jueves, 8 de diciembre de 2011

O PARTIDO POPULAR DE A PONTENOVA NON ENTENDE A ACTITUDE DO CONCELLO COA ASOCIACIÓN DE ARTESÁNS DE A PONTENOVA

Ante a inminente celebración da FEIRA DE ARTESANÍA de A Pontenova o Partido Popular non entende a actitude do Concello coa Asociación de Artesáns e coas declaracións inexactas feitas polo concelleiro Francisco Martínez en canto ao número de artesáns existentes na Pontenova. Desde o PP  consideramos esas declaracións como un menosprezo ao resto dos artesáns acreditados na Pontenova e tamén un menosprezo para todos  aqueles “artesáns” veteranos do concello que aínda que sen Carta de artesán, exerceron como tales e, ademais, entendemos que na Pontenova é necesario unir e non dividir e fomentar o enfrontamento que é o que está a facer o equipo de goberno municipal.

Na Pontenova vense organizando unha Feira de Artesanía por parte da Asociación de Artesáns desde xa vai catro anos, sendo esta Asociación a iniciadora, creadora e organizadora desta Feira na Pontenova, polo que seguimos sen entender por que nin por que ocultas razóns (que non sexa o de querer colgarse o Concello unhas medallas e saír nunha foto que moralmente non lle corresponden) este ano o equipo de goberno non chegou a un acordo de colaboración coa asociación de Artesáns e tampouco entendemos por que razón non se puxeron a disposición da mesma os mesmos medios e vontade que se están a despregar agora ca organiza o propio Concello.

Desde o PP apoiamos todas as actividades que se fagan na Pontenova pero pensamos que con estas actitudes por parte do goberno municipal o único que se consegue e dividir o pobo, provocar enfrontamentos innecesarios e “desmantelar” o tecido asociativo do Concello sobre todo con aquelas asociacións que “supoñen” non afíns a eles.


Dende o Partido Popular de A Pontenova apoiamos e recoñecemos toda a labor asociativa das moitas asociacións e sociedades sen ánimo de lucro que colaboran na vida social do noso concello e de todas as directivas que poñen o seu tempo libre a disposición de todos os veciños e veciñas, e consideramos que a actitude que está a ter o noso concello e en particular o seu tenente de alcalde Francisco Martínez non é de recibo coa importante labor que a asociación de artesáns veu a desenvolver no noso concello.

Nosoutros como membros da corporación municipal queremos reiterar o noso apoio a todas aquelas institucións sen ánimo de lucro que traballan polo noso concello e a todas as actividades que organizan, e preguntámonos si o Concello de A Pontenova estaría en situación de organizar todos eses eventos que realizan todas as nosas asociacións, ou si só mostra, “por casualidade”, interese por este determinado evento.
VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.