seu II Toreno de Fútbol 7.
Terá lugar a fin de semana do 14 e 15 de xullo no campo de fútbol de As Valgas, en San Miguel de Reinante (Lugo).
O torneo disputarase nunha primeira fase de liguilla por grupos, para posteriormente pasar á fase de elinatorias directas.
O prezo da inscripción será de 100 € por equipo, estando o prazo aberto para apuntarse ata o día 8 de xullo.
Os premios consistirán en metálico e un trofeo para os catro primeiros. Destinarase a premio metálico o 50% do recadado na inscripción. Deste importe, o 1º clasificado levará o 50%, 25%, 15% e 10% sucesivamente ata o cuarto.
Para apuntarse ou recibir máis información, poden contactar nos seguintes teléfonos: 625 821 044 – 649 173 279.
Comentar de cara ós afecciondos en xeral ó fútbol, que a entrada será gratuita durante os dous días, así que se poderá participar como público e disfrutar dun bo ambiente futbolístico.

PB San Miguel
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.