sábado, 3 de marzo de 2012

Ceip A Pontenova

Dende o Colexio estamos a desenvolver un Proxecto sobre a Historia e o Noso Pasado, e unha das actividades que queremos organizar é unha expsoción fotográfica e unha recreación dunha aula antiga, polo que precisamos da vosa colaboración no sentido de que queremos reunir diverso material, mapas, libros, cadernos antigos, fotos antigas da escola, enciclopedias, etc. Esta exposición faríase durante o mes de maio e xuño e despois, por suposto, devolveríamos todo o material.
Se tedes algo e queredes colaborar con nos, de antemán, moitas gracias. Podes ver a nova no facebook do CEIP 
Tamen vos recomendamos a todos os pais, ou os que ides selo que vos pasedes pola paxina do CEIP, xa que hai novas interesantes.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.