jueves, 24 de mayo de 2012

"Os montes da Pontenova encheranse de camiñantes o domingo"

Carlos Bermúdez, coorganizador da concentración de sendeirismo que acollerá A Pontenova o día 27
A Pontenova acollerá o vindeiro domingo, día 27, a quinta concentración de asociacións de sendeirismo e tempo libre de Asturias e Galicia. Cantos colectivos agardan recibir?
Pois máis dunha vintena e ó redor dunhas 500 persoas, pero está aberto a todo o mundo. O prazo de inscripción remata o xoves 24. Moitos dos que participan quédanse a durmir nos hoteis locais, polo que este evento dinamiza a vila.
Como será a xornada?
Os sendeiristas xuntarémonos ás 9.00 na Praza dos Fornos para saírmos en autobús ata o punto de inicio, que será no monte de A Panda. O remate está previsto para ás 14.00 horas, cun refrixerio, e ás 16.30 horas vanse sortear prendas de ‘trekking’ entre todos.

El Progreso
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.