domingo, 29 de abril de 2012

I. Entrevistas con morriña - Manolo do Pildaro.


Desde hoxe comenzamos cunha nova sección na web que consistirá en que cada pouco tempo iremos realizando entrevistas personais a xente nacida na Pontenova pero que por diversos motivos leva casi toda a vida residindo fóra do Concello e así desta forma ir conocendo a todas esas personas que a pesar da distancia siguen sendo nosos veciños.

Decirvos que usaremos o galego coloquial que habitualmente se usa na nosa vila para así entendernos mellor entre todos polo que esperamos sepades disculpar as faltas ortográficas.

Para inaugurar esta sección eleximos a Manolo do Píldaro, residente en Navia (Asturias), a quen lle queremos agradecer a súa colaboración e disposición.

Manuel García Rodil (A Pontenova,1943), é fillo de Manuel García Yáñez “Manuel do Píldaro”, e Jesusa Rodil Barcia, naturales de Folgueirúa, Parroquia de Órrea, do Concello de Riotorto, ambos xa fallecidos (D.E.P.). Está casado e ten 3 fillos.

Pontenova.es: ¿Dónde naciche exactamente Manolo?

Manolo: Eu nacín en A Pontenova, nunha casa que meus pais levaban a renta, propiedade dunha muller que se chamaba a Sra. Encarnación de Urra. A casa é a que hoxe está frente á Casa do Concello, ahora propiedade de Eustasio, o “Xastrín da Hermida”. Penso que foi no ano 1960 cando nos trasladamos a vivir a casa que mandaran construir meus pais no ano 1942, baixo a dirección técnica de Florentino Gavino “Flores”, e mais Antonio Marín “Marín de Liñeiras”. Ésta e a actual “Casa do Píldaro”.


Pontenova.es: ¿Por dónde anduveches ó marchar de A Pontenova?

Manolo: Despóis de pasar pola escuela do
Pico, donde era maestro D. Marcelino Fernánez Ferrería “O Panturreiro”, e de cursar ingreso, primeiro e segundo de bachiller na escuela de D. Enrique Muruáis, en Villameá, marchéi para o Colegio Maristas, de Lugo (terceiro, cuarto e reválida), e logo para o Colegio Maristas de A Coruña, donde curséi quinto e sexto de bachiller, mais a reválida de sexto e o Preuniversitario. En Octubre de 1961 marchéi para Escuela Técnica de Peritos Industriales, de Gijón, donde rematéi a carreira de Perito Industrial Eléctrico, aprobando o Proxecto de Fin de Carreira, en Julio do ano 1968.Pódese decir que dende Octubre do ano 1956, cando marchéi para os Maristas de Lugo, ata Junio do 1967, cando terminéi a carreira en Gijón (o proxecto fíxeno dende A Pontenova), durante eses 12 anos unicamente estuven en A Pontenova nas temporadas vacacionais de O Nadal, Semana Santa e Verán.

Pontenova.es: ¿ A qué te dedicaches?

Manolo: Durante o ano 1968, estuven a traballar en Gijón, na empresa Oregón. No 1969 e 1970, na empresa Talleres Jaime Pérez, de Cangas de Narcea, e xa, en setembro de 1971 entréi a traballar en Electra del Esva, S.A., que logo foi absorbida por Electra de Viesgo, S.A., mais tarde pasou a Endesa, logo a italiana Enel-Viesgo, e hoy pertenece a alemana Eón-España. En estas empresas fun Xefe de Distribución e Transporte da Energía Eléctrica, primeiro en 12, e logo en 22 concellos do Occidente Astur, ademáis de ser o responsable das líneas a 132.000 voltios que dende as centrales hidroeléctricas do Río Navia (Arbón, Doiras e Salime) levan a enerxía eléctrica hacia o centro de Asturias e ata as Subestacios de Mondoñedo, Vilalba, Viveiro, Meira e O Ceao, na provincia de Lugo, mais a de Tesouro, As Pontes de García Rodríguez, en A Coruña.Por un ERE que fixo a empresa no 1998, prexubileime o 30 de Decembro dese mesmo ano. Durante estos 27 anos residín, ata 1980 en Navia, e dende enton ata hoxe, vivo en El Espín (Coaña), xusto na desembocadura do Río Navia, pola veira izquierda.

Pontenova.es: ¿Cales son os recordos da túa infancia na vila?

