miércoles, 1 de febrero de 2012

O EQUIPO DE GOBERNO RECHAZA A NOSA MOCION DE PROPOSTA DE OBRAS A INCLUIR NO PEIM (Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural) DA XUNTA DE GALICIA.

O Partido Popular de A Pontenova presentou ao pasado Pleno Ordinario celebrado o pasado xoves 26 unha Moción na que facía unha proposta seria e necesaria de obras de arranxo de pistas e camiños a incluír no Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural da Conselleria de Medio Rural da Xunta de Galicia.
Nesta proposta feita polo Partido Popular de A Pontenova incluíanse a pista do centro do pobo de Vilargondurfe, as rúas do casco de Vilaboa, a pista de Vilar de Guerra á Panturreira, o acceso a Eirixúa, a pista do barrio do Iglesario en Rececende, os accesos ao Campo da Festa de Vilaodrid, a pista de Covas no Acebro e a pista de Conforto ao Vilar de Conforto. O equipo de goberno municipal nin sequera se “molestou” en intentar consensuar, limitouse a denegar a Moción sen máis explicación ca que eles xa tiñan outras obras, que tampouco se dignaron a explicar cales eran.
Desde o Partido Popular consideramos que este é un exemplo máis da forma “déspota” de gobernar de Darío Campos na que non priman os intereses dos veciños de A Pontenova se non o feito de dicir que non a todas as propostas que faga a oposición, sen nin sequera valoralas nin cuestionar a súa necesidade.
Nota enviada por PP A Pontenova a pontenova.es.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.