jueves, 8 de marzo de 2012

CENA BAILE DE CARNAVAL EN SALDOIRA

A Asociación de Veciños " San Pedro da Ribeira" celebra o vindeiro sábado 10 DE MARZO a súa tradicional cena baile de carnaval.
Este ano o menú será especial posto que pretendemos facer unha homenaxe a un prato típico e que acostuma gustar a todo o mundo, faremos: A FESTA DOS OVOS FRITOS CON CHOURIZO E PATACAS FRITAS.
O menú está composto por este prato, postre variado, bebida, café e chupito por tan só 12 EUROS.
A continuación haberá baile co dúo NUEVA ONDA.
E como non podía faltar nas nosas festas, teremos o tradicional BAILE DA ESCOBA con premios para as parellas gañadoras!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.