Manolo: Si temos en conta que o primeiro aparato de radio que se instalou na miña casa, foi polo ano 1958, e a televisión igual tardou 10 anos máis. O ordenador ¡Miña naiciña! Nin habíamos oido falar del, e penso que aínda non se inventara a calculadora. Non había tocadiscos, casetes, nin nada desas zarapalladas de xuguetes virtuales, consolas, MP3, MP4,etc.
De tal xeito, os que erámos nenos nas décadas 1940-50, si queríamos entreternos, había que agudizar o inxenio, e buscar cómo e con qué. Con 9 e 10 anos, facíamos espadas de madeira, pistolas de poda de pino. Xogabamos a “espadear”, como o Guerreiro do Antifaz, a guerra, a peonza, o güá, e cando aparecía un neno que tiña unha pelota, xogabamos o fútbol. Porque nos vos equivoquedes, daquela una pelota non a tiña calqueira. 
Pero a diversión máxima, o culmen do disfrute xa estaba entonces no RIO. Xa véis, casi sempre, o referente para as cousas máis importantes está no noso RÍO EO. No verán, ir a bañarse o “Pozo de San Briz” (cando eras un neniño) ou o “Poza da Ola”(cando xa eras un rapacín), era sen dúbeda a máxima aspiración de todos. Na auga éramos verdadeiros tritóns, facíamos todo tipo de florituras. Ademáis de coller as anguilas buceando, chantándolles un tenedor, podíamos atravesar o Pozo andando polo fondo, levando collida nos brazos una pedra grande. Nunca houbo límite de altura para zambullirse no Pozo. O paredón, ou pretil que protexe a veira da carretera contro Río, era un dos trampolins habituales. Xa, máis adiante, cando fixeron aquela pasarela de hormigón que une as penas do Pozo, co campo da Fontiña, entón deixamos de tirarnos dende alí porque si resbalabas no pretil, podías caer na placa de hormigón. A veces penso que nos genes dos que nacimos en A Pontenova, había algo que nos facía casi anfibios, e posiblemente esté ahí a explicación do porqué nunca houbo que lamentar ningunha desgracia.
As diferencias cos tempos actuales son abismales. Hoxe os meus netos, cando salen da escola as 4,30 da tarde, merendan e logo van a inglés ou a outra actividade extraescolar. Nos saíamos da escola, merendábamos e logo sacábamos os cochos do cubil e íamos con eles pola Pumarega para que comeran tarrelos e outras raices e tubérculos. Mentras eles fozaban as suas anchas, nos non parabamos de correr xogando o escondite e outros. Nos, despóis de saír da escola, pasabamos todo tempo xogando fora da casa. Os meus netos entre facer os deberes e ir as academias para estudiar outras materias, non teñen tempo para nada, e de xogar fora da casa ¡Calquera sal a rúa! Límpate un coche ou unha moto nun permiso. A rúa esta prohibida para os nenos e os vellos.
Íamos á escola cunha carpetiña de cartón, na que levábamos aquel librín que se chamaba “Rayas Primeras”, una libreta, un lápiz, unha pizarra e un pizarrín. Ahora levan unhas mochilas enormes, cargada ata os topes, como se foran embarcar para as Américas, e claro, por efectos do peso, camiñan encorvados como si foran vellos con dolor de cadrís. A xuzgar por todolo que hoxe estudian e o tempo que lle dedican, debiámos de ter unha xuventude muy lista e, paradoxicamente, o informe trianual de Pisa, evaluando a 375.000 estudiantes, de 15 anos, de 57 paises, dice que nos, entre os 57, estamos do posto 31 para abaixo. Igual no está ben feito ese informe.

Pontenova.es:¿Con qué frecuencia ves polo pueblo e cando ves a qué te dedicas?

Manolo: Como xa dixen, vivo no Espín, a 60 Km de A Pontenova. Vou con bastante frecuencia, penso que nunca pasa un mes sin que vos visite. Aquí vive miña irmá Conchita e tamén o meu sobriño Santiago. A Pontenova sigue sendo o punto de reunión da Familia Píldaro en datas señaladas, O Nadal, Final e Comenzo do Ano, Xuntanza de Primos en Primaveira, Festa da Troita, Xuntanza do 15 de Agosto, Espicha de Final de Verán, Festas de Outono, e calquera outra circunstancia que se poda aproveitar para una reunión familiar e unha boa xanta. Disfruto tomando unhos viños polo pueblo, e si encontro con alguén que me axude a botar una cántiga, daquela son feliz. Aunque para encontrar hoxe en A Pontenova, a alguén que cante nos bares, hai que tomar moitos chiquitos.

Pontenova.es: ¿Qué crees que necesitaríamos para fixar población e que os pobos coma o noso mellorasen?

