lunes, 12 de septiembre de 2011

SPORTING PONTENOVA 2011/2012

Mal comezo de liga do equipo dirixido por Dani Moirón que perdeu na xornada inagural desta liga 2011/2012 fronte o S.D. Guitiriz por un contundente 0-3. Nunha tarde agradable para a práctica do fútbol, cun Campo da Mina en bo estado, e que rexistrou unha boa entrada de aficionados para ver o debut do seu equipo nesta nova temporada.

O equipo da Mina tardou en entrar no partido, e non conseguir adaptarse o ritmo imposto polo rival, que aínda que na tarde de ontes non tivo que nin siquiera emplearse a fondo para vencer o equipo gualdinegro, a ben seguro que estará nos postos altos da clasificación.

O equipo local, ademáis sufriu as lesión do gardameta Juanky e do centrocampista Fran, que poden ser de gravidade.

O próximo sábado, as 17:00h, o Sporting Pontenova visita o Campo da Bidueira para enfrontarse a S.D. Cervo, coa intención de cambiar a imaxe mostrada nesta primeira xornada de liga e conseguir sumar os seus primeiros puntos.



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.