domingo, 15 de abril de 2012

Nota de prensa relativa as licencias de obras.

 
Son Andrés Lombardero Fernández e decidínme a escribir esta carta en resposta a unhas declaracións do Teniente Alcalde de A Pontenova aparecidas en prensa, por consideralas ofensivas, incorrectas e fora de lugar, con respecto a meu pai e á empresa da que son socio.

            Esta carta é o resultado dunha longa reflexión (sospeito que ó contrario das declaracións do Teniente Alcalde) e da necesidade de aclarar e rebatir certas afirmacións para non caer no suposto de “quen cala, otorga”.

            En primeiro lugar quero tocar o tema do ataque persoal cara a meu pai, Francisco Lombardero, que como profesional (xa retirado) é un 10 e, como persoa, outro tanto.

            En canto ó tema profesional, no que se atacaba á nosa empresa, asumimos que faremos cousas que estén mellor e outras que estén un pouco peor dependendo de quen as mire, aínda que podo asegurar que NUNCA facemos nada mal adrede. Quero aproveitar para pedir desculpas ós veciños se algunha das nosas obras lles causóu incomodidades (aínda que non temos noticias de ningunha queixa).
            Os nosos traballadores son, tras moitos anos con nós, sobretodos amigos e considero un insulto que se insinúe que, dende a empresa, non se vela pola súa seguridade. Quero tamén confirmar que todos os traballadores da empresa estamos cubertos polos seguros correspondentes e que, por descontado, os impostos e as  nóminas están abonados na súa totalidade (coma sempre e como debe ser).

            Como información adicional gustaríame engadir que, como pequena empresa de A Pontenova, sempre que é posible facemos gasto neste pobo do que vivimos (comprando materiais, contratando profesionais doutros campos e, incluso, celebrando as cenas de empresa nos restaurantes locais) e que estamos ó día en todos os pagos.

            A noticia á que fago referencia ó comezo desta carta sorprendéume moitísimo e reforzóu a miña sensación de que non se pode creer todo o que se publica nos medios, por tratarse nalgúns casos de información subxectiva (e neste caso sospeito que condicionada máis pola diferencia de ideologías políticas que polo coñecemento dos feitos ou a razón) e é por isto que moitos preferimos poñer en dúbida a información publicada tempo atrás sobre as débedas do Concello de A Pontenova ascendendo a uns 600.000 euros. Non é posible que o noso Concello recaude dos veciños e se sirva dos servicios que ofrecen as súas empresas e os seus negocios e despois non lles pague, ¿non sí?

            Vou rematar xa esta longa carta tendéndolle a man ó noso Teniente Alcalde de que as desculpas que estou certo chegarán da súa parte serán aceptadas de bon grado (como xa o foron as do Sr. Alcalde), xa que estou certo de que terá argumentos políticos dabondo para rebatirlle ó meu pai sen ter a necesidade de recurrir a descalificacións persoais e profesionais que, por enriba, non se basan na realidade.

            Por Yanes-Lombardero, S.L.

           

            Andrés Lombardero Fernández.



 Noticias relacionadas:





Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.