Manolo: Nos tempos que corren é difícil contestar a esta pregunta. Ahora o que tíñamos que procurar era non ir a menos. As agrupacions e sociedades culturales e deportivas existentes, e o Concello, teñen que organizar actividades que traigan xente. Que se vexa ambiente no pueblo. Algunos domingos sin feira, A Pontenova parece un pueblo fantasma. Haberá que pensar en algún tipo de iniciativa que, co mínimo esforzo, traiga un máximo de xente. E cando digo o mínimo esforzo, refiérome a que non fai falta construir grandes instalacions, non. Hai que buscar actividades axeitadas o que xa temos, senderismo, montaña, concentracions
didácticas sobre o funcionamento da Mina, percorrido do Río polas veiras con merenda en determinado lugar, etc.
Fai unas 3 ou 4 semanas, una asociación motera que hai en Navia, que se chama “Apretaye el corno”, organizou una concentración motera durante un fin de semana. Según me contaron os organizadores, o costo e mínimo, unicamente se necesita ter contactos coa xente motera. Pois dígovos que Navia estuvo ese fin de semana, a reventar. Reuniron mais de 400 motos e era un verdadeiro espectáculo contemplar algúns modelos, así como os distintos paseos que organizaron polo concello. Houbo tamén espectáculo de caballitos e outras piruetas de moteros. Pola tardiña e pola noite, Navia era un fervedeiro de xente polas rúas e os bares. Según me dixeron alguns hosteleros foi todo un éxito. ¿Sabéis que infraestructura necesitaron?. ¡Ninguha! Nada de nada. Unicamente unha calle cortada un pedaciño e una explanada para facer as piruetas.
Aquí temos esperiencia en actividades que non sopoñen un monto económico importante, aunque si moito traballo, e por contra, teñen un gran poder de convocatoria,  por exemplo: A Cabalgata de Reis, A Procesión de Xoves Santo, Carnavales, entre outras. O importante é buscar atractivos para que a xente veña xa por tradicción, ¿ Por qué viña antes tantísima xente os domingos de feira?. Pois aparte de pola feira, moitos viñan polos callos, outros pola carne asada de tal sitio, algunos pola carne cocida doutro sitio, e moitos por verse e tomar uns vasos de viño xuntos, o certo e que viñan. As feiras xa non as hai, pero callos, carne asada, costilletas e viño, ainda nos queda. Pois eso, haberá que buscar algún atractivo para que volvan.

Pontenova.es: ¿Sigues de forma habitual a actualidade da nosa vila?

Manolo: Dende que Javier Acebrás tuvo a feliz idea de facer a web Pontenova.es, son un visitador casi diario desta páxina.
Quero aproveitar esta entrevista, para mostrar públicamente o meu agradecemento a Javier, Chass, Teo, Bernardeta e a todos os que colaboráis na páxina, non vos podéis imaxinar a enorme alegría que nos produce ós que non residimos ahí, saber do noso Concello. Esto e o que eu sinto, e pódese decir que estou á carreiriña dun can, imaxinádevos o que sentirán aqueles que residan máis lonxe, fora de España, incluso o outro lado do Atlántico.

Pontenova.es: Os maiores que vos conocen, dicen que os da vosa xeneración erais uns trastes campanudos ¿Cóntanos alguna anécdota?.

Manolo: Cando un é xoven, e máis difícil ser santo. E, a propósito de santidad cóntovos a anécdota que pedides.
Houbo un párroco en A Pontenova que se chamaba D. Antonio Prieto Quintana. Era un señor cura que aunque a veces mostraba un talante osco e pouco colaborador, noutros aspectos era mui bon. Gustáballe un montón xogar o tute e a subasta, pero non quería facelo nos bares, por aquello de que igual alguén decía “mira pro Crego xogando as cartas como un pelandrón, estábache mellor rezando un rosario”. Bueno, eran prexuicios da xente dos pobos pequenos. O certo e que, en vacacions, cando nos andábamos por A Pontenova, chamábanos para que lle axudáramos nalgunhas labores litúrgicas, e despois íamos a sua casa e armábamos unhas timbas caralludas. Nos non andábamos moi sobrados de cartos, e xa nos gustaba tomar algunha copiña. O Sr. Cura tiña debaixo e dentro da artesa ven sei que máis de 40 ou 50 botellas moi boas, de coñac, anis, orujo e xa tiña alguna de whisky. Supoñíamos que todas eran fruto de regalos polo seu santo, por bautizos, bodas, etc. Sempre íamos 4, 5 ou 6, había que levar reservas porque as xornadas eran largas e algún, as veces, cascaba. Sentábamonos nunha saliña que tiña, e comenzábamos a xogar, a fumar e a beber “darreo”. Chimpábamos botellas como borra e fumabamos como burrueiras. Naqueles tempos de estudiante, sin unha peseta no bolsillo, cando aparecía unha oportunidade aplicábamos a máxima do pobre: “máis vale que nos faga daño que non que sobre”.
Xa, a altas horas da madrugada, oíase a voz de “Filo”, irmá do Sr. Cura, que decía: “¿E logo qué pasa?,¿Non ei de poder dormir nada esta noite?. Xa estará ben ou? Saliamos da casa do Sr. Crego ledos como cucos e coloradiños como os roxois ¡Mau!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.