martes, 3 de abril de 2012

Cartas do lector: Fragas do Eume

Texto recibido dun lector anónimo:

Hola:

Non sei se estaredes o tanto do incendio que afectou o parque natural das fragas do Eume. Comezou este sábado pasado entorno ás 15:15 da tarde e non o deron por controlado hasta o día de hoxe. Arderon sobre as 800 ha, máis ou menos;polo que teño entendido e máis o que escoito no traballo non afectou demasiado o ecosistema de monte atlántico, aínda así fálase dunhas 350 ha, o resto son eucaliptales, piñeirales e moita masa de toxo e uz. 

Gustaríame que tivérades en conta que o lume fai un daño inmediato e debastador, pero é realmente a mala xestión a que fai que haxa ese lume e se reproduzca dese modo. Os nosos gobernantes, de todolos colores, e elexidos por todos nós, son responsables de que estes espacios non se xestionen de xeito adecuado, e somos os cidadáns os que temos que sacar valentía e esixirlles que fagan ben aquel traballo polo que cobran. Non debemos permitir que nos amedrenten e non nos deixen decidir libremente se son merecedores dese posto público que ocupan.
A min personalmente dame moita pena pois nada me gustaría máis que ver estes montes xestionados e dándolles ós seus habitantes unha boa posibilidade de vivir dignamente en absoluta armonía.

Todo esto pode pasar moi cerca de nós, temos ahí a fraga de Reigadas, pequena pero moi xeitosiña, que calquera día destes pode quedar igualiño que a do Eume.

Ala non vos dou máis a vara. Coidade do que é noso e se e preciso defendelo, pois con uñas e dentes.

P.D: E tédeme sentido crítico, non todo o que vemos ou oimos ten por que ser certo.